ABANCA
  • Para ti
  • Para a túa empresa
  • Área cliente
  • Faite cliente
Menu
  • Opcións accesibilidade
    • Texto

    • Filtros de cor

    • Seleccionar cores

  • Área cliente
  • Todos os produtos
  • Onde estamos
  • En que podemos axudarche
  • Banca Privada
  • Banca Persoal
  • Sala de comunicación
  • B Blog
  • Tusitiodecompras.es
  • Vive la vida
  • Escogecasa
  • Para a túa empresa
  • Español
  • En euskera

Axudámoste a aforrar para o teu futuro

Se estás pensando en empezar aforrar para o teu futuro, queremos axudarche! Temos un servizo gratuito de planificación, automatismos que aforran por ti e ata unha recompensa polo teu esforzo.

  • Cita previa servizo Júbilo
  • 981 910 534 tel:+34981910534
  • Chamámoste? #llamada-gratis
  • Cita previa servizo Júbilo https://solicitudonline.abanca.com/SolicitudCita/gl/4_pensiones_noplan/J
  • O teu plan de futuro

    Ofrecémosche un estudo personalizado sobre a túa xubilación: en que ano te xubilarás, cal será o teu salario antes e despois de que te xubiles…

  • Achega mes a mes

    Podes achegar cando queiras ou deixar que o faga ABANCA por ti cada mes, de forma automática.

  • Aforra na declaración da renda

    Coma todos os plans de pensións, permíteche pagar menos impostos na próxima declaración da renda.

  • E que máis?

    Poderás recibir a prestación anticipadamente en caso de desemprego ou enfermidade grave.

Cantos anos che quedan para xubilarte? E canto cobrarás?

Responde a un par de preguntas e calcula aproximadamente cando vas xubilarche e canto cobrarás

Canto cobras bruto ao ano?

Inclúe as túas nóminas e extras

Que idade tes agora?

Arrastra o selector para indicares a idade

A que idade empezaches a cotizar?

Laboralmente es...?

Tes que seleccionar unha opción

Selecciona a túa base de cotización

A que grupo pertences?

Canto tes xa aforrado para a pensión?

Suma aquí o que xa puxeras para plans de pensións, depósitos e produtos de aforro para a xubilación.

Con estes datos xa podes facer a simulación. Pero aínda podes axustar máis o cálculo se o desexas. Precisa as cotizacións.

Cantos anos estiveches sen cotizar durante ese período?
Cantos anos estiveches cotizando a media xornada?

Vaste xubilar en {{ retirement_year }}

Ese ano

  • Unha barra custará {{ preciseMoney ipc.bread }} €.
  • Un PC portátil {{ preciseMoney ipc.computer }} €.
  • Un coche medio {{ preciseMoney ipc.car }} €.
  • E un coche... ah, non, xa non haberá coches para daquela.
Pasarás a cobrar o que equivalería agora a uns {{ formatMoney retirement_monthly_wage }} €/mes

Gañarás Perderás 0%

...aínda que podes minguar esta perda aforrando. Canto máis aforres, mellor.
...con só que aforres {{ formatMoney month_rate }} €/mes.
Noraboa, porque a diferenza entre o teu salario final e a túa xubilación, se todo vai ben, será positiva. Pero un plan de pensións pode mellorar a túa calidade de vida e a dos teus durante a xubilación, ou darche máis seguridade fronte aos cambios do futuro.

Solicita agora o teu plan Descubre o teu plan de pensións
Explora as túas opcións de aforro na oficina

Este simulador ofrece datos meramente informativos en base a estimacións e proxeccións económicas que non vinculan de ningún xeito a ABANCA. Se a túa idea é aforrares mediante contribucións a plans de pensións, leva conta que existen limitacións legais ás achegas anuais a estes produtos. Infórmate na túa oficina.

Non empezaches a aforrar?

Se aínda non aforraches para o futuro pero queres saber cando te vas xubilar, canto vas cobrar cando te xubiles ou canto podería custar unha barra de pan en 2037, só tes que pedir unha cita na oficina que queiras e á hora que prefiras: terás un experto en planificación esperándote para revisar o teu caso, de forma gratuíta e personalizada.

Porque os plans de pensións de ABANCA ofrécenche moitas máis vantaxes das que cres:

  • Coma todos os plans de pensións, permíteche pagar menos impostos na próxima declaración da renda porque reduce a túa base impoñible, o que supón un dobre aforro a curto e a longo prazo.
  • Podes recibir a prestación anticipadamente en caso de desemprego ou enfermidade grave, para que poidas dispor do diñeiro que estiveches a aforrar ao longo de toda a vida.
  • Ademais, no caso de que o necesites, a partir de 2025 poderás dispoñer en calquera momento das achegas que realizaras no plan de pensións, sempre que teñan unha antigüidade superior a 10 anos.
banner-vive-vida

Programa Vive la Vida: moito máis do que imaxinas

Vivencias e viaxes únicas, actividades de voluntariado, axuda en asuntos legais e, por suposto, produtos financeiros pensados para ti.

  • Os maiores protagonistas

Axudámoste a aforrar!

Se aínda non empezaches a aforrar, podemos axudarche. Júbilo, o noso servizo de achegas periódicas mensuais facilítache esta tarefa. Só tes que pedir unha cita na oficina que queiras e á hora que queiras e terás un experto de ABANCA esperándote para axudarche a planificar os aforros. Ademais, queremos recompensar o teu esforzo! Contámosche como:

  • Se traes o plan de pensións doutra entidade a ABANCA e cumpres unhas condicións moi sinxelas podemos ofrecerche ata un 4% de bonificación.
  • Tamén poderías contratar un depósito cunhas condicións moi interesantes.

Interesante, verdade? Infórmate das condicións destas promocións, que no son compatibles entre si, e deixa que che axudemos a planificar o aforro con Júbilo, o noso novo servizo de asesoramento gratuíto.

Cando consegues aforrar, o que sentes é Júbilo

Júbilo é un servizo de ABANCA para persoas coma ti. Pide cita agora mesmo para o día que mellor che veña, na oficina que ti queiras: un experto en planificación estará esperandote para que poidades revisar de que forma podes empezar a aforrar pouco a pouco para a túa xubilación, as vantaxes fiscais dos teus esforzos na túa próxima declaración da renda ou as novidades dos últimos anos en materia de pensións.

E se queres calcular que poderías chegar a aforrar, bota unha ollada a estes exemplos.

Idade Aportación anual Aforro acumulado
Idade35 Aportación anual1000 € Aforro acumulado60.305,30 €
Idade35 Aportación anual1500 € Aforro acumulado90.457,95 €
Idade45 Aportación anual1000 € Aforro acumulado34.011,55 €
Idade45 Aportación anual1500 € Aforro acumulado51.017,33 €

Os datos de capital acumulado calculámolos considerando a idade de xubilación aos 67 anos, unha revalorización anual do 2% da aportación periódica e unha rendibilidade anual do 2%. Ten en conta que estes datos teñen carácter puramente informativo e os importes indicados son simples estimacións, sen que poidan considerarse como unha oferta contractual nin unha garantía de rendibilidade ou de capital á data de xubilación. Recorda que rentabilidades pasadas non implican rentabilidades futuras.

Antes de tomar calquera decisión, consulta as condicións legais e información de interese no catálogo de plans de pensións deles ABANCA.

Desgrava cada ano

Os plans de pensións non só che permiten aforrar cartos ao longo plazo para te aproveitares deles na xubilación, senón que che permiten aforrar diñeiro cada ano á hora de faceres a declaración da renda.

Os nosos especialistas dispoñen de ferramentas para simular contigo de que forma poderías beneficiarte das vantaxes fiscais dos plans de pensións na próxima declaración da renda, pero adiantámosche un exemplo. Ten en conta que estas cifras están calculadas para un traballador por conta allea e sen fillos, con residencia en Galicia, e que as cifras poderían variar segundo a comunidade autónoma onde vivas e o tipo de ingresos fiscais.

Ingresos anuais Contribución anual Aforro fiscal
Ingresos anuais> 25.000 € Contribución anual1000 € Aforro fiscal305 € (30,50%)
Ingresos anuais> 25.000 € Contribución anual1500 € Aforro fiscal438 € (29,20%)
Ingresos anuais> 50.000 € Contribución anual1000 € Aforro fiscal370 € (37%)
Ingresos anuais> 50.000 € Contribución anual1500 € Aforro fiscal555 € (37%)

Condicións da promoción

Sobre os plans de pensións de ABANCA. Poderás consultar as alertas de liquidez, o indicador de risco, as principais características dos plans de pensións e os documentos de datos fundamentais en calquera oficina ABANCA ou nesta mesma web.

Cecabank, S.A. Entidade Depositaria de Fondos de Pensións. ABANCA Corporación Bancaria S.A. Entidade promotora e comercializadora dos plans de pensións individuais. ABANCA Vida y Pensiones de Seguros y Reaseguros, S.A. Entidade Xestora de Fondos de Pensións.

Sobre a promoción do 4%. Programa válido para traspasos efectivos doutras entidades a determinados plans de pensións individuais de ABANCA realizados ata o 30 de setembro do 2022. Plans de pensións incluídos na promoción: ABANCA Renda Fixa Mixta Conservador, ABANCA Renda Fixa Mixta Moderado, ABANCA Renda Variable Mixta Decidido, ABANCA Renda Variable Mixta Dinámico e ABANCA Renda Variable.

Entrega da bonificación en efectivo. Para os efectos fiscais, esta bonificación ten a consideración de rendemento de capital mobiliario (suxeito a IRPF) e está suxeita a retención segundo a normativa fiscal vixente. Aboarase un 4% bruto para traspasos efectivos doutras entidades de importes igual ou superior a 60.000 € e cun compromiso de permanencia de 6 anos; un 3% bruto para traspasos de importes igual ou superior a 30.000 € e cun compromiso de permanencia de 6 anos; un 2% bruto para traspasos de importes igual ou superior a 10.000 € e cun compromiso de permanencia de 6 anos; e un 1% bruto para importes inferiores cun compromiso de permanencia de 5 anos. En todos os casos o límite de bonificación é de 5.000 € brutos. Promoción non compatible con outras promocións de plans de pensións.

Para saber máis...

dúbidas

  • Por que un complemento á pensión de xubilación da Seguridade Social?

    A taxa de substitución das pensións é a ratio entre a pensión que se cobra no momento da xubilación e o último salario percibido como traballador en activo. Por exemplo, para o caso dunha persoa que cobrase 2000 € de último salario e que perciba unha pensión de 1700 €, a taxa de substitución é do 85%.

    En España, segundo un informe da OCDE do ano 2015, a taxa de substitución ascende ao 82% e está entre as máis altas do grupo de países desenvolvidos. Coas últimas reformas das pensións, o avellentamento da poboación e o aumento da esperanza de vida, a OCDE estima que esa porcentaxe se irá reducindo de vagariño. Cun plan de pensións podes constituír un aforro que che axude a compensar esa diferenza.

  • Que achega mínima teño que facer ao plan de pensións?

    Ao contratares o plan de pensións individual podes indicar unha achega periódica mínima de 30 € ao mes pero tamén podes contribuír de forma trimestral, semestral ou anual. Ademais, podes realizar achegas extraordinarias cando queiras. Se nun momento dado non podes facer contribucións, é posible suspender as achegas e reanudalas cando mellor se che axeite.

  • Máis preguntas e respostas reais sobre os Plans de Pensións

DOCUMENTACIÓN

  • Consulta as condicións legais dos Plans de Pensións ABANCA

NO BLOG

  • Plan de pensións para autónomos: o mellor xeito de aforrar para a xubilación?
  • Que vantaxes me ofrece un plan de pensións?
  • Cita previa servizo Júbilo

Introduce o teu número e chamarémoste de contado.
O noso horario de atención é de luns a venres, de 8 da mañá a 10 do serán.

  • Axudámosche
  • @somosABANCA
  • SomosABANCA
  • fa fa-youtube
  • fa fa-linkedin
  • fa fa-bold
  • fa fa-instagram
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Presenza Internacional
    • Sala de comunicación
    • Banesco Internacional
    • Traballa con nós
    • Contáctanos
    • Servizo de Atención ao Cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesibles
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Información MIFID
    • Seguridade
    • Outra información legal
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Cuentas Claras: Blog de ABANCA
    • Área cliente
    • Área cliente empresas
    • Bróker online
    • ABANCA Servicios financieros
    • ABANCA USA
    • ABANCA Portugal
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Open Banking
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
prb-logo-colour
logo-pie-pri
© 2022 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.