O próximo 1 de marzo modificaremos as condicións do Programa Cero Comisións. Se tes dúbidas sobre como pode afectarche, ou se aínda non coñeces os requisitos e beneficios do programa, a continuación poderás atopar información detallada e respostas ás preguntas máis habituais.

Tamén queremos agradecer a túa confianza, e mantemos o noso compromiso de seguir traballando co obxectivo de ofrecer o mellor servizo e a maior calidade a todos os nosos clientes

Como che afectará

Este cambio simplifica os niveis do Programa Cero Comisións. A partir do 1 de marzo, poderás ter todas as vantaxes do novo nivel Premium se confías en ABANCA como o teu banco principal e cumpres as condicións que che detallamos a continuación.

Podes consultar todos os requisitos e os beneficios do Programa na táboa de máis abaixo. Ou, se o prefires, podes utilizar o noso simulador para coñecer a túa situación cando entren en vigor as novas condicións do programa o próximo 1 de marzo.

Comproba se tes cero comisións

Tes a túa nómina ou pensión domiciliada en ABANCA (ou traerála con nós)?

Terías un saldo medio mensual de polo menos 500 € en produtos de aforro (contas, depósitos, fondos de investimento...)?

Recibes ingresos todos os meses na túa conta aínda que non procedan dunha nómina ou pensión?

Terías algún dos seguintes produtos? (Só necesitas un para ter Cero Comisións)

Parabéns! Estarías no nivel Premium!!

Grazas á túa confianza en ABANCA, podemos ofrecerche todos estes produtos e servizos de forma gratuíta.

  • Non pagarás as comisións de mantemento e administración de todas as túas contas.
  • Terás unha tarxeta de débito e outra de crédito gratis para cada titular que cumpra os requisitos sen mínimo de compras.
  • Retirados de efectivo a débito gratis en todos os caixeiros de ABANCA. Fóra de Galicia, en calquera caixeiro da rede EURO 6000, Bankia, Banco Sabadell, Bankinter, Caja de Arquitectos e Caja Ingenieros. E en calquera caixeiro do estranxeiro. Aínda que ABANCA non che vai cobrar por facer as retiradas, pode ser que a entidade propietaria do caixeiro che cobre unha taxa por utilizalo.
  • Transferencias non urxentes a España e UE en euros e ingreso de cheques nacionais en euros.
  • Servizos de avisos gratuíto por SMS e correo electrónico.
  • Anticipo de nómina ou pensión

Cantos anos tes?

Parabéns, seguirás tendo Cero Comisións!

  • Non pagarás as comisións de mantemento e administración das túas contas se todos os titulares teñen menos de 30 anos.
  • E se tes máis de 16 anos, terás unha tarxeta de débito MastercardTú NX coa que terás retiradas a débito gratis en todos os caixeiros de ABANCA, e fóra de Galicia ata 5 veces ao mes en calquera caixeiro da rede EURO 6000, Bankia, Banco Sabadell, Bankinter, Caja de Arquitectos e Caja Ingenieros, e cinco veces ao mes tamén en calquera caixeiro do estranxeiro! Aínda que ABANCA non che vai cobrar por facer as retiradas, pode ser que a entidade propietaria do caixeiro che cobre unha taxa por utilizalo.

Estás moi cerca de ter Cero Comisións

Aínda non cumpres os requisitos do Programa Cero Comisións, pero non te preocupes! Chámanos ao teléfono 981 910 522 ou pide cita na túa oficina ABANCA máis próxima e poderemos axudarche a non pagar comisións. Non esperes máis!

Temos máis vantaxes para ti se cumpres estes requisitos tan sinxelos:

Tes transferencias e cheques gratis!

Grazas ao Programa Cero Comisións tamén poderás facer transferencias a contas en España e UE en euros non urxentes gratis se as fas desde a banca electrónica ou móbil. E tamén poderás ingresar cheques nacionais en euros de forma completamente gratuíta, calquera que sexa o seu importe.

Estás moi cerca de ter transferencias e cheques gratis!

Só necesitas ter os teus datos actualizados na nosa base de datos, a banca electrónica coa e-correspondencia activa e unha conta sen cartilla.

Chámanos ao teléfono 981 910 522 ou pide cita na túa oficina ABANCA máis próxima e poderemos axudarche a non pagar comisións. Non esperes máis!

Comproba o teu caso

Comisións de administración e mantemento Tarxeta de débito/crédito(1) Retiradas en efectivo en caixeiros con tarxeta de débito Transferencias a España e UE en euros, non urxentes Ingreso de cheques nacionais en euros
Nivel nenos Tes contratada unha conta e os titulares son todos nenos de ata 15 anos.
Comisiones de administración y mantenimiento 0€ Tarjeta de débito/crédito(1) Non aplicableRetiradas en efectivo en cajeros con tarjeta de débito Non aplicable Transferencias a España y UE en euros, no urgentes Non aplicableIngreso de cheques nacionales en eurosNon aplicable
Nivel mozos Tes menos de 30 anos Comisiones de administración y mantenimiento 0€ se todos os titulares teñen menos de 30 anos Tarxeta de débito/crédito(1) 0€ Tarxeta MasterCard Tú NX (Entre 16 y 29 anos) Retiradas en efectivo en caixeiros con tarxeta de débito 0€ (2) Tarxeta MasterCard Tú NX (Entre 16 e 29 anos) Transferencias a España y UE en euros, no urgentes Non aplicable Ingreso de cheques nacionales en eurosNon aplicable
Tes entre 16 e 29 anos e ademais tes:
  • Unha conta sen cartilla na que todos os titulares teñan entre 16 e 29 anos
  • Banca electrónica con e-correspondencia
  • Email e teléfono móbil actualizado na nosa base de datos
0€ se todos os titulares teñen entre 16 e 29 anos Comisións de administración e mantemento(1) 0€ Tarxeta MasterCard Tú NX Tarxeta de débito/crédito 0€ (2) Tarxeta MasterCard Tú NX Retiradas en efectivo en caixeiros con tarxeta de débito 0€ en banca electrónica, banca móbil e ordes periódicas Transferencias a España e UE en euros, non urxentes 0€
Nivel Premium Tes a túa nómina ou pensión domiciliada (sen importe mínimo) ou ingresos regulares mensuais de polo menos 600€, un saldo medio mensual en productos de aforro de polo menos 500 € atribuidos a cada titular e, ademais, cumpres un dos seguintes requisitos:
  • Realizaches cunha tarxeta de crédito polo menos 2000 € en compras nos últimos 12 meses
  • Realizaches cunha tarxeta de crédito polo menos 1200 € en compras nos últimos 12 meses e ter contratado un seguro mediado por ABANCA.(4)
  • Tes un saldo medio mensual en productos de aforro de polo menos 30.000 € atribuidos a cada titular
  • Tes un saldo medio mensual en fondos de investimento, valores, seguros de aforro ou plans de pensións de 8000 € atribuidos a cada titular
  • Tes dous seguros mediados por ABANCA (4)
Comisións de administración e mantemento 0€ TarXeta de débito/crédito(1) 0€ 1 tarxeta de débito e 1 de crédito Retiradas en efectivo en caixeiros con tarxeta de débito 0€(3) En todos os caixeiros ABANCA. Fora de Galicia, en caixeiros EURO 6000, Bankia, Banco Sabadell, Bankinter, Caja de Arquitectos e Caja Ingenieros. Fora de España, en calquera caixeiro Transferencias a España e UE en euros, non urxentes 0€ Ingreso de cheques nacionais en euros 0€

(1) Quedan excluidas as tarxetas Prepagamento e Moedeiro, tarxetas de débito de autorizados, VISA Platinum e telepeaxes.

(2) Retiradas gratis en todos os caixeiros ABANCA, 5 retiradas ao mes en caixeiro fóra de Galicia da Red EURO 6000, Bankia, Banco Sabadell, Bankinter, Caja de Arquitectos e Caja Ingenieros. Coa tarxeta NX 5 retiradas fóra de España, en calquera caixeiro. Nas disposicións efectuadas fóra de España algunhas entidades poderán aplicar unha taxa de recargo polo uso dos seus caixeiros.

(3) Para clientes residentes en territorio nacional. Nas disposicións efectuadas fóra de España algunhas entidades poderán aplicar unha taxa de recargo polo uso dos seus caixeiros. Nas disposicións en moeda diferente ao euro aplicarase a comisión de cambio de divisa establecida no contrato da tarxeta.

(4) Ter contratados dous seguros mediados por ABANCA: auto, fogar, vida, saúde, protección de pagamentos, decesos, accidentes, dependencia ou protección integral de tarxetas ou seguro de vida por accidentes ON-OFF (estes dous últimos cun importe mínimo da prima de 9 euros ao mes).

Resposta ás túas preguntas

Reunimos as respostas ás dúbidas máis frecuentes doutros clientes coma ti. Bota unha ollada, e se algo non che queda claro, chámanos ou ponte en contacto coa túa oficina. Estaremos encantados de falar contigo e resolver todas as túas dúbidas.

Cando entrarán en vigor as novas bases?

As novas condicións do Programa Cero Comisións entrarán en vigor o próximo 1 de marzo de 2020. Ata ese momento manteremos as condicións actuais.

Ten en conta que non queremos que te preocupes por iso podes revisar no simulador e na táboa o que tes que facer para seguir tendo os beneficios do Programa Cero Comisións. E, se tes dúbidas, visita á túa oficina e explicaranche que debes facer no teu caso concreto, é máis sinxelo do que te imaxinas!

Como saber se me vai afectar o cambio?

Na táboa e no simulador desta páxina detallamos os novos requisitos que tes que cumprir para beneficiarte do Programa Cero Comisións. Se despois de revisalos aínda tes dúbidas, visita a túa oficina e explicaranche de forma sinxela como podes evitar que te prexudique este cambio.

Por outra banda, a partir do mes de abril, tamén poderás consultar na túa banca electrónica se estás dentro do Programa Cero Comisións.

Teño menos de 30 anos, como me van afectar os cambios?

Estás de sorte, non che afecta este cambio! Tanto para mozos de entre 16 e 29 anos, como para nenos de ata 15, mantemos as mesmas condicións e beneficios de sempre.

Revisa na táboa desta páxina ou no noso simulador os requisitos do Programa Cero Comisións e se tes algunha dúbida ou crees que non tes todos os servizos, achégate a calquera das nosas oficinas para revisar o teu caso concreto.

E ademais...

Recordámosche algúns dos servizos que tes por ser cliente de ABANCA