Préstamo Postgrao UIE
O Préstamo Postgrao UIE ABANCA Estuda está orientado aos cursos de postgrao da Universidad Intercontinental de la Empresa (UIE). Podes solicitar ata 24.000 € a un 3,50% TXN o primeiro ano e uns xuros variables de Euríbor + 3,50 TXN (5,16% TAEVariable) o prazo restante. Interesante, verdade?
- TXN 3,50% O PRIMEIRO ANO
- EURÍBOR +3,50% RESTO DE PERÍODOS
- TAEVariable 5,16%
-
Para que vale?
O Préstamo Postgrao UIE de ABANCA Estuda finánciache os estudos nunha das universidades privadas e centro de educación executiva máis avanzadas de Europa.
-
Que me cobre?
Podes solicitar ata 24.000 € en total, cos que pagarás a matrícula e ademais terás un capital dispoñible para os gastos da túa vida universitaria.
-
En que condicións?
O Préstamo Postgrao UIE é un empréstito a un tipo variable de 3,50% TXN o primeiro ano e Euríbor + 3,50% TXN (5,16% TAEVariable) nos anos restantes.
-
En que prazo?
Devólveo até en 60 meses, é dicir, cinco anos.
Se vas cursar ou cursas xa estudos no UIE, en ABANCA queremos axudarte co financiamento para que non te preocupes máis ca da túa formación.
O préstamo Postgrao UIE concédeche ata 24.000 € para faceres fronte á matrícula e para os gastos da túa mantenza (leva conta que terás un límite de 7000 € para a partida destinada a gastos). Este empréstito ten un tipo de xuro do 3,50% TXN o primeiro ano e a partir dese momento aboarás un tipo de xuro variable de euríbor + 3,50% TXN (5,16% TAEVariable) polo tanto a túa cota variará en función do que oscile o euríbor cada ano. Ten en conta que revisaremos o tipo de xuro anualmente.
A única comisión que pagarás por este empréstito Postgrao UIE é un 1% de apertura. e A formalización da operación non tería ningún outro custo a maiores, aínda que podería ter algún outro gasto financeiro, dependendo do teu caso. Por exemplo, se necesitas un aval ou se consideramos conveniente acudir a unha notaría.
Exemplo representativo para o Préstamo Postgrao UIE
Amosámosche uns exemplos do que terías que pagar se decides solicitar o noso Préstamo Posgrado UIE. Lembra que que a TAEVariable do seguinte exemplo calcúlase incluindo unha comisión de apertura do 1% e un TXN do 3,50% para o primeiro ano do préstamo.
A partir do segundo ano, a TAEVariable calculouse baixo a hipótese de que os índices de referencia non varían e, por tanto, variará coas revisións anuais do tipo de xuro. Esta TAEVariable poderá variar desde o 5,16% ata 14,20%, a TAEVariable varía coas revisións do tipo de xuro e poderá verse afectada en función do prazo debido á existencia dun tipo fixo inicial e unha comisión de apertura. Ademais, ten en conta que revisaremos o tipo de xuro anualmente.
Para estos exemplos, consideramos que o índice de referencía, euríbor 12 meses, se manten constante para toda a vida do préstamo no nivel do 0,287%, correspondente ao 2 de xuño de 2022, día de disposición dos préstamos do noso exemplo. Ademais, que manterás para a toda vida una conta asociada ao préstamo cunha comisión trimestral de mantemento de 31€.
O sistema de amortización deste préstamo é o EPC (francés o cuota constante).
Exemplo | 3000€3000€ | 11.000€11.000€ | 24.000€24.000€ |
---|---|---|---|
Prazo | 3000€4 meses (4 cotas) | 11.000€ 3 anos (36 cuotas) | 24.000€ 5 anos (60 cotas) |
TAEVariable | 3000€14,20% | 11.000€6,59% | 24.000€5,16% |
TXN primeiro ano | 3000€3,50% | 11.000€3,50% | 24.000€3,50% |
Cota durante os primeiros meses | 3000€755,48€ (3 primeiros meses) | 11.000€322,32€ (12 primeiros meses) | 24.000€436,60€ (12 primeiros meses) |
TXN resto prazo | 3000€ - | 11.000€3,79% (Euríbor 12m + 3,50%) | 24.000€3,79% (Euríbor 12m + 3,50%) |
Cotas a partir do mes 12 | 3000€- | 11.000€323,28€ | 24.000€439,10€ |
Última cota | 3000€755,47€ | 11.000€323,16€ | 24.000€439,07€ |
Importe total adeudado | 3000€3082,92€ | 11.000€12.108,44€ | 24.000€27.175,97€ |
Coste total do préstamo | 3000€82,92€ (2) | 11.000€1108,44€ (3) | 24.000€3175,97€ (4) |
(1) Para este exemplo do préstamo por importe de 3000€ a 4 meses, debido as características do producto, só se terá en conta o tipo de xuro fixo. Por tanto, deberán aboarse 3 cotas mensuais de 755,48€ cada unha e unha última cota de {{{u3}}}€.
(2) Nestes 82,92€ inclúense todos os gastos incorridos: 21,91€ en concepto de xuros e 30€ de comisión de apertura e 31€ de comisión trimestral de mantemento da conta asociada.
(3) Nestes 1108,44€ inclúense todos os gastos incorridos: 626,44€ en concepto de xuros e 110€ de comisión de apertura e 31€ de comisión trimestral de mantemento da conta asociada.
(4) Nestes 3175,97€ inclúense todos os gastos incorridos: 2315,97€ en concepto de xuros e 240€ de comisión de apertura e 31€ de comisión trimestral de mantemento da conta asociada.
Que é a UIE?
A Universidade Intercontinental da Empresa (UIE) é unha universidade nova de vangarda que, mirando cara ao futuro, achega o valor da experiencia de máis de tres décadas en educación superior universitaria e executiva como escola de negocios.
UIE propón un modelo universitario en procura permanente da excelencia e orientado a empresas e institucións públicas e privadas, á investigación, innovación, o emprendemento e ás tecnoloxías emerxentes. Unha universidade centrada no estudante para formar knowmads, nómades do coñecemento e a innovación: os profesionais do futuro.
A UIE dispón de dous campus na Coruña e Vigo e unha sede de Servizos Centrais en Santiago de Compostela, tres bibliotecas multicampus, instalacións deportivas e unha residencia de estudantes situada en Pontevedra. Todo iso complétase cun campus virtual de última xeración, así como os medios tecnolóxicos e multimedia máis avanzados nas súas aulas.

Para saber máis...
dúbidas
-
Que documentación teño que proporcionar para solicitar un préstamo ABANCA Estuda?
A documentación que necesitamos para estudar se podemos concederche un dos empréstitos do programa ABANCA Estuda é moi simple: o primeiro que nos fai falla é o xustificante da matrícula do grao ou do postgrao que vaias realizar. Darémosche resposta moi axiña!
No caso do Adianto das Axudas do Ministerio de Educación e Cultura o que nos tes que proporcionar é o comprobante da concesión da bolsa e ademais, que lle dixeras á administración que che faga o ingreso da bolsa nunha conta ABANCA. Podes abrir unha conta directamente desde esta web, 100% online.
DOCUMENTACIÓN
NO BLOG