Diferentes tarxetas para diferentes necesidades
Tarxeta prepagamento
Tarxeta agasallo
Tarxeta virtual
Tarxeta prepagamento: recárgaa e lévaa as túas viaxes
A tarxeta prepagamento é unha solución para limitar o risco das túas tarxetas xa que terás unha cantidade previamente cargada que será o máximo que poderás gastar. A tarxeta prepagamento é ideal se vas viaxar ao extranxeiro, especialmente fora da zona euro, porque é universal e non ten comisión por cambio de divisa, tanto en compras como en retiradas de efectivo. Lembra que algúns bancos poderían cobrarche unha comisión polo uso do seu caixero. Esta tarxeta funciona en calquera lugar do mundo no que acepten tarxetas Visa. Por outra parte, non poderás gastar máis da conta, xa que o seu uso está limitado á cantidade que lle recargases previamente.
Como funciona? É unha tarxeta na que se ingresa o diñeiro por adiantado e ese será o saldo dispoñible. Cada compra que realices ou cada vez que retires cartos do caixeiro, o importe descontarase dese saldo. Non se poden realizar ingresos superiores a 1.500 € ao mes e 10.000 ao ano.
Esta tarxeta recárgase a través da banca electrónica, da app de banca móbil ou en calquera das nosas oficinas. Podes cargala todas as veces que queiras e cada ingreso terá un coste de 0,50 €. Podes saber o saldo que tes na túa tarxeta de forma instantánea a través de www.damemisaldo.comSerás redirixido a outro sitio web ou nos nosos caixeiros.
Para dar de alta unha tarxeta prepago terás que ir a unha das nosas oficinasSerás redirixido a outro sitio web. Tamen tes que ser maior de idade, e a tarxeta terá unha validez de tres anos, pasado este tempo renovarase automáticamente. Esta medida de seguridade para os teus gastos únicamente ten un coste de emisión e mantemento de 12 € ao ano e por recarga de 0,50€.
Tarxeta agasallo e acerta seguro
É unha solución orixinal e cómoda para regalar, e ademais o destinatario non ten que ser cliente de ABANCA. A tarxeta agasallo funciona como unha tarxeta prepago na que se ingresa o diñeiro por adiantado e as compras realizadas coa tarxeta descontaranse do saldo dispoñible.
A cantidade a cargar ten que decidirse no momento da contratación e o importe total ten que estar entre 50 € e 1500 €. Ademais, ten unha vixencia de 6 meses.
A tarxeta agasallo ten un custo de emisión de 5€ e non se pode volver cargar. Para dar de alta unha tarxeta agasallo, podes facelo a través da túa banca electrónica se xa es cliente de ABANCA. Se non o es, terás que facelo nunha das nosas oficinasSerás redirixido a outro sitio web.
Non se aplican comisións por cambio de divisa e só pode utilizarse en comercios físicos, non se pode retirar o diñeiro de caixeiros. Ademais, permite que o titular da tarxeta consulte o saldo dispoñible ao instante en www.damemisaldo.comSerás redirixido a outro sitio web ou nos caixeiros automáticos de ABANCA.
Tarxeta virtual, un medio seguro para compra na rede
¿Alguna vez tivéches reparos en dar o número da túa tarxeta cando compras por internet? Para evitalo podes xerar unha tarxeta virtualSerás redirixido a outro sitio web e asignarlle o límite que ti decidas, mesmo nunha moeda distinta ao euro, de maneira que controles aínda máis os teus pagos. Podes crear todas as tarxetas virtuais que queiras na túa banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web dun xeito moi sinxelo e de balde. Tamén podes facelo coa app de ABANCA.
Lembra que o uso das tarxetas virtuais é totalmente de balde, aínda que, se é o caso, se aplicarán as mesmas comisións que se fixeses a compra coa túa tarxeta real. Só se retirará o diñeiro da túa conta unha vez que se efectúe a compra ou o pago. Para garantir aínda máis a seguridade nas operacións con tarxetas virtuais, nalgúns casos pedirémosche que confirmes a compra a través da nosa app ABANCA, aínda que creases a tarxeta virtual na banca electrónica.
¿Tes preguntas? Nós respostas
NO BLOG