Axudámoste a axudar ao medio ambiente
Este banco fano as persoas.
Somos un banco comprometido contigo, pero tamén co planeta. Traballamos para coidar de ti, pero tamén de todos e todo o demais.
Queremos devolverlle á natureza todo o que nos deu e facémolo restaurando bosques que se viron degradados por incendios forestais ou catástrofes naturais.
-
Especies autóctonas
Apoiamos a plantación e recuperación de bosques de coníferas e frondosas, especies autóctonas das zonas a repoboar.
-
Axuda profesional
Confiamos en especialistas que seguen todos os coidados para que as árbores crezan sans.
-
Pegada de carbono
Os nosos clientes axúdannos a compensar o noso impacto no medio ambiente.
-
Reforestamos zonas degradadas por incendios o catástrofes
Promovemos a plantación de especies autoctónas de Galicia, frondosas e coníferas ecolóxicamente adaptas ás áreas donde realizaremos as plantacións. Concretamente en áreas forestales degradadas que necesitan ser restauradas porque se viron afectadas por incendios forestais ou por ter no pasado un uso distinto ao forestal.
Para iso contamos coa axuda do equipo de expertos da Fundación Arume e da Asociación Forestal de Galicia, que se encargarán de plantar as árbores na época do ano idónea e coidalas da mellor forma posible para que crezan sans e fortes.
As actuacións seguen un modelo silvícola establecido que debe contar cunha certificación baseada en boas prácticas de xestión forestal.
Respiramos tranquilos
Transformamos propósitos en feitos en favor dos nosos bosques.
Queremos conseguir que as árbores sigan sendo o fogar de máis do 80% da biodiversidade terrestre mundial, que axuden a mitigar o quecemento global e que nos axuden a absorber o CO2 da atmosfera.
Co noso apoio, en 2024 restauráronse áreas forestais que ocupan un total de 80,74 hectáreas de superficie en distintos concellos das catro provincias galegas: Dodro (A Coruña), Ourol (Lugo), en Entrimo e Lobios (Ourense), e en Salvaterra de Miño (Pontevedra). Dende o 2020, ABANCA apoia proxectos de restauración que permitiron instalar máis de 650.000 árbores.
O obxectivo desta iniciativa é compensar as emisións de CO2 que non puidemos reducir da nosa pegada operativa e ser neutra en carbono.