Doa facilmente
desde a túa app
Só terás que escanear o código QR e completar o importe desexado.
A túa achega transferirase á conta solidaria habilitada e destinarase integramente á recuperación das zonas afectadas polos incendios.

Todo o noso apoio
Co obxectivo de apoiar ás persoas e aos sectores damnificados polo lume, ABANCA doou un millón de euros como axuda inmediata.
Ademais, activamos unha liña de financiamento de 150 millóns para a recuperación ambiental, social e económica das zonas afectadas.
Tanto as familias como as empresas afectadas terán acceso a anticipos de indemnizacións de seguros e outras axudas públicas.
