Moratoria para afectados por mor da DINA

Coñece as medidas aprobadas no Real Decreto Lei 6/2024 do 5 de novembro.

Contacta con nosotros para solicitar la moratoria

En que consiste a moratoria?

É unha medida aprobada polo Goberno para mitigar os efectos sociais e económicos causados pola Depresión Illada en Niveis Altos (DINA).

Consiste na suspensión das obrigas de pagamento por un prazo de 3 meses. Durante este tempo, non terás que pagar ningún tipo de xuro (nin ordinario nin de mora), nin se amortizará capital. Así mesmo, suspéndese a devindicación da comisión do aval do ICO por parte dos acredores aos debedores que soliciten esta medida durante este período para os préstamos cun aval liberado polo ICO dos mencionados no Real decreto lei.

Transcorridos eses 3 meses, reactivarase a devindicación e mais o pagamento dos xuros ordinarios; e de ser o caso, de mora, mantendo a carencia de capital por un período adicional de 9 meses. Polo que a duración total da moratoria será de 12 meses.

Cando non sexa posible a ampliación do prazo por excepción normativa ou dos marcos temporais do ICO, o principal recalcularase entre as cotas vixentes.