ABANCA
  • Para ti
  • Para a túa empresa
  • Área cliente
  • Faite cliente
Menu
  • Opcións accesibilidade
    • Texto

    • Filtros de cor

    • Seleccionar cores

  • Área cliente
  • Todos os produtos
  • Onde estamos
  • En que podemos axudarche
  • Banca Privada
  • Banca Persoal
  • Sala de comunicación
  • B Blog
  • Tusitiodecompras.es
  • Vive la vida
  • Escogecasa
  • Para a túa empresa
  • Español
  • En euskera
INDICADOR DE RISCO DO DEPÓSITO

1 / 6

Escala numérica, na que 1/6 é o indicador de menor risco e 6/6, de maior risco

FONDO DE GARANTÍA

ABANCA está adscrita ao Fondo de Garantía de Depósitos de entidades de crédito. O Fondo garantiza ata un máximo de 100.000 euros por depositante e entidade de crédito.

ALERTA DE LIQUIDEZ DEPÓSITO

O reembolso, rescate ou a devolución anticipada dunha parte ou de todo o principal invertido están suxeitos a comisión ou penalizacións.

ALERTA DE LIQUIDEZ PLANS PENSIÓNS

O cobro da prestación ou o exercicio do dereito de rescate só é posible no caso de acaecemento dalgunha das continxencias ou supostos excepcionais de liquidez regulados na normativa de plans e fondos de pensións.

O valor dos dereitos de movilización, das prestacións e dos supostos excepcionais de liquidez depende do valor de mercado dos activos do fondo de pensións e pode provocar pérdidas relevantes.

Depósito Combinado Hoxe e Mañá

A combinación ideal de aforro para conseguir unha interesante rendibilidade no teu depósito para hoxe e tamén para mañá. Descubre as condicións e empeza a aforrar!

  • até 0,75% TAE
  • a 12 meses
  • Contrátao agora
  • 981 910 534 tel:+34981910534
  • Chamámoste? #llamada-gratis
  • Contrátao agora https://solicitudonline.abanca.com/SolicitudCita/gl/4_depo_hoymana/J
  • Que é?

    Unha alternativa para os teus aforros: un Depósito a prazo fixo cunha remuneración vencellada ao teu Plan de pensións.

  • Por que?

    Podes obter ata un 0,75% TAE se cumpres as condicións que che contamos máis abaixo.

  • En qué condicións?

    O límite da aportación ao depósito é o dobre do que achegues ao plan. E hai máis. Le, por favor, os detalles.

  • Algo máis?

    Un plan de pensións axúdache a aforrar para a xubilación. Podes infórmate dos riscos e a rendabilidade de cada plan no Documento de Datos Fundamentais.

O Déposito Combinado Hoxe e Mañá de ABANCA é un produto para aquelas persoas que se preocupan polo seu futuro: se estás a buscar un depósito cunha remuneración interesante ou pensaches algunha vez en ter un plan de pensións, presta atención!

Como funciona? Si aportas ao teu plan, contratas un novo ou traes o teu plan de pensións doutra entidade, co Depósito Combinado Hoxe e Mañá poderás destinar ata o dobre da cantidade que aportes ao teu plan a un depósito a prazo fixo a 12 meses cunha rendabilidade de ata o 0,70%TAE. Por exemplo: se abres un Plan con 5000 euros, poderás contratar un depósito de ata 10.000 euros con esa rendibilidade durante 1 ano, iso si, se cumpres unhas condicións que che contamos a seguir!

Como funciona este depósito combinado?

Para contratar este produto deberás destinar unha cantidade a un plan de pensións individual de ABANCA (pode ser un novo plan, unha achega a un que xa teñas connosco ou un traspaso dountra entidade), e comprometerte a manter o saldo achegado durante 48 meses. Poderás destinar ao depósito ata o dobre do importe aportado ao plan, aínda que existe un mínimo (1500€) e un máximo (600.000€).

O depósito a prazo fixo que contrates terá unha duración máxima de 12 meses, e non poderás renovalo ao seu vencemento. A remuneración base é do 0,06%TIN (TAE 0,06%), ao que se engadirá un 0,69% TIN (TAE 0,69%) como recompensa polo teu compromiso no plan de pensións (48 meses). Deste modo, obterías un 0,75% TIN (TAE 0,75%) de rendibilidade no teu déposito a prazo fixo.

Poñamos un exemplo: imaxina que realizas unha achega a un plan de pensións de ABANCA de 5000 euros. Poderías abrir unha conta a prazo dentro do produto “Depósito Combinado Hoy y Mañana” por importe de 10.000 euros con un prazo de 12 meses e un xuro fixo do 0,75% TIN (TAE 0,75%). Ao cabo dun ano, e cumprindo as condicións descritas, liquidaríanseche 75 euros brutos de xuros. Tes todos os detalles na Ficha de información precontractual FIPRE que podes atopar nesta mesma páxina.

Esta rendibilidade refírese unicamente ao depósito. En canto ao plan de pensións, ten sempre en conta que cada plan e fondo de pensións, en función das súas características específicas e dos activos nos que invista, implicará máis ou menos risco. Se a evolución dos mercados ou dos activos nos que inviste non é a esperada, o plan podería ter perdas. E lembra sempre que a rendibilidade que tivese no pasado nunca garante que no futuro vaia a suceder o mesmo.

Ademais, podes consultar o nivel de risco e as alertas de liquidez de cada Plan de Pensións no Documento de Datos Fundamentais de cada un deles que podes atopar nesta mesma web.

E se preciso o diñeiro?

Se sucede algo co que non contabas e cómprenche os cartos e non podes manter o saldo no plan de pensións ata o vencemento do depósito a prazo, non che aboaremos os xuros adicionais.

Se a redución se realiza despois do vencemento do depósito a prazo, terás que devolver o importe proporcional dos xuros brutos aboados que se conrresponda aos meses de permanencia que falten por cumprir dos 48 meses comprometidos no Plan de Pensións.

Antes de que o necesites, infórmate das posibilidades de recuperación do diñeiro que invistas no teu plan de pensións cando o contrates. Máis abaixo contámosche máis, e lembra sempre que tes toda a información en calquera oficina ou nesta mesma web.

Condicións do Déposito Combinado Hoxe e Mañá

O Depósito Combinado Hoxe e Mañá só está dispoñible para os seguintes Plans de Pensións Individuais de ABANCA ata o 30 de setembro do 2022 do 2021: ABANCA Renda Fixa Mixta Conservador, ABANCA Renda Fixa Mixta Moderado, ABANCA Renda Variable Mixta Decidido, ABANCA Renda Variable Mixta Dinámico e ABANCA Renda Variable.

Este depósito combinado non é compatible con outras promocións de Plans de Pensións.

Transparencias e garantías

Consonte o establecido na Orde ECC/2316/2015, desde febreiro de 2016 determinadas entidades que prestamos servizos de investimento ou comercializamos algún dos produtos financeiros afectados por esa Orde debemos mostrar un indicador de risco coma o do cadro que encabeza esta ficha, que ten por obxecto “garantir un axeitado nivel de protección ao cliente ou potencial cliente de produtos financeiros mediante o establecemento dun sistema normalizado de información e clasificación que o advirta sobre o seu nivel de risco e lle permita elixir os que mellor se lles adecúen ás súas necesidades e preferencias de aforro e investimento". Trátase dunha escala numérica, do 1 ao 6, na que 1/6 é o indicador de menor risco e 6/6 o de maior risco.

No caso dos depósitos (por exemplo no diñeiro depositado na conta a plazo, non no plan de pensións ao que tes que achegar), ten en conta tamén que ABANCA está adscrita ao Fondo de Garantía de Depósitos español. O límite da cobertura é de 100.000 € por depositante e entidade de crédito. Tes máis información no folleto que podes atopar máis abaixo.

Máis información legal

Aínda que aquí non che ofrecemos detalles sobre os nosos plans, debes saber que o nivel de risco dos Plans de Pensións de ABANCA, como calquera entidade financeira española, varía de 1 a 7, e que a categoría "1" non significa que o investimento estea totalmente libre de risco. Podes consultar o nivel de risco e as alertas de liquidez de cada Plan de Pensións no Documento de Datos Fundamentais de cada un deles que podes atopar nesta mesma web.

Sobre as "alertas de liquidez" (a dispoñibilidade do diñeiro que invertas nos nosos plans), neses documentos que debes ler con atención dicimos que "o cobro da prestación ou o exercicio do dereito de rescate só é posible en caso de que sucedan dalgunha das continxencias ou supostos excepcionais de liquidez regulados na normativa de plans e fondos de pensións", e que "o valor dos dereitos de mobilización, das prestacións e dos supostos excepcionais de liquidez depende do valor de mercado dos activos do fondo de pensións e pode provocar perdas relevantes". Se tes dúbidas, pregúntanos!

E estes son os datos legais das sociedades relacionadas cos plans de pensións que comercializamos: Cecabank, S.A. Entidade Depositaria de Fondos de Pensións. Inscrita no R.M. de Madrid ao Tomo 30.405, Libro Ou, folio 57, Sección 8, Folla M-547.250, Inscrición 1ª. C.I.F. A-86436011. ABANCA Corporación Bancaria S.A Entidade Promotora e comercializadora dos plans de pensións individuais, inscrita no R.M. da Coruña, tomo 3.426 do arquivo, Sección Xeral, ao folio 171 folla C-47803, inscrición 129ª CIF ? A70302039. ABANCA Vida e Pensións de Seguros e Reaseguros, S.A.(unipersonal), Entidade Xestora Fondos de Pensións. Inscrita no R.M. da Coruña, tomo 3403, folio 32, folla C-6245, inscrición 176-. CIF-A15140387.

Para saber máis...

dúbidas

  • Que é un depósito?

    Un depósito é un produto bancario onde lle deixas unha cantidade de diñeiro ao banco para que cho garde durante un período de tempo determinado, e obtés en troco un beneficio. Hai varios tipos de depósitos en función das condicións baixo as que se pacta.

    Nos depósitos a prazo fixo gardas unha cantidade no banco coa condición de que non a podes retirar ata un prazo determinado, nin toda nin en parte. A cambio recibes uns xuros que tamén son fixos: sabes exactamente canto vas gañar co depósito e cando vas ingresar o que gañes. Se retiras todo ou parte do depósito antes da data, exposte a unha penalización que varía en función das condicións do depósito.

    Un depósito estruturado é un produto onde combinas a rendibilidade dun depósito coa dun investimento. Unha parte dos cartos que ingresas funciona como un depósito a prazo fixo, cunha rendibilidade tamén fixa, mentres que outra parte che produce beneficio en función da evolución dun activo financeiro (un índice bolsista, unha cesta de accións, as accións dunha compañía en concreto etc.). Esta parte variable é a que condiciona a rendibilidade do depósito: será máis rendible cando se cumpren as condicións previstas para o activo de referencia, ou menos rendible se non se cumpren. Podería ser que a rendibilidade fose unicamente a que producise o treito a prazo fixo, ou incluso que che xerase perdas. Polo tanto, non poderás coñecer a rendibilidade dos depósitos estruturados ata que venzan.

    Un depósito garantido é un produto que normalmente está dispoñible para cantidades elevadas de diñeiro. Nel garántese o 100% do capital e unha determinada rendibilidade. Habitualmente son investimentos a longo prazo.
     

  • Que pasa se retiro o diñeiro antes do vencemento da conta a prazo?

    Se  precisas os cartos e non podes manter o saldo no plan de pensións ata o vencemento da conta a prazo, 12 meses, non che aboaremos a prima adicional.

    Se a redución se realiza despois do vencemento da conta a prazo, terás que devolver o importe da prima bruta aboada que se conrresponda ao tempo que falte ata os 48 meses comprometidos co plan de pensións.
     

  • Podo contratar o Depósito Hoxe e Mañá máis dunha vez?

    Non se pode renovar, é un depósito a 12 meses, pero podes contratalo tantas veces como novos traslados ou aportacións fagas. Por exemplo: se o contrataches en novembro, poderías volvelo a facer en decembro -ou cando ti queiras!- se realizas unha nova aportación ou traslado desde un plan que teñas noutra entidade. Interesante, verdade?

  • Máis preguntas e respostas sobre plans e depósitos

DOCUMENTACIÓN

  • Se queres consultar toda a información sobre o Depósito Hoxe e Mañá nun documento pdf podes descargar a ficha de información precontractual (FIPRE). (En pdf)
  • Solicítao agora

Introduce o teu número e chamarémoste de contado.
O noso horario de atención é de luns a venres, de 8 da mañá a 10 do serán.

  • Axudámosche
  • @somosABANCA
  • SomosABANCA
  • fa fa-youtube
  • fa fa-linkedin
  • fa fa-bold
  • fa fa-instagram
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Presenza Internacional
    • Sala de comunicación
    • Banesco Internacional
    • Traballa con nós
    • Contáctanos
    • Servizo de Atención ao Cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesibles
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Información MIFID
    • Seguridade
    • Outra información legal
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Cuentas Claras: Blog de ABANCA
    • Área cliente
    • Área cliente empresas
    • Bróker online
    • ABANCA Servicios financieros
    • ABANCA USA
    • ABANCA Portugal
    • Mercar entradas
    • Escogecasa
    • Open Banking
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
prb-logo-colour
logo-pie-pri
© 2022 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.