ABANCA
  • Para ti
  • Para a túa empresa
  • Área cliente
  • Faite cliente
Menu
  • Opcións accesibilidade
    • Texto

    • Filtros de cor

    • Seleccionar cores

  • Área cliente
  • Todos os produtos
  • Onde estamos
  • En que podemos axudarche
  • Banca Privada
  • Banca Persoal
  • Sala de comunicación
  • B Blog
  • Tusitiodecompras.es
  • Vive la vida
  • Para a túa empresa
  • Español

Préstamo Mestrado

Pon os cinco sentidos no teu mestrado ou programa de postgrao e despreocúpate do financiamento co Préstamo Mestrado ABANCA Estuda: ata 44.000 €, a un 3,95% TXN o primeiro ano e uns xuros variables de Euríbor + 3,95% TXN para o resto do prazo (3,91% TAEVariable).

  • TXN 3,95% O PRIMEIRO ANO
  • EURÍBOR +3,95% RESTO DE PERÍODOS
  • TAEVariable 3,91%

Chamámoste e falamos?

Lin e acepto o réxime sobre tratamento dos meus datos

Grazas pola túa solicitude! Porémonos en contacto contigo en canto nos sexa posible. Grazas por confiar en ABANCA.
  • Solicítao agora https://solicitudonline.abanca.com/SolicitudCita/GL/4_prestamo_master1/J
  • Para que?

    Podes solicitar ata 44.000 € para pagares os custos de matrícula do teu programa de postgrao e para axudarche cos gastos da vida diaria mentres esteas a estudar.

  • En que prazo?

    Devólveo ata en 96 meses, é dicir, oito anos.

  • En que condicións?

    O Préstamo Mestrado ABANCA Estuda é un empréstito variable ao 3,95% TXN o primeiro ano, e a partir de aí uns xuros variables de Euríbor + 3,95% TIN (3,91% TAEVariable).

  • Que necesito?

    Para estudar o teu caso só necesitamos que nos presentes o comprobante da matrícula do programa de postgrao que vaias facer. Respoderémosche moi axiña!

Se estás para emprender os teus estudos de postgrao (mestrados, doutoramento, especialización etc.), en calquera centro de estudios, tanto español como internacional, en ABANCA podemos axudarte para o financiamento do teu futuro non sexa un problema.

O Préstamo Mestrado ABANCA Estuda cóbreche o total da túa matrícula, cun máximo de 44.000 €, pero podes destinar ata 7000 € para os custos da vida mentres estás estudando, sempre que non sobardes o límite total de 44.000 €. Desa maneira, non só terás a matrícula paga, senón que tamén te beneficiarás dun colchón para os teus gastos do día a día.

O empréstito Mestrado ABANCA Estuda ten un tipo de xuro variable: o primeiro ano pagarás unicamente un 3,95% TXN, e a partir dese momento abonarás o Euríbor + 3,95% TXN (3,91% TAEVariable), co cal a túa cota variará en función que abale o Euríbor cada ano. Por tanto, revisaremos o tipo de xuro anualmente.

A única comisión que pagarás por un empréstito Mestrado ABANCA Estuda é un 1% de apertura, pero leva conta de que a formalización da operación podería ter algún outro gasto financeiro, dependendo do teu caso. Por exemplo, se necesitases un aval ou considerásemos conveniente acudir a unha notaría.

Para estudar o teu empréstito cómpre que nos presentes o comprobante da matrícula. Examinaremos a túa solicitude e, se todo vai ben, a partir da sinatura xa só terás que ocuparte de estudar.

Exemplos representativos

Mostrámosche varios exemplos do que terías que pagar se decides pedir o noso Préstamo Máster. Lembra que as TAEVariables calculáronse incluíndo unha comisión de apertura do 1% e un TXN fixo do 3,95 % para o primeiro ano do préstamo.

A partir do segundo ano, a TAEVariable calculouse baixo a hipótese de que os índices de referencia non varían e, por tanto, variará coas revisións anuais do tipo de xuro. Esta TAEVariable poderá variar desde o 3,91% ata 9,18%, a TAEVariable varía coas revisións do tipo de xuro e poderá verse afectada en función do prazo debido á existencia dun tipo fixo inicial e unha comisión de apertura. Ademais, ten en conta que revisaremos o tipo de xuro anualmente

Para estos exemplos, consideramos que o índice de referencia, euribor 12 meses, se mantén constante para toda a vida do préstamo no nivel do -0,488%, correspondente ao 1 de abril de 2021, día de disposición dos préstamos do noso exemplo.

Ten en conta que estes datos non variarían se a cantidade total concedida se destínase ao pago da matrícula ou se se destina a unha combinación de pago de matrícula e gastos de manutención. O sistema de amortización deste préstamo é o EPC (francés ou cota constante).

Exemplo 4000€4000€ 11.000€11.000€ 44.000€44.000€
Prazo 4000€4 meses (4 cotas) 11.000€ 5 anos (60 cotas) 44.000€ 8 anos (96 cotas)
TAEVariable 4000€9,18% 11.000€4,13% 44.000€3,91%
TXN primeiro ano 4000€3,95% 11.000€3,95% 44.000€3,95%
Cota durante os 12 primeiros meses 4000€1008,24€
(3 primeiros meses) (1)
11.000€202,33€ 44.000€535,31€
TXN resto prazo 4000€ - 11.000€3,46%
(Euríbor 12m + 3,95%)
44.000€3,46%
(Euríbor 12m + 3,95%)
Cotas restantes 4000€- 11.000€200,38€ 44.000€526,55€
Última cota 4000€1008,25€ 11.000€200,56€ 44.000€526,24€
Importe total adeudado 4000€4072,97€ 11.000€12.156,38€ 44.000€51.093,61€
Coste total do préstamo 4000€72,97€ (2) 11.000€1156,38€ (3) 44.000€7093,61€ (4)

(1) Para o exemplo do préstamo por importe de 4000€ a 4 meses, polas características do produto, só se terá en conta o tipo de xuro fixo. Por tanto, deberán abonarse 3 cotas mensuais de 1008,24€ cada unha e unha última cota de 1008,25€

(2) Nestes 72,97€ inclúense todos os gastos incorridos: 32,97 € en concepto de xuros e 40 € de comisión de apertura. É dicir, un 1% do importe solicitado.

(3) Nestes 1156,38€ inclúense todos os gastos incorridos: 1046,38 € en concepto de xuros e 110 € de comisión de apertura. É dicir, un 1% do importe solicitado.

(4) Nestes 7093,61€ inclúense todos os gastos incorridos: 6653,61 € en concepto de xuros e 440 € de comisión de apertura. É dicir, un 1% do importe solicitado.

Para saber máis...

dúbidas

  • Que documentación teño que proporcionar para solicitar un préstamo ABANCA Estuda?

    A documentación que necesitamos para estudar se podemos concederche un dos empréstitos do programa ABANCA Estuda é moi simple: o primeiro que nos fai falla é o xustificante da matrícula do grao ou do postgrao que vaias realizar. Darémosche resposta moi axiña!

    No caso do Adianto das Axudas do Ministerio de Educación e Cultura o que nos tes que proporcionar é o comprobante da concesión da bolsa e ademais, que lle dixeras á administración que che faga o ingreso da bolsa nunha conta ABANCA. Podes abrir unha conta directamente desde esta web, 100% online.

  • Máis preguntas e respostas reais sobre o financiamento de formación

DOCUMENTACIÓN

  • Resolución alternativa de litixios online en materia de consumo da Unión Europea

NO BLOG

  • Cotámosche 8 claves para decidir que master estudar
  • Novidades e requisitos das becas MEC 2020-2021
  • Solicítao agora
  • Axudámosche
  • @somosABANCA
  • SomosABANCA
  • fa fa-youtube
  • fa fa-linkedin
  • fa fa-bold
  • fa fa-instagram
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Presenza Internacional
    • Sala de comunicación
    • Banesco Internacional
    • Traballa con nós
    • Contáctanos
    • Servizo de Atención ao Cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesibles
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Información MIFID
    • Seguridade
    • Outra información legal
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Cuentas Claras: Blog de ABANCA
    • Área cliente
    • Área cliente empresas
    • Bróker online
    • ABANCA Servicios financieros
    • ABANCA USA
    • ABANCA Portugal
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Open Banking
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
prb-logo-colour
logo-pie-pri
© 2021 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.