INDICADOR DE RISCO DO DEPÓSITO
1/6
Este número é indicativo do risco do produto, sendo 1/6 indicativo de menor risco e 6/6 de maior risco
FONDO DE GARANTÍA
ABANCA está adherida ao Fondo de Garantía de Depósitos de entidades de crédito. O Fondo garante ata un máximo de 100.000 euros por depositante e entidade de crédito.
ALERTA DE LIQUIDEZ DEPÓSITO
O reembolso, rescate ou a devolución anticipada dunha parte ou da totalidade do principal investido están suxeitos a comisións ou penalizacións.

O teu aforro, no teu banco de sempre e con beneficios asegurados.

Trae o teu diñeiro a ABANCA e goza da tranquilidade de ver como os teus aforros medran de forma segura e sinxela

Beneficios sen sorpresas

Saberás exactamente canto vas gañar cos teus aforros desde o primeiro día.

Seguridade ABANCA

O teu diñeiro 100% seguro, para que só teñas que pensar nos teus plans de futuro

Todo no mesmo lugar

A comodidade de ter todos os teus aforros nun mesmo lugar, para que xestiones o teu diñeiro de forma doada.

¿Tes preguntas? Nós respostas

dúbidas

Se necesitas o diñeiro antes do vencemento, aplicarase a penalización de xuros pactada no contrato sobre o saldo que retires polo prazo non cumprido. 

Pero non te preocupes, a penalización nunca será maior que os beneficios que acumulases ata ese momento. É dicir, como máximo, deixarías de gañar xuros, pero sempre recuperarás o diñeiro que investiches orixinalmente.

Un depósito é un produto bancario onde lle deixas unha cantidade de diñeiro ao banco para que cho garde durante un período de tempo determinado, e obtés en troco un beneficio. Hai varios tipos de depósitos en función das condicións baixo as que se pacta.

Nos depósitos a prazo fixo gardas unha cantidade no banco coa condición de que non a podes retirar ata un prazo determinado, nin toda nin en parte. A cambio recibes uns xuros que tamén son fixos: sabes exactamente canto vas gañar co depósito e cando vas ingresar o que gañes. Se retiras todo ou parte do depósito antes da data, exposte a unha penalización que varía en función das condicións do depósito.

Un depósito estruturado é un produto onde combinas a rendibilidade dun depósito coa dun investimento. Unha parte dos cartos que ingresas funciona como un depósito a prazo fixo, cunha rendibilidade tamén fixa, mentres que outra parte che produce beneficio en función da evolución dun activo financeiro (un índice bolsista, unha cesta de accións, as accións dunha compañía en concreto etc.). Esta parte variable é a que condiciona a rendibilidade do depósito: será máis rendible cando se cumpren as condicións previstas para o activo de referencia, ou menos rendible se non se cumpren. Podería ser que a rendibilidade fose unicamente a que producise o treito a prazo fixo, ou incluso que che xerase perdas. Polo tanto, non poderás coñecer a rendibilidade dos depósitos estruturados ata que venzan.

Un depósito garantido é un produto que normalmente está dispoñible para cantidades elevadas de diñeiro. Nel garántese o 100% do capital e unha determinada rendibilidade. Habitualmente son investimentos a longo prazo.

Se necesitas o diñeiro antes do vencemento, aplicarase a penalización de xuros pactada no contrato sobre o saldo que retires polo prazo non cumprido. 

Pero non te preocupes, a penalización nunca será maior que os beneficios que acumulases ata ese momento. É dicir, como máximo, deixarías de gañar xuros, pero sempre recuperarás o diñeiro que investiches orixinalmente.

Son produtos de aforro todas as contas e depósitos, tanto á vista como a prazo, fondos de investimento, plans de pensións, contas de aforro, accións, valores… En ABANCA é moi fácil non pagar polos principais servizos bancarios. Se queres coñecer os requisitos que necesitas cumprir, consulta a nosa web.

A periodicidade de abono de xuros dependerá do tipo de depósito: hai depósitos en que os xuros se pagan de forma mensual, outros trimestral, semestral, anual, ou mesmo nalgúns se poden pagar de xeito anticipado.

O pagamento realizarase o mesmo día da liquidación, e farase mediante un ingreso directo na conta asociada que vai especificada no contrato.

Todas as ganancias obtidas polos depósitos bancarios tributan como rendementos de capital mobiliario. Os seus beneficios están suxeitos a unha retención do 21% segundo a normativa legal vixente, agás en Navarra, onde a retención é do 19%.