Cero Comisións

Acta notarial

Podes descargar o contido desta páxina tamén en formato .pdf: bases notariais

ARTIGO I. Descrición do PROGRAMA

ABANCA Corporación Bancaria, S.A. (en adiante ABANCA) pon en marcha o PROGRAMA CERO COMISIÓNS (en adiante, o PROGRAMA) para beneficiar un gran número de clientes (en adiante o Cliente ou os Clientes), que deixarán de pagar algunhas das comisións pactadas nos seus contratos e as comisións por servizos habituais de carácter non contractual, e poderán obter outros beneficios adicionais, nos termos que se determinan nestas bases.

Os beneficios do PROGRAMA (en adiante "beneficios") aplicaranse de forma automática a cada Cliente destinatario do PROGRAMA (artigo IV), en función dos produtos que teña contratados en cada momento e da vinculación que manteña con ABANCA, sen necesidade de solicitalo nin contratalo de forma expresa.

Se por algún dos beneficios aplicados se xerase, agora ou no futuro, algún imposto que lle corresponda soportar ao Cliente, ABANCA repercutirao tomando como base de cálculo a que estableza a norma correspondente.

A aplicación ao Cliente dos beneficios do PROGRAMA non ten carácter de modificación contractual, polo que, cando un Cliente non reúna as condicións ou requirimentos previstos no mesmo, aplicaranse as condicións pactadas en cada un dos produtos que teña contratados que, por tanto, seguen en vigor para estes efectos. Por conseguinte, con independencia do tempo durante o que se obteñan os beneficios do PROGRAMA, estes non poderán entenderse consolidados nin para os contratos nin para os Clientes aos que se apliquen. As tarifas de prezos para os produtos e operacións máis habituais están a disposición dos Clientes en todas as oficinas e en "www.abanca.com".

ARTIGO II. Principios do PROGRAMA

O PROGRAMA está baseado nos seguintes principios:

ARTIGO III. Duración do PROGRAMA

O PROGRAMA entra en vigor o día 15 de abril de 2015 e nace con vocación de permanencia, polo que ten carácter indefinido.

ABANCA resérvase, malia todo, a posibilidade de modificar ou interromper a aplicación dalgún dos beneficios do PROGRAMA ou de cancelalo en calquera momento.

A modificación do PROGRAMA, a interrupción da aplicación dalgún dos beneficios ou a súa cancelación notificaráselles aos Clientes cunha antelación mínima de dous meses respecto da data en que esta deba de ser efectiva. A comunicación realizarase, a elección de ABANCA, mediante publicación de anuncio nun diario de difusión nacional ou mediante comunicación individualizada aos Clientes destinatarios do mesmo e ademais, en ambos casos, publicarase nos taboleiros de anuncios das oficinas e na web da Entidade.

ARTIGO IV. Destinatarios do PROGRAMA

  1. Poderanse beneficiar do PROGRAMA os seguintes Clientes:
  1. Están excluídos do PROGRAMA:

ARTIGO V. Grupos e Niveis: Clasificación dos Clientes e prevalencia das mellores vantaxes.

1. Clasificación

A efectos da aplicación dos requirimentos do PROGRAMA, os Clientes clasifícanse en dous grupos:

Ademais, dentro de cada grupo, clasificaranse en niveis. ABANCA clasificará os Clientes que cumpran os requirimentos do PROGRAMA dentro dos grupos e niveis que lle correspondan, en función dos que se recollen a continuación:

GRUPO I.- CLIENTES CONSUMIDORES

GRUPO II.- CLIENTES AUTÓNOMOS, PROFESIONAIS LIBERAIS E MICROPEMES

2. Prevalencia

ARTIGO VI. Requirimentos e beneficios do PROGRAMA

Para poder acceder aos beneficios de cada Nivel o Cliente deberá cumprir todos e cada un dos requirimentos previstos para o mesmo.

Os beneficios do PROGRAMA non lles serán de aplicación aos Clientes que se atopen en situación de morosidade. Para os efectos deste PROGRAMA entenderase que un Cliente está en situación de morosidade cando incumpra calquera obriga de pagamento que teña con ABANCA durante máis de 60 días.

A continuación indícanse as condicións ou requirimentos (R) e os beneficios (B) do PROGRAMA que se lles aplicarán aos Clientes en función dos produtos que teña contratados e de nivel de vinculación con ABANCA.

1. CLIENTES CONSUMIDORES:

2 CLIENTES AUTÓNOMOS, PROFESIONAIS LIBERAIS E MICROPYMES:

ARTIGO VII. Validación do cumprimento dos requerimentos do PROGRAMA

  1. Aplicación automática dos beneficios: A Entidade aplicará os beneficios do PROGRAMA de xeito automático, a partir da data na que se valide que o Cliente cumpre os requerimentos previstos no mesmo, en calquera dos seus NIVEIS.
  2. Validación de requerimentos:

    • Inclusión de Clientes no PROGRAMA: Unha vez por semana realizarase unha validación dos requerimentos do PROGRAMA e aplicaranse os beneficios do mesmo ao Cliente que os cumpra.
    • Validación de Clientes xa engadidos no PROGRAMA: unha vez ao mes (natural) validaranse as condicións dos Clientes aos que lle son de aplicación os beneficios do PROGRAMA para manter, reclasificar de NIVEL ou deixar de aplicar os beneficios do mesmo, segundo corresponda.

ARTIGO VIII. Suspensión da aplicación dos beneficios

Os beneficios do PROGRAMA deixarán de aplicárselles aos Clientes no momento en que se valide que:

  1. Deixou de ser beneficiario do PROGRAMA conforme ao indicado no Artigo IV.
  2. Non cumpre os requirimentos previstos no PROGRAMA.
  3. Cúmpreos pero atópase en situación de morosidade por non atender calquera obriga de pagamento que teña con ABANCA durante máis de 60 días.

Para que se deixen de aplicar os beneficios do PROGRAMA, no suposto previsto no número 2 anterior cando se realice a validación mensual do cumprimento, terase que comprobar que o Cliente os incumprira durante DOUS (2) meses consecutivos.

Nos supostos indicados nos puntos 1 e 3 anteriores, a non aplicación dos beneficios realizarase de xeito automático dende o momento en que teña lugar o incumprimento, sen que lle sexa de aplicación ningún prazo de espera.

A regularización da situación de impago suporá que ao Cliente lle volverán a ser de aplicación os beneficios do PROGRAMA, sempre que cumpra cos requerimentos establecidos no mesmo, a partir da siguinte revisión mensual que realice ABANCA dende a regularización do impago.

ARTIGO IX. Criterio de liquidación das comisións por aplicación do PROGRAMA

Cando a liquidación das comisións teña un período de devengo superior ao mes (mantemento e administración da conta e emisión e mantemento da Tarxeta), se no momento da súa liquidación lle fosen de aplicación ao Cliente os beneficios do PROGRAMA, ditas comisións serán GRATIS. Por tanto, ABANCA non procederá ao seu prorrateo, independentemente da data na que o Cliente comezase a cumprir oos requerimentos do mesmo ou d número de períodos “parciais” que puidera incumprir.

De igual xeito, se no momento da liquidación das citadas comisións o Cliente non cumprise os requerimentos do PROGRAMA, liquidaráselle a comisión polo seu importe íntegro, aínda que durante parte do período de devengo da comisión o Cliente cumprira os requerimentos do mesmo.

ARTIGO X. Definición de conceptos previstos nas condicións do PROGRAMA

Aos efectos da aplicación do PROGRAMA indícase a continuación como deberan ser entendidos os distintos conceptos utilizados, os cales resaltan en letra cursiva ao longo das Bases para a súa mellor identificación.

Cando o Cliente só teña dereito a unha tarxeta GRATIS, bonificarase a primera tarxeta cuxa comisión se pase ao cobro. Cando na mesma data se pasen ao cobro unha tarxeta de débito e unha de crédito, bonificarase a de crédito por resultar máis beneficioso para o Cliente. Quedan excluídas as tarxetas de débito autorizados de persoas xurídicas.

Aínda que ABANCA non cobre ningunha comisión por sacar diñeiro coas súas tarxetas de débito en caixeiros doutras redes fóra de Galicia, algunhas entidades poderán aplicar unha taxa de recargo polo uso da súa rede de caixeiros que será a cargo do Cliente.

ARTIGO XI. Consultas

O Cliente poderá consultar as dúbidas que se lle planteen en relación coas bases do PROGRAMA nas oficinas de ABANCA e/ou en www.abanca.com

ARTIGO XII. Reclamacións e queixas

O Cliente poderá formular as reclamacións e queixas relativas á aplicación do presente PROGRAMA mediante escrito dirixido ao Servizo de Atención ao cliente de ABANCA, no seguinte enderezo:

ABANCA, Servizo de Atención ao Cliente Rúa Nova, 30 A Coruña