
1,01% TAE

Pagamento anticipado

Desde 3000€
Así poden crecer os teus aforros
Se buscas rendibilizar os teus aforros, o Depósito Ya de ABANCA é para ti. Mostrámoscho cun exemplo.
Exemplo para 30.000€ | |
---|---|
Importe | 30.000€ |
Prazo | 12 meses |
Xuros brutos | 300€ |
TAE | 1,01% TAE (1,00% TIN) |
(1) Oferta válida ata o 30.06.25. Depósito a 12 meses con pago anticipado de xuros aos 2 días de realizar o depósito, cun importe mínimo de 3000€. TXN: 1,00% TAE: 1,01%. Exemplo representativo para un depósito de 30.000€ a 12 meses contratándoo o 1 de xaneiro do 2025 e manténdoo ata o 1 de xaneiro do 2026: TXN: 1,00% TAE: 1,01%. Xuros brutos liquidados por anticipado (aos 2 días de realizar o depósito na conta): 300€. No caso de reintegro anticipado antes de vencemento aplicarase unha penalización equivalente ao tipo de xuro do depósito sobre o saldo reintegrado, polo prazo non cumprido. Oferta válida para fóra de Galicia.
¿Tes preguntas? Nós respostas
Se necesitas o diñeiro e non podes manter o saldo ata o vencemento da
conta a prazo, aplicarase a penalización de xuros pactada no contrato, sobre o saldo que reintegres, polo prazo non cumprido.
Pero non te preocupes, o importe da penalización non poderá ser superior aos
xuros brutos devindicados desde o inicio da imposición, desa cantidade que
necesitas reintegrar.
Un depósito é un produto bancario onde lle deixas unha cantidade de diñeiro ao banco para que cho garde durante un período de tempo determinado, e obtés en troco un beneficio. Hai varios tipos de depósitos en función das condicións baixo as que se pacta.
Nos depósitos a prazo fixo gardas unha cantidade no banco coa condición de que non a podes retirar ata un prazo determinado, nin toda nin en parte. A cambio recibes uns xuros que tamén son fixos: sabes exactamente canto vas gañar co depósito e cando vas ingresar o que gañes. Se retiras todo ou parte do depósito antes da data, exposte a unha penalización que varía en función das condicións do depósito.
Un depósito estruturado é un produto onde combinas a rendibilidade dun depósito coa dun investimento. Unha parte dos cartos que ingresas funciona como un depósito a prazo fixo, cunha rendibilidade tamén fixa, mentres que outra parte che produce beneficio en función da evolución dun activo financeiro (un índice bolsista, unha cesta de accións, as accións dunha compañía en concreto etc.). Esta parte variable é a que condiciona a rendibilidade do depósito: será máis rendible cando se cumpren as condicións previstas para o activo de referencia, ou menos rendible se non se cumpren. Podería ser que a rendibilidade fose unicamente a que producise o treito a prazo fixo, ou incluso que che xerase perdas. Polo tanto, non poderás coñecer a rendibilidade dos depósitos estruturados ata que venzan.
Un depósito garantido é un produto que normalmente está dispoñible para cantidades elevadas de diñeiro. Nel garántese o 100% do capital e unha determinada rendibilidade. Habitualmente son investimentos a longo prazo.
Son produtos de aforro todas as contas e depósitos, tanto á vista como a prazo, fondos de investimento, plans de pensións, contas de aforro, accións, valores… En ABANCA é moi fácil non pagar polos principais servizos bancarios. Se queres coñecer os requisitos que necesitas cumprir, consulta a nosa web.
A periodicidade de abono de xuros dependerá do tipo de depósito: hai depósitos en que os xuros se pagan de forma mensual, outros trimestral, semestral, anual, ou mesmo nalgúns se poden pagar de xeito anticipado.
O pagamento realizarase o mesmo día da liquidación, e farase mediante un ingreso directo na conta asociada que vai especificada no contrato.
Todas as ganancias obtidas polos depósitos bancarios tributan como rendementos de capital mobiliario. Os seus beneficios están suxeitos a unha retención do 21% segundo a normativa legal vixente, agás en Navarra, onde a retención é do 19%.
DOCUMENTACIÓN