CONTA ONLINE: INDICADOR DE RISCO
1/6
Escala numérica, na que 1/6 é o indicador de menor risco e 6/6, de maior risco.
FONDO DE GARANTÍA
ABANCA está adscrita ao Fondo de Garantía de Depósitos de entidades de crédito. O Fondo garante ata un máximo de 100.000 euros por depositante e entidade de crédito.

Unha conta para o que ti queiras

Ao mellor necesitas unha conta para xestionar coa túa parella o día a día do teu fogar. Ou pode que queiras aforrar cos teus irmáns para regalarlle aos teus pais a viaxe da súa vida. Unha conta para organizar a túa voda? Sexa para o que sexa podes tela en cuestión de minutos contratándoa 100% online.

Que é?

É unha conta corrente que podes contratar en minutos a través da túa banca a distancia.

Canto custa?

Se cumpres uns requerimentos moi sinxelos, co Programa Servizos ABANCA non pagarás comisión de administración e mantemento.

Que destacamos?

Poderás utilizala para fins específicos ou compartila con outras persoas.

¿Tes preguntas? Nós respostas

dúbidas

Algunhas contas correntes e de aforro poñen restricións a determinados tipos de titulares. Por exemplo, hai contas específicas para empresas, e hai contas polo contrario que só poden abrilas os particulares, non as empresas.

A maior parte das veces as contas poden ter varios titulares, ou cotitulares: deste xeito, varios de vós podedes compartir a mesma conta corrente: para todos os efectos a conta é de todos, e computa como ben de cada un de vós. No caso de ter varios cotitulares podedes escoller se queredes que sexan indistintos, é dicir, que cada un poida operar libremente coa conta, ou que sexan mancomunados, de maneira que sexan necesarias varias sinaturas para facer as operacións.

Ademais, podes sinalar outras persoas para que sexan autorizadas. As persoas autorizadas poderán realizar un determinado número e tipo de xestións nas contas, pero non serán titulares. É dicir, non son propietarios da conta.

O IBAN, ou Número Internacional de Conta Bancaria, é o novo código identificador de contas correntes. Aínda que xa existía desde hai tempo, nos últimos meses volveuse un número obrigatorio en toda a SEPA. A súa función é facilitar os pagamentos internacionais e funciona en toda a Unión Europea, Islandia, Suíza, Liechtenstein, Noruega e Mónaco.

Agora segues tendo as mesmas contas ca antes, pero podes referirte a elas con dous números lixeiramente distintos: o número antigo (o CCC, formado por 20 díxitos) e o novo código IBAN, que é exactamente igual có anterior agás por catro caracteres que se lle engaden ao comezo: o código ES (España) e dous díxitos de control. Se queres saber cal é o IBAN de calquera conta segundo esta nova normativa, podes utilizar este conversor.

De forma progresiva, deixaremos de utilizar os antigos formatos de conta para usar o IBAN. Pero non te preocupes, pois vai ser unha transición progresiva e doada da que non te vas nin decatar. Podes consultar o IBAN das túas contas na sección Contas da banca electrónicaSerás redirixido a outro sitio web ou, de forma máis sinxela, nesta mesma web, no conversor de números de conta.

Para solicitar a cancelación dunha conta cómpre que acudas a unha oficina de ABANCA. Sempre é aconsellable que acudas á túa oficina xestora, onde tes os produtos contratados, pero se non é posible tamén poderás acudir á túa oficina de ABANCA máis próxima. 

Se contrataches a conta en liña ou por teléfono, poderás chamar ao 981 910 534 e solicitar a cancelación.
 

Podes establecer envíos de diñeiro programados desde a app de ABANCA ou
desde o ordenador.
Na banca móbil, cando realizas un envío de diñeiro ás túas contas ou a outras
persoas podes programalo como periódico e seleccionar a data de inicio, fin e
frecuencia. Tamén poderás dar de alta, consultar, modificar e xestionar todos
os pagamentos programados desde o menú de Contas > Operar > Pagamentos
programados.
Desde a banca electrónica, deberás facelo desde o menú de Transferencias.
Lembra que podes utilizar os envíos periódicos de diñeiro para pagar o
alugueiro todos os meses, facer un traspaso á túa conta de aforro cando
cobres a nómina, ou o que elixas!

DOCUMENTACIÓN

NO BLOG