Imaxe

Adianto do pago de prestacións por desemprego a afectados por ERTE

ABANCA chegou a un acordo coa Xunta de Galicia para adiantar o pago da pensión por desemprego aos traballadores residentes en Galicia afectados por un expediente de regulación temporal de emprego (ERTE) provocado pola crise do COVID-19.

En base a esta colaboración coa Xunta, ABANCA pode poñer ao dispor dos seus clientes un anticipo de ata dúas mensualidades de 750 euros cada unha, ata un máximo de 1.500 euros en total, para que poidan dispoñer de ingresos mentres non reciben o abono que lles corresponde.

O anticipo (que só é efectivo para os empregados daquelas empresas situadas en Galicia que o tramitaran previamente ante a Xunta de Galicia), abonarase a través de préstamos persoais sen intereses nin comisións (0% TAE), que se xestionarán a través da app de banca móbil da entidade e que se cancelarán en canto o traballador reciba o ingreso da prestación.

Como podo solicitar este anticipo?

Os clientes que teñen o abono do SEPE domiciliado en ABANCA terán que solicitar a petición do anticipo ás súas empresas e estas han de realizar os trámites oportunos coa Xunta. Unha vez completado o procedemento, será a Administración autonómica a que comunique a ABANCA os datos daqueles traballadores que poden dispoñer deste anticipo.

A partir dese momento ABANCA informará os traballadores que sexan clientes de forma automática, a través da súa aplicación de banca móbil, para que poidan tramitar o anticipo, un préstamo totalmente gratuíto, sen intereses nin comisións (0% TAE) que poderán formalizar completamente online, sen necesidade de acudir á súa oficina.

Non son cliente de ABANCA, podo beneficiarme desta medida?

Este procedemento só é válido para traballadores que teñan domiciliada a prestación por desemprego nunha conta de ABANCA. Se non é o teu caso, consulta á túa empresa e, se o necesitas, lembra que nesta web podes facerte cliente de ABANCA de forma moi sinxela.

Que outras medidas puxo en marcha ABANCA en relación a esta crise?

Reunimos toda a información relacionada coas iniciativas que puxemos en marcha durante esta crise nunha páxina que se mantén diariamente actualizada. Aí poderás atopar recomendacións para facer de forma sinxela e segura as túas xestións habituais ou información sobre medidas financeiras, como moratorias para produtos tanto hipotecarios como non hipotecarios, entre outra moita información de utilidade.

Para saber máis...

dúbidas