Plan de pensións

Prepárate para o teu futuro cun plan de pensións flexible. E se xa comezaches a aforrar e traes o teu plan de pensións a ABANCA podes levar ata un 4% de bonificación en efectivo.

Toma decisións intelixentes hoxe e marca a diferenza no teu futuro

Ata un 4%

Se xa tes un plan de pensións, tráeo a ABANCA e leva unha bonificación de ata o 4%.

Un plan de futuro

A túa xubilación pode parecer afastada, pero o intelixente é comezar xa a planificar o teu futuro.

Aporta e aforra

Axusta as túas achegas segundo as túas necesidades, axudámoste a calcular os efectos fiscais, aforrar na declaración da renda…

Ata un 4% por traer o teu plan(1)

Se xa comezaches a aforrar para a túa xubilación é porque buscas o mellor para os teus cartos, e por iso en ABANCA temos algo para ti.

Trae o teu plan de pensións e, se cumpres unhas condicións moi sinxelas, podemos ofrecerche ata un 4% de bonificación.

Aporta ao teu plan e aforra ao teu ritmo

Poderás realizar achegas periódicas e extraordinarias, desde a app. ¡É moi sinxelo! Se o prefires, pide cita e axudámoste a planificar o mellor para o teu futuro. Contámosche as vantaxes de achegar ao teu plan:

  • Reduces a base impoñible na túa declaración da renda.
  • Aforras para o teu futuro.
  • Ti elixes a cantidade mensual que queres achegar.

O intelixente é pensar nun plan

Existe unha forma diferente de planificar o teu futuro. E se invistes na liberdade de mañá? Se contratas un dos nosos plans terás:

  • Asesoramento personalizado.
  • A flexibilidade de realizar achegas cando queiras (ata o límite anual).
  • Recibe a prestación anticipadamente en caso de desemprego ou enfermidade grave. Poderás dispor das achegas que realizases no teu plan de pensións, sempre que teñan unha antigüidade superior a 10 anos.

O intelixente é pensar agora nun plan de futuro

Os nosos plans de pensións son a mellor opción para comezar a aforrar novo, conseguir vantaxes fiscais e ter o control do teu futuro

Cantos anos che quedan para xubilarte? E canto cobrarás?

Responde a un par de preguntas e calcula aproximadamente cando vas xubilarche e canto cobrarás

01

Canto cobras bruto ao ano?

Inclúe as túas nóminas e extras

Este campo é obrigatorio.
02

Que idade tes agora?

Arrastra o selector para indicares a idade

03

A que idade empezaches a cotizar?

04

Laboralmente es...?

Selecciona a túa base de cotización

A que grupo pertences?

05

Canto tes xa aforrado para a pensión?

Suma aquí o que xa puxeras para plans de pensións, depósitos e produtos de aforro para a xubilación.

Con estes datos xa podes facer a simulación. Pero aínda podes axustar máis o cálculo se o desexas. Precisa as cotizacións.

Os campos marcados con "*" son obrigatorios.

{{ retirement_year }}

    Pasarás a cobrar o que equivalería agora a uns {{ formatMoney retirement_monthly_wage }} €/mes

    Gañarás Perderás 0%

    ...aínda que podes minguar esta perda aforrando. Canto máis aforres, mellor.
    ...con só que aforres {{ formatMoney month_rate }} €/mes.
    Noraboa, porque a diferenza entre o teu salario final e a túa xubilación, se todo vai ben, será positiva. Pero un plan de pensións pode mellorar a túa calidade de vida e a dos teus durante a xubilación, ou darche máis seguridade fronte aos cambios do futuro.

    Este simulador ofrece datos meramente informativos en base a estimacións e proxeccións económicas que non vinculan de ningún xeito a ABANCA. Se a túa idea é aforrares mediante contribucións a plans de pensións, leva conta que existen limitacións legais ás achegas anuais a estes produtos. Infórmate na túa oficina.

    Exemplos de fiscalidade do teu plan de pensións

    Como xa sabes, os plans de pensións non só che permiten aforrar diñeiro a longo prazo para gozar del na xubilación, senón que che permiten aforrar diñeiro cada ano á hora de facer a declaración da renda. Podes chegar a aforrar ata 450 € por cada 1000 € que achegues ao teu plan. Adiantámosche un exemplo, pero ten en conta que estas cifras están calculadas para un traballador por conta allea e sen fillos, con residencia en Galicia, e que as cifras poderían variar segundo a comunidade autónoma onde vivas e o tipo de ingresos fiscais.


    Base liquidable xeralContribución anualAforro fiscal
    < 25.000€1000€299 € (29,90%)
    < 25.000€1500€431 € (28,73%)
    < 50.000€1000€369 € (36,90%)
    < 50.000€1500€554 € (36,93%)

    Simulación realizada tendo en conta exclusivamente o salario informado e o saldo do plan de pensións, e aplicándoos á escala do IRPF xeral. En función da comunidade autónoma e dos datos persoais do cliente, o impacto fiscal definitivo variará lixeiramente.

    Sobre os plans de pensións de ABANCA. Poderás consultar as alertas de liquidez, o indicador de risco, as principais características dos plans de pensións e os Documentos de Datos Fundamentais en calquera oficina de ABANCA ou nesta mesma web.

    Cecabank, S.A. Entidade Depositária de Fondos de Pensións. ABANCA Corporación Bancaria S.A Entidade Promotora e comercializadora dos plans de pensións individuais. ABANCA Vida e Pensións de Seguros e Reaseguros, S.A., Entidade Xestora de Fondos de Pensións.

    (1) Sobre a promoción do 4%. Programa válido para traspasos efectivos doutras entidades a determinados Plans de Pensións Individuais de ABANCA realizados ata o 30 de setembro de 2026. Plans de pensións incluídos na promoción: ABANCA Renda Fixa Mixta Conservador, ABANCA Renda Fixa Mixta Moderado, ABANCA Renda Variable Mixta Dinámico, ABANCA Renda Variable e ABANCA Renda Variable Dividendo PP.

    Entrega da bonificación en efectivo. A efectos fiscais, esta bonificación ten a consideración de rendemento de capital mobiliario (suxeito a IRPF) e está suxeita a retención segundo a normativa fiscal vixente. Abonarase un 4% bruto para traspasos efectivos doutras entidades de importes igual ou superior a 50.001€ e cun compromiso de permanencia de 6 anos; un 3% bruto para traspasos de importes igual ou superior a 20.001€ e cun compromiso de permanencia de 6 anos; un 2% bruto para traspasos de importes igual ou superior a 5.001€ e cun compromiso de permanencia de 6 anos; e un 1% bruto para importes inferiores cun compromiso de permanencia de 5 anos. En todos os casos o límite da bonificación é de 5.000 € brutos. Promoción non compatible con outras promocións de Plans de Pensións.