
Se o precisas, podemos axudarte
Queremos axudarte a aforrar dunha forma máis cómoda. Dámosche os datos, a información e as ferramentas para que, aos poucos, poidas aforrar para a túa xubilación. E se tes dúbidas, temos un asesor especializado esperándote.
-
Aforra automaticamente
Elixe unha cota fixa para aportar pouco a pouco todos os meses.
-
Asesoramento para ti
Queremos axudarte a aforrar. Atoparás un experto en planificación en todas as nosas oficinas: pide cita agora!
-
Aforro fiscal
Axudámoste a calcular os efectos fiscais das túas declaracións en materia de aforro. Ao mellor levas unha sorpresa!
-
1%
Realiza unha aportación extraordinaria e leva unha bonificación de ata o 1%
Aporta pouco a pouco
Xa empezaches a aforrar para a túa xubilación? Se é así, é porque buscas o mellor para o teu diñeiro, e por iso en ABANCA poñémoscho moi fácil co noso servizo de achegas periódicas mensuais ou se o prefires, aportacións extraordinarias. Só tes que pedir unha cita nas nosas oficinas e contarémosche como.
Ademais, queremos recompensar o teu esforzo:
- Se fas unha achega extraordinaria ao teu plan de pensións podes levar un 1% de bonificación. Por exemplo, se destinas 6000 € a un Plan de pensións darémosche 60 €. E ademáis, podes beneficiarte das vantaxes fiscais de achegar neste exercicio.
- Tamén poderías contratar un depósito cunhas condicións moi interesantes.
Interesante, verdade? Infórmate das condicións destas promocións e deixa que che axudemos a planificar o aforro con Júbilo, o noso novo servizo de asesoramento gratuíto.
Exemplos de fiscalidade do teu Plan de pensións
Como xa sabes, os plans de pensións non só che permiten aforrar cartos ao longo plazo para te aproveitares deles na xubilación, senón que che permiten aforrar diñeiro cada ano á hora de faceres a declaración da renda.
Os nosos especialistas dispoñen de ferramentas para simular contigo de que forma poderías beneficiarte das vantaxes fiscais dos plans de pensións na próxima declaración da renda, pero adiantámosche un exemplo. Ten en conta que estas cifras están calculadas para un traballador por conta allea e sen fillos, con residencia en Galicia, e que as cifras poderían variar segundo a comunidade autónoma onde vivas e o tipo de ingresos fiscais.
Ingresos anuais | Contribución anual | Aforro fiscal |
---|---|---|
Ingresos anuais> 25.000 € | Contribución anual1250 € | Aforro fiscal379 € (30,32%) |
Ingresos anuais> 35.000 € | Contribución anual2500 € | Aforro fiscal800 € (32%) |
Ingresos anuais> 45.000 € | Contribución anual3500 € | Aforro fiscal1295 € (37%) |
Ingresos anuais> 65.000 € | Contribución anual4500 € | Aforro fiscal1755 € (39%) |
Condicións da promoción
Sobre os plans de pensións de ABANCA. Poderás consultar as alertas de liquidez, o indicador de risco e as principais características dos plans de pensións nos documentos de datos fundamentais dispoñibles en calquera oficina de ABANCA ou nesta mesma web.
Cecabank, S.A. Entidade Depositaria de Fondos de Pensións. ABANCA Corporación Bancaria S.A. Entidade promotora e comercializadora dos plans de pensións individuais. ABANCA Vida y Pensiones de Seguros y Reaseguros, S.A., Entidade Xestora Fondos de Pensións.
Os Fondos de Pensións nos que se integran os Plans de Pensións de ABANCA están auditados por KPMG auditores, S.L
Sobre a promoción do 4%. Programa válido para traspasos efectivos doutras entidades aos plans de pensións individuais de ABANCA realizados entre o 1 de outubro e o 31 de xaneiro de 2020. Aboarase un 4% bruto para traspasos efectivos doutras entidades de importe igual ou superior a 50.000 €, un 3% bruto para traspasos de importe igual ou superior a 20.000 € e un 2% para importes inferiores, en todos os casos cun límite de bonificación de 5000 € brutos e cun compromiso de permanencia de 6 anos. Entrega da bonificación en efectivo. Para os efectos fiscais, esta bonificación ten a consideración de rendemento de capital mobiliario (suxeito a IRPF) e está suxeita a retención segundo a normativa fiscal vixente. Promoción non compatible con outras promocións de plans de pensións.
Sobre a promoción do 1%. Aboarase un 1% bruto en efectivo para achegas extraordinarias de importe igual ou superior a 5000 € e cun compromiso de permanencia de 5 anos realizados entre o 1 de outubro e o 31 de xaneiro de 2020. Para os efectos fiscais, esta bonificación ten a consideración de rendemento de capital mobiliario (suxeito a IRPF) e está suxeita a retención segundo a normativa fiscal vixente. Promoción non compatible con outras promocións de Plans de Pensións.
Para saber máis...
dúbidas
-
Por que un complemento á pensión de xubilación da Seguridade Social?
A taxa de substitución das pensións é a ratio entre a pensión que se cobra no momento da xubilación e o último salario percibido como traballador en activo. Por exemplo, para o caso dunha persoa que cobrase 2000 € de último salario e que perciba unha pensión de 1700 €, a taxa de substitución é do 85%.
En España, segundo un informe da OCDE do ano 2015, a taxa de substitución ascende ao 82% e está entre as máis altas do grupo de países desenvolvidos. Coas últimas reformas das pensións, o avellentamento da poboación e o aumento da esperanza de vida, a OCDE estima que esa porcentaxe se irá reducindo de vagariño. Cun plan de pensións podes constituír un aforro que che axude a compensar esa diferenza.
-
Que achega mínima teño que facer ao plan de pensións?
Ao contratares o plan de pensións individual podes indicar unha achega periódica mínima de 30 € ao mes pero tamén podes contribuír de forma trimestral, semestral ou anual. Ademais, podes realizar achegas extraordinarias cando queiras. Se nun momento dado non podes facer contribucións, é posible suspender as achegas e reanudalas cando mellor se che axeite.
DOCUMENTACIÓN
NO BLOG