ABANCA
  • Para ti
  • Para a túa empresa
  • Área cliente
  • Faite cliente
Menu
  • Opcións accesibilidade
    • Texto

    • Filtros de cor

    • Seleccionar cores

  • Área cliente
  • Todos os produtos
  • Onde estamos
  • En que podemos axudarche
  • Banca Privada
  • Banca Persoal
  • Sala de comunicación
  • B Blog
  • Tusitiodecompras.es
  • Vive la vida
  • Para a túa empresa
  • Español

Préstamo Postgrao IESIDE

O Préstamo Postgrao IESIDE ABANCA Estuda está orientado aos cursos de postgrao do Business Institute de Afundación. Podes solicitalo desde un 3,50% TXN o primeiro ano e uns xuros variables de Euríbor + 3,50 TXN (3,66% TAEVariable) o prazo restante. Interesante, verdade?

  • TXN 3,50% O PRIMEIRO ANO
  • EURÍBOR +3,50% RESTO DE PERÍODOS
  • TAEVariable 3,66%

Chamámoste e falamos?

Lin e acepto o réxime sobre tratamento dos meus datos

Grazas pola túa solicitude! Porémonos en contacto contigo en canto nos sexa posible. Grazas por confiar en ABANCA.
  • Solicítao agora https://solicitudonline.abanca.com/SolicitudCita/GL/4_prestamo_postgrado1/J
  • Para que vale?

    O Préstamo Postgrao IESIDE de ABANCA Estuda finánciache os estudos nun dos centros de ensino empresarial e profesional máis avanzados de Europa.

  • Que me cobre?

    Podes solicitar ata 24.000 € en total, cos que pagarás a matrícula e ademais terás un capital dispoñible para os gastos da túa vida universitaria.

  • En que condicións?

    O Préstamo Postgrao IESIDE é un empréstito a un tipo variable de 3,50% TXN o primeiro ano e Euríbor + 3,50% TXN (3,66% TAEVariable) nos anos restantes.

  • En que prazo?

    Devólveo até en 60 meses, é dicir, cinco anos.

Se vas cursar ou cursas xa estudos no IESIDE, en ABANCA queremos axudarte co financiamento para que non te preocupes máis ca da túa formación.

O préstamo Postgrao IESIDE concédeche ata 24.000 € para faceres fronte á matrícula e para os gastos da túa mantenza (leva conta que terás un límite de 7000 € para a partida destinada a gastos). Este empréstito ten un tipo de xuro do 3,50% TXN o primeiro ano e a partir dese momento aboarás un tipo de xuro variable de euríbor + 3,50% TXN (3,66% TAEVariable) polo tanto a túa cota variará en función do que oscile o euríbor cada ano. Ten en conta que revisaremos o tipo de xuro anualmente.

A única comisión que pagarás por este empréstito Postgrao IESIDE é un 1% de apertura. e A formalización da operación non tería ningún outro custo a maiores, aínda que podería ter algún outro gasto financeiro, dependendo do teu caso. Por exemplo, se necesitas un aval ou se consideramos conveniente acudir a unha notaría.

Exemplo representativo para o Préstamo Postgrao IESIDE

Amosámosche uns exemplos do que terías que pagar se decides solicitar o noso Préstamo Posgrado IESIDE. Lembra que que a TAEVariable do seguinte exemplo calcúlase incluindo unha comisión de apertura do 1% e un TXN do 3,50% para o primeiro ano do préstamo.

A partir do segundo ano, a TAEVariable calculouse baixo a hipótese de que os índices de referencia non varían e, por tanto, variará coas revisións anuais do tipo de xuro. Esta TAEVariable poderá variar desde o 3,66% ata 8,69%, a TAEVariable varía coas revisións do tipo de xuro e poderá verse afectada en función do prazo debido á existencia dun tipo fixo inicial e unha comisión de apertura. Ademais, ten en conta que revisaremos o tipo de xuro anualmente.

Para estos exemplos, considremos que o índice de referencía, euríbor 12 meses, se manten constante para toda a vida do préstamo no nivel do -0,478%, correspondente ao 1 de marzo do 2021, día de disposición dos préstamos do noso exemplo. O sistema de amortización deste préstamo é o EPC (francés o cuota constante).

Exemplo 3000€3000€ 11.000€11.000€ 24.000€24.000€
Prazo 3000€4 meses (4 cotas) 11.000€ 3 anos (36 cuotas) 24.000€ 5 anos (60 cotas)
TAEVariable 3000€8,69% 11.000€4,03% 24.000€3,66%
TXN primeiro ano 3000€3,50% 11.000€3,50% 24.000€3,50%
Cota durante os primeiros meses 3000€755,48€
(3 primeiros meses)
11.000€322,32€
(12 primeiros meses)
24.000€436,60€
(12 primeiros meses)
TXN resto prazo 3000€ - 11.000€3,02%
(Euríbor 12m + 3,50%)
24.000€3,02%
(Euríbor 12m + 3,50%)
Cotas a partir do mes 12 3000€- 11.000€320,75€ 24.000€432,46€
Última cota 3000€755,47€ 11.000€320,67€ 24.000€432,63€
Importe total adeudado 3000€3051,91€ 11.000€11.675,76€ 24.000€26.237,45€
Coste total do préstamo 3000€51,91€ (2) 11.000€675,76€ (3) 24.000€2237,45€ (4)

(1) Para este exemplo do préstamo por importe de 3000€ a 4 meses, debido as características do producto, só se terá en conta o tipo de xuro fixo. Por tanto, deberán aboarse 3 cotas mensuais de 755,48€ cada unha e unha última cota de 755,47€.

(2) Nestes 51,91€ inclúense todos os gastos incorridos: 21,91€ en concepto de xuros e 30€ de comisión de apertura. É dicir, un 1% do importe solicitado.

(3) Nestes 675,76€ inclúense todos os gastos incorridos: 565,76€ en concepto de xuros e 110€ de comisión de apertura. É dicir, un 1% do importe solicitado.

(4) Nestes 2237,45€ inclúense todos os gastos incorridos: 1997,45€ en concepto de xuros e 240€ de comisión de apertura. É dicir, un 1% do importe solicitado.

Que é o IESIDE?

O IESIDE Business Institute é un Instituto de Ensino Superior con campus na Coruña, Pontevedra e Vigo. Este centro de adestramento directivo foi creado en 1987, co obxectivo de contribuír á mellora da competitividade das empresas de Galicia e norte de Portugal. Na actualidade áchase baixo o abeiro de Afundación.

Mediante a formación, a investigación aplicada e os servizos baseados no coñecemento achegámoslle valor engadido aos nosos alumnos, capacitándoos como profesionais altamente cualificados para liderar as organizacións de que forman parte.

O IESIDE ten máis de 440 profesionais docentes vencellados, e desenvolve a súa actividade para máis de 55.000 estudantes. Ademais, asina máis de 300 convenios de prácticas anuais con empresas de distintos sectores. Podes consultar máis información sobre este instituto de ensino superior na web do IESIDE.

logo-ieside1

Para saber máis...

dúbidas

  • Que documentación teño que proporcionar para solicitar un préstamo ABANCA Estuda?

    A documentación que necesitamos para estudar se podemos concederche un dos empréstitos do programa ABANCA Estuda é moi simple: o primeiro que nos fai falla é o xustificante da matrícula do grao ou do postgrao que vaias realizar. Darémosche resposta moi axiña!

    No caso do Adianto das Axudas do Ministerio de Educación e Cultura o que nos tes que proporcionar é o comprobante da concesión da bolsa e ademais, que lle dixeras á administración que che faga o ingreso da bolsa nunha conta ABANCA. Podes abrir unha conta directamente desde esta web, 100% online.

  • Máis preguntas e respostas reais sobre financiamento de formación

DOCUMENTACIÓN

  • Resolución alternativa de litixios online en materia de consumo da Unión Europea

NO BLOG

  • Cotámosche 8 claves para decidir que master estudar
  • Novidades e requisitos das becas MEC 2020-2021
  • Solicítao agora
  • Axudámosche
  • @somosABANCA
  • SomosABANCA
  • fa fa-youtube
  • fa fa-linkedin
  • fa fa-bold
  • fa fa-instagram
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Presenza Internacional
    • Sala de comunicación
    • Banesco Internacional
    • Traballa con nós
    • Contáctanos
    • Servizo de Atención ao Cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesibles
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Información MIFID
    • Seguridade
    • Outra información legal
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Cuentas Claras: Blog de ABANCA
    • Área cliente
    • Área cliente empresas
    • Bróker online
    • ABANCA Servicios financieros
    • ABANCA USA
    • ABANCA Portugal
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Open Banking
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
prb-logo-colour
logo-pie-pri
© 2021 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.