AXENTES FINANCEIROS
Queres traballar para un dos maiores bancos españois? Descobre as vantaxes de formar parte da rede de axentes ABANCA.
-
O teu tempo, o teu negocio
Autonomía co apoio dun gran grupo financeiro.
-
Tecnoloxía e produto
Un banco tradicional desenvolto sobre tecnoloxía de vangarda.
-
Especialistas en persoas
Oferta financeira e aseguradora para profesionais e grandes patrimonios.
-
Catálogo á túa medida
Cunha gama de produtos que che permitirá chegar tan lonxe como queiras.
Apoio dunha marca líder
ABANCA é un banco internacional con presenza en 11 países, con máis de 700 oficinas, e que conta cunha rede de axentes encargada de apoiar a estratexia de crecemento do banco en todo o territorio peninsular (España e Portugal).
Rede comercial conectada
Traballar para ABANCA darache acceso a todos os recursos comerciais dos que dispoñen os máis de 6200 empregados de ABANCA. Ademais, contarás co apoio das vantaxes comerciais que ofrecen as nosas canles de comunicación, cunha forte presenza dixital.
Profesionais con experiencia e dedicación
Os axentes financeiros de ABANCA destacan polo compromiso cos nosos clientes, seguindo os parámetros de calidade, transparencia e proximidade que caracterizan o noso Sentir Común. Son profesionais con dedicación personalizada, que coñecen o mercado, e contan con:
- Experiencia contrastada no sector financeiro
- Titulación MIFID e en constante actualización
- Un perfil comercial emprendedor
-
Contacta con nós agora
Xa podes ser axente dun dos mellores referentes financeiros da península Ibérica. Descubre agora as vantaxes de formar parte da rede de axentes de ABANCA. Recibe máis información cubrindo este formulario e porémonos en contacto contigo.
Enviando este email aceptas la política de datos y privacidad de ABANCA. Puedes consultar la Política de Privacidad aquí
Para saber máis...
dúbidas
-
ABANCA é un banco con vocación ibérica que aposta por unha forma diferencial de facer banca baseada no coñecemento das necesidades do cliente e nun catálogo de produtos e servizos sinxelos, innovadores e transparentes.
Somos un equipo de máis de 8.000 persoas volcadas en satisfacer as necesidades financeiras e de aseguramento de familias e empresas.
A nosa proposta diferencial combina a atención persoal, a través dunha rede de arredor de 900 oficinas distribuídas por España, Portugal e outros 9 países, coa operativa a través de canles dixitais e a distancia.
A especialización, a internacionalización e a sustentabilidade son outros sinais de identidade dunha entidade financeira situada entre as máis solventes do sector en España.
ABANCA conta cun rating na categoría A, o bloque de cualificacións máis elevado das axencias.
-
Podes inscribirte na comunidade de talento de ABANCA, empleo.abanca.comSerás redirixido a outro sitio web. Déixanos o teu currículo e coñece as ofertas de emprego que ofrecemos antes que ninguén.
-
Queremos conciliar os atributos da banca tradicional coas características dun banco de última xeración que aposta pola innovación como un dos seus valores primordiais.
En ABANCA o cliente está no centro de todas as nosas decisións, e se nos gusta dicir que somos unha banca de persoas para persoas é porque os nosos empregados son a outra parte fundamental deste Sentir Común.
O noso modelo é dunha banca de servizo e proximidade.
-
A alma deste banco e desta marca resúmese nunha emoción: Sentir Común. O Sentir Común é un compromiso cos nosos clientes: o de facer sempre o que sexa mellor para todos; o de mollarse se os demais se mollan. Sentir Común é ter o pés na terra e ir todos no mesmo barco. Sentir Común é escoitar e responder. Con transparencia e honestidade, con proximidade e sinxeleza.
Ademais, neste novo banco todos os empregados e empregadas comprometémonos con catro valores irrenunciables: responsabilidade (somos serios e cumprimos coa palabra dada); confiabilidade (dicimos sempre a verdade, porque é a única forma de xerar confianza); innovación (porque o mellor sempre está esperando uns pasos máis adiante) e calidade (porque nos propomos ser os mellores, cada día, para superar as expectativas dos nosos clientes).
-
Como podo poñer unha reclamación?
Se sufriches algunha incidencia e non a puideches resolver na túa oficina, podes dirixirte ao noso Servizo de Atención ao Cliente.
Atenderemos cualquera queixa ou reclamación que presentes no prazo máximo dun mes desde que a recibamos.
-
Como podo contactar con ABANCA?
Para contactar connosco, envíanos a túa consulta a través do seguinte formulario ou chámanos ao teléfono 900 815 522. Se chamas desde o extranxeiro faino ao +34 981 910 522.
Se o prefires, podes contactarnos a través do buzón da túa banca electrónica desde a sección de 'Axuda e Contacto' tanto se nos escribes a nivel particular como representando á túa empresa.
-
Tes todas as garantías derivadas das normativas regulatorias que cumprimos como entidade financeira española e europea, e da aplicación do noso modelo de goberno corporativo, a altura dos máis elevados estándares internacionais.
Os nosos indicadores de redabilidade, solvencia e liquidez avalan a nosa estratexia de sostenibilidade a longo prazo, focalizada no negocio minorista tradicional e a concesión de crédito.
ABANCA obtivo no 2015 un beneficio neto de 330 millóns de euros, o que supón unha rendabilidade (ROTE) do 8,7%, unha das máis elevadas do mercado bancario en España.
Somos unha das entidades máis solventes do sector financeiro español e europeo, o que nos permite superar o nivel de capital mínimo requerido de acordo coas directrices de Basilea III.
Dispoñemos dunha posición de liquidez de 10.917 millóns de euros en activos dispoñibles e capacidade de emisión, cifra coa que cumprimos amplamente os requerimentos esixibles en 2018.
Desenvolvimos un novo modelo comercial onde cobran protagonismo a solidez, a atención ao cliente e a innovación, así que estamos nas mellores condicións para atender, con responsabilidade e sentido común, as túas necesidades.
-
Que podemos agardar os empresarios e emprendedores de ABANCA?
ABANCA mantén sempre un claro compromiso cos empresarios, os emprendedores, a industria e o comercio.
O tecido empresarial é o principal destinatario da nosa concesión de financiamento. Somos o seu socio financeiro no día a día, e tamén nos seus proxectos de investimento para o crecemento dos seus negocios ou a entrada en novos mercados.
Poñemos á súa disposición o coñecemento especializado de áreas como ABANCA Empresas, ABANCA Energy, Next Generation ABANCA, ABANCA Negocios, ABANCA Seguros, ABANCA Agro e ABANCA Mar, para que, sexa cal sexa a súa actividade e necesidades específicas, conten sempre coa mellor solución financeira.