
Trae o teu plan de pensión e leva ata un 4%
Se xa empezaches a aforrar é porque eres unha persoa preocupada polo teu futuro e polo da túa familia. Por iso sabemos que isto che interesa: un servizo especializado gratis e ata un 4% de bonificación en efectivo se cumples unhas condicións moi sinxelas. E hay máis.
- Chamámoste? #llamada-gratis
- Cita previa servizo Júbilo https://solicitudonline.abanca.com/SolicitudCita/es/4_pensiones_comp/J
-
Ata un 4%
Leva unha bonificación de ata o 4% ou goza doutras ofertas coas que queremos recompensar o teu aforro.
-
O noso servizo Júbilo
Inviste un pouco do teu tempo no teu futuro: tes un servizo especializado e gratis para ti en todas as nosas oficinas.
-
Aforro fiscal
Axudámosche a calcular os efectos fiscais das túas decisións en materia de aforro co noso servizo personalizado.
-
Cando te xubilarás?
Responde un par de preguntas e calcula aproximadamente cando te vas xubilar, e canto cobrarás!
Ata un 4% por traer o teu plan
Xa empezaches a aforrar para a xubilación? Se é así, será porque buscas o mellor para o teu diñeiro, e por iso en ABANCA temos algo para ti.
- Se traes o plan de pensións a ABANCA e cumpres unhas condicións moi sinxelas podemos ofrecerche ata un 4% de bonificación.
- Tamén poderías contratar un depósito cunhas condicións moi interesantes.
Interesante, verdade? Infórmate das condicións da promoción e deixa que che axudemos a planificar a xubilación con Júbilo, o noso novo servizo de asesoramento gratuíto. Queres saber que che ofrece?
Júbilo, un servizo de asesoramento gratuíto na túa oficina
Xa podes pedir unha cita previa cando queiras na oficina que queiras: un experto en planificación estarate esperando para que poidades revisar as decisións que tomaches ata agora para aforrar para a xubilación, os efectos fiscais dos teus esforzos na próxima declaración da renda ou as novidades dos últimos anos en materia de pensións.
Sabías que podes recibir a prestación anticipadamente en caso de desemprego ou enfermidade grave? Ou que a partir de 2025 poderás dispoñer en calquera momento das achegas que realizaras ao teu plan de pensións, sempre que teñan unha antigüidade superior a 10 anos?
Non esperes máis e pide unha cita previa na oficina que prefiras e á hora que prefiras: terás un experto en planificación esperándote para revisar o teu caso, de forma gratuíta e personalizada.
Exemplos de fiscalidade do teu plan de pensións
Como xa sabes, os plans de pensións non só che permiten aforrar diñeiro a longo prazo para gozar del na xubilación, senón que che permiten aforrar diñeiro cada ano á hora de facer a declaración da renda.
Os nosos especialistas dispoñen de ferramentas para simular contigo de que forma poderías beneficiarte das vantaxes fiscais dos plans de pensións na próxima declaración da renda, pero adiantámosche un exemplo. Ten en conta que estas cifras están calculadas para un traballador por conta allea e sen fillos, con residencia en Galicia, e que as cifras poderían variar segundo a comunidade autónoma onde vivas e o tipo de ingresos fiscais.
Ingresos anuais | Contribución anual | Aforro fiscal |
---|---|---|
Ingresos anuais> 25.000 € | Contribución anual1250 € | Aforro fiscal379 € (30,32%) |
Ingresos anuais> 35.000 € | Contribución anual2500 € | Aforro fiscal800 € (32%) |
Ingresos anuais> 45.000 € | Contribución anual3500 € | Aforro fiscal1295 € (37%) |
Ingresos anuais> 65.000 € | Contribución anual4500 € | Aforro fiscal1755 € (39%) |
Condicións da promoción
Sobre os plans de pensións de ABANCA. Poderás consultar as alertas de liquidez, o indicador de risco, as principais características dos plans de pensións e os documentos de datos fundamentais en calquera oficina ABANCA ou nesta mesma web.
Cecabank, S.A. Entidade Depositaria de Fondos de Pensións. ABANCA Corporación Bancaria S.A. Entidade promotora e comercializadora dos plans de pensións individuais. ABANCA Vida y Pensiones de Seguros y Reaseguros, S.A. Entidade Xestora de Fondos de Pensións.
Sobre a promoción do 4%. Programa válido para traspasos efectivos doutras entidades aos plans de pensións individuais de ABANCA realizados entre o 1 de outubro de 2020 e o 30 de xaneiro de 2021.
Entrega da bonificación en efectivo. Para os efectos fiscais, esta bonificación ten a consideración de rendemento de capital mobiliario (suxeito a IRPF) e está suxeita a retención segundo a normativa fiscal vixente. Aboarase un 4% bruto para traspasos efectivos doutras entidades de importes igual ou superior a 60.000 € e cun compromiso de permanencia de 6 anos; un 3% bruto para traspasos de importes igual ou superior a 30.000 € e cun compromiso de permanencia de 6 anos; un 2% bruto para traspasos de importes igual ou superior a 10.000 € e cun compromiso de permanencia de 6 anos; e un 1% bruto para importes inferiores cun compromiso de permanencia de 5 anos. En todos os casos o límite de bonificación é de 5.000 € brutos. Promoción non compatible con outras promocións de plans de pensións.
Para saber máis...
dúbidas
-
Por que un complemento á pensión de xubilación da Seguridade Social?
A taxa de substitución das pensións é a ratio entre a pensión que se cobra no momento da xubilación e o último salario percibido como traballador en activo. Por exemplo, para o caso dunha persoa que cobrase 2000 € de último salario e que perciba unha pensión de 1700 €, a taxa de substitución é do 85%.
En España, segundo un informe da OCDE do ano 2015, a taxa de substitución ascende ao 82% e está entre as máis altas do grupo de países desenvolvidos. Coas últimas reformas das pensións, o avellentamento da poboación e o aumento da esperanza de vida, a OCDE estima que esa porcentaxe se irá reducindo de vagariño. Cun plan de pensións podes constituír un aforro que che axude a compensar esa diferenza.
-
Que achega mínima teño que facer ao plan de pensións?
Ao contratares o plan de pensións individual podes indicar unha achega periódica mínima de 30 € ao mes pero tamén podes contribuír de forma trimestral, semestral ou anual. Ademais, podes realizar achegas extraordinarias cando queiras. Se nun momento dado non podes facer contribucións, é posible suspender as achegas e reanudalas cando mellor se che axeite.
DOCUMENTACIÓN
NO BLOG