Imaxe

Todo sobre Moratoria Non Hipotecaria Sectorial

Debido á crise sanitaria do COVID-19, a Confederación de Caixas de Aforro (CECA) e a Asociación Española de Banca (AEB), promoveron senllas iniciativas sectoriais, ás que se adheriu ABANCA, que son adicionais e complementarias das medidas adoptadas polo Goberno. Entre as devanditas medidas atópase a posibilidade de acollerse a unha Moratoria Non Hipotecaria Sectorial que poderá chegar a ser complementaria da Moratoria Non Hipotecaria Legal ou unha alternativa desta. Contámosche en que casos poderás solicitar a aplicación da Moratoria non hipotecaria Sectorial.

Ten en conta que esta medida só afectará as persoas que se atopen en situación de vulnerabilidade económica debido ao impacto do COVID-19. A continuación, detallámosche os aspectos máis relevantes que debes ter en conta antes de xestionar unha solicitude.

A maiores, lembrámosche que poderías beneficiarte tamén das Moratorias Hipotecarias, tanto Legal, como Sectorial.

A que productos afecta esta medida?

A Moratoria Non Hipotecaria Sectorial aplicarase a calquera préstamo ou crédito sen garantía hipotecaria cando estea contratado por unha persoa física (inclúense empresarios e profesionais). A condición de que se formalizaran antes do 14 de marzo de 2020.

O préstamo ou crédito non poderá presentar incumprimentos de máis de dúas cota na data na que se declarou o Estado de Alarma (14/03/2020).

Exclúense expresamente as tarxetas de crédito cuxa modalidade elexida sexa a de pago total do crédito disposto, dunha vez, e sen aprazamento.

Ademais, só poderá ser solicitada polo titular persoa física (incluídos autónomos), quedando excluidos os fiadores e avalistas do deudor principal. O beneficiario debe atoparse en situación de vulnerabilidade económica debido ao impacto do COVID-19.

É moi importante que lembres que para poder acollerte a esta Moratoria Non Hipotecaria Sectorial debes solicitar primeiro á Moratoria Non Hipotecaria Legal.

En que consiste a Moratoria Non Hipotecaria Sectorial e cales son os seus efectos?

Consiste no aprazamento da parte da cota relativa ao capital do préstamo/crédito durante o prazo da moratoria (como máximo 6 meses), ou unha solución financeiramente equivalente. No caso de que con carácter previo gozases da Moratoria non hipotecaria legal (na actualidade 3 meses), a suma de ambas non poderá exceder devandito prazo máximo.

Aínda que non se esixa a parte da cota relativa ao capital, terás que facer fronte ao pago da parte da cota relativa aos intereses ordinarios durante o período que dure a moratoria.

Isto non significa a condonación da débeda. Unha vez finalice o prazo da moratoria reactivarase a operación. A moratoria poderá producir o efecto de ampliar a duración do préstamo ou crédito o número de meses que dure a suspensión.

No caso de que o crédito ou préstamo estivese garantido mediante algún dereito inscribible distinto da hipoteca ou accedese ao Rexistro de Venda a Prazos de Bens Mobles, tan pronto se restableza plenamente a liberdade deambulatoria, informarémoste, no caso de que a formalización da moratoria o esixa e a Entidade así o requira, da obrigatoriedade que tes de comparecer na Notaría, parar asinar a correspondente novación do préstamo ou crédito ou, no seu caso, a proceder de acordo ás normas xerais aplicables.

O exposto no parágrafo anterior non impedirá que o aprazamento da débeda produza os seus efectos desde a data efectiva da súa solicitude.

Que se considera unha situación de vulnerabilidade económica?

Para poder optar á Moratoria Non Hipotecaria Sectorial deberá darse un dos seguintes supostos:

a) Que o titular persoa física (incluidos autónomos) pase a estar en situación de desemprego debido ao impacto do COVID-19. En caso de ser empresario ou profesional, terase en conta se sofre unha perda substancial dos seus ingresos, ou unha caída de polo menos o 40% das súas vendas.

b) Que, a consecuencia da emerxencia sanitaria, o resultado da suma da cota hipotecaria (ou o importe da renda de alugueiro da vivenda habitual), as cotas de financiamentos sen garatía hipotecaria e os gastos de subministracións básicos resulten superiores ou iguais ao 35% dos ingresos netos da unidade familiar. (*)

c) Que, como consecuencia da emerxencia sanitaria, a unidade familiar sufrise unha alteración significativa das súas circunstancias económicas, facendo que a suma da cota hipotecaria (ou o importe da renda do alugueiro da vivenda habitual) e as cotas de financiamentos sen garantía hipotecaria se multiplicasen por polo menos 1,3.

Por exemplo, se os ingresos mensuais netos dunha unidade familiar son de 1500 €, e a cota mensual da hipoteca é de 350 € e a cota do préstamo/crédito de 150 € -> ESFORZO ACTUAL é de 0,333 (350 + 150€/1500 €).

Consideraríase alteración significativa cando ese cociente exceda do 0,433 (resultado de multiplicar 0,333 polo 1,3). Por exemplo, se os ingresos netos mensuais da unidade familiar descenden a 1000 € debido ao impacto do COVID-19, e mantense a cota hipotecaria e a do préstamo = NOVO ESFORZO DO 0,50 (35€ +150€/1000€), que ao ser superior ao 0,433 de referencia, consideraríase unha alteración significativa da súa circunstancia económica

(*) Potencial beneficiario: quen estea facendo fronte a unha débeda sen garantía hipotecaria dos préstamos ou créditos afectados por esta medida.

(**) Como unidade familiar enténdese: o debedor, o seu cónxuxe non separado legalmente ou parella de feito rexistrada e os fillos, con independencia da súa idade, que residan na vivenda, inclúese aos vinculados por unha relación de tutela, garda ou acollemento familiar e o seu cónxuxe non separado legalmente ou parella de feito rexistrada, que residan na mesma vivenda.

Como acredito a situación de vulnerabilidade financeira? Que documentación preciso?

Para poder xustificar que se cumpren algunhas das situacións de vulnerabilidade económicas descritas, deberás presentar os seguintes documentos:

  • Certificado de desemprego expedido pola entidade xestora onde figure a contía mensual percibida en concepto de prestacións ou subsidios por desemprego.
  • En caso de cesamento de actividade dos traballadores por conta propia mediante certificado expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria ou o órgano competente da Comunidade Autónoma sobre a base da declaración do cese de actividade declarada polo interesado.

  • Declaración responsable relativa ao cumprimento dos requisitos esixidos pola normativa para considerarse sen recursos económicos suficientes.

No caso de que non puideses achegar algún dos documentos detallados, tes a opción de cumprimentar unha Declaración Responsable que inclúa xustificación expresa dos motivos, relacionados coa crise do COVID-19 que che impiden tal achega.

Cando se produza o levantamento do Estado de Alarma será obrigatorio que achegues todos os documentos orixinais no prazo máximo de 1 mes na túa oficina.

Como e cando podo solicitar a Moratoria Non Hipotecaria Sectorial?

Se cumpres algún dos requisitos descritos nos puntos anteriores poderás solicitar á moratoria, ata o 29 de xuño de 2020, ser perxuízo das prórrogas que no seu caso autorice a Autoridad Bancaria Europea (en adiante "EBA" polas súas siglas en inglés).

Para que poidas acollerte a esta Moratoria Non Hipotecaria Sectorial, deberás solicitar con carácter previo a Moratoria Non Hipotecaria Legal. Unha vez que disfrutases dos beneficios que che otorga esta última e vencido o seu prazo (na actualidade 3 meses), poderás acollerte á Moratoria Non Hipotecaria Sectorial, ata un prazo que, sumado ao da Moratoria Non Hipotecaria Legal, non supere o máximo previsto (na actualidade 6 meses).

Se non cumpres os requisitos para acollerte a Moratoria Non Hipotecaria Legal, e se cumpres os da Moratoria Non Hipotecaria Sectorial, poderás acollerte a esta última desde o momento da data efectiva de Solicitude e por un prazo máximo de 6 meses

Para iso, deberás encher este formulario online de solicitude, no que terás que cubrir os datos económicos que che indicamos, achegar no seu caso, a documentación que consideres e asinar o documento de Solicitude de Moratoria e a Declaración Responsable.

Se tes contratado algún seguro de Protección de Pagos a través da nosa Entidade, es empregado por conta allea e indefinido e te atopas nunha situación de desemprego, ERTE ou ERE, infórmate das coberturas deste seguro e valora que solución se adapta mellor á túa situación. Pata tramitalo non é preciso acudir fisicamente á túa oficina, xa que poder iniciar o proceso a través deste formulario.

Cando saberei se me concederon a Moratoria Non Hipotecaria Sectorial?

No momento no que analicemos a túa solicitude, enviarémosche un email á dirección de correo electrónico que nos facilitaras informándote se cumpres ou non todos os requisitos para levar a cabo a moratoria solicitada.

A solicitude de Moratoria Non Hipotecaria Sectorial será efectiva no momento en que aportes toda a documentación requerida ou, de non ser posible, a Declaración Responsable xustificatica dos motivos de non poder achegala no momento actual.

Por exemplo, se presentas a solicitude xunto coa documentación necesaria ou a declaración responsable de non poder aportarla no momento actual, o 23 de abril, a próxima cota que non pagarás, será a de maio.

En ABANCA procederemos nun prazo máximo de 30 días a contar desde a data efectiva da solicitude, a implementar a Moratoria Non Hipotecaria Sectorial; sempre que cumpras coa definición do criterio de vulnerabilidade económica.

Informarémoste puntualmente se cumpres os requisitos e podes acollerte á Moratoria Non Hipotecaria Sectorial, ou no seu caso dos motivos de non poder beneficiarte da mesma.

Outras consideracións

A aplicación indebida destas medidas implicaría que:

  • Serás responsable dos danos e prexuízos, así como dos gastos xerados pola aplicación desta medida de moratoria (estes non poderán ser inferiores ao beneficio indebidamente obtido pola aplicación da norma), sen prexuizo doutro orden de responsabilidade.

  • Incorrerás en responsabilidade se voluntaria e deliberadamente buscases situarte ou manterte nos supostos de vulnerabilidade económica coa finalidade de obter a aplicación das medidas contempladas na normativa.

  • Poderemos esixirche en calquera momento que nos acredites documentalmente o mantemento da situación que orixinou a concesión da medida de flexibilización.

Para saber máis...

dúbidas

DOCUMENTACIÓN