Menu

O comercio local é a alma de cada vila, de cada barrio, de cada cidade.

É o lugar de traballo de familiares, amigos e coñecidos. É o trato de ti a ti, é que te chamen polo teu nome e que acerten co que necesitas.

É tomar un café na de Manolo, ou baixar comprar o pan á de Sara. É tendencia e personalidade.

É punto de encontro, é amabilidade e é proximidade. É facilidade de pagamento, e diferenciación no produto.

É coñecerte e saber o que che gusta. É confiar no que che venden e saber que non che van a fallar. É saber que sempre vai estar aí.

Por iso necesitamos o comercio máis que nunca. E o comercio, bares e restaurantes necesítannos a nós máis ca nunca. Porque non podemos permitir que cada vila, cada barrio e cada cidade quede sen alma.

Como apoiamos o comercio local en ABANCA?

Os nosos comercios e a nosa hostalería son importantísimos para nós.

Por iso poñemos á súa disposición ferramentas para que poidan lograr a súa experiencia de venda sexa o máis sinxela posible: sistemas de cobro con tarxeta para pagos físicos, a domicilio ou por internet, a través de WhatsApp, en redes sociais ou onde ti esteas, ferramentas de analítica para os seus negocios…

Axudámoslles con facilidades para que poidan ofrecer financiamento a medida para clientes coma ti, para que poidan ser tan grandes como as grandes cadeas e, especialmente, adaptándonos ás súas necesidades cada día e estando moi preto para seguir axudándolles a crecer.

Este ano, o que compras no teu barrio queda no teu barrio.

#ApoiaOComercioLocal

Demostra o teu apoio ao comercio local utilizando o cancelo #ApoiaOComercioLocal nas túas redes sociais!