Desexámosche unhas boas festas!
As máis de 8000 persoas que formamos ABANCA queremos darche as grazas por permitírmonos estar preto de ti e acompañarte nos teus proxectos un ano máis.
Ti es o protagonista
Aínda que non saias en pantalla, es parte de cada fotograma. Pensamos en ti cando che toca dar un paso importante: atopar un novo fogar, comezar algo novo ou simplemente avanzar.
Curiosidades
O anuncio rodouse na vila de Pedraza, Segovia. Durante dúas frías noites de decembro.
Quixemos render homenaxe a Clive Arrindel, “o calvo da lotaría”, que faleceu en 2024 e cuxa imaxe se integrou co permiso da súa familia. Participaron os actores reais de O bar de Antonio: Julián Valcárcel e Alfonso Delgado.
Como o camión de Nadal de Coca Cola non cabía polo arco de entrada á vila, creouse con intelixencia artificial.
Fofito non foi xerado por intelixencia artificial. É el, tal cal.
Se che gustou, compárteo
Estas son datas para compartir, reforzar vínculos afectivos e fomentar a gratitude. Se cres que podes facer feliz a alguén con este anuncio, dille que o vexa.