Moratoria para afectados pola erupción volcánica de La Palma

En que consiste a moratoria?

Unha das medidas urxentes aprobadas polo Goberno de España para mitigar os efectos sociais e económicos da erupción volcánica na illa canaria de La Palma, consiste na posibilidade de que os afectados poidan atrasar durante un tempo o pago de certos tipos de operacións con ou sen garantía sobre un inmoble na Palma. Por exemplo, se unha persoa ten un préstamo a 18 meses e solicita unha moratoria de seis meses, a duración do contrato estenderíase ata os 24 meses, e neses seis meses non tería que pagar ningunha cota.

O prazo máximo é de seis meses, aínda que podería ser ampliado noutros seis meses adicionais se así o acordase o Consello de Ministros.

Este procedemento non supón ningún gasto nin comisión adicional para os nosos clientes.

Quen pode solicitar a moratoria?

Poderán solicitar esta moratoria:

  • As persoas ou empresas que sexan titulares de operacións sobre un inmoble situado na Palma.
  • Os residentes na illa que sexan titulares de préstamos ou créditos persoais ou produtos de leasing mobiliario.
  • As empresas ou autónomos cuxa actividade económica principal se atope na Palma.

Se es fiador, avalista ou hipotecante non debedor, infórmate dos efectos desta lei sobre os teus dereitos e deberes.

Como se pode solicitar?

Para solicitar a moratoria será necesario que contactes coa túa oficina para que che faciliten o formulario de solicitude que deberás completar e entregar asinado.

Na solicitude, ademais dos teus datos persoais básicos, deberás especificar se es asalariado, autónomo e cal é a túa actividade económica

Necesito presentar algunha documentación?

Os requisitos son diferentes segundo o caso:

  • Se se trata dunha operación sobre un inmoble na illa, será suficiente cubrir a solicitude.
  • No caso doutros tipos de operacións de residentes na Palma, deberase achegar un certificado de empadroamento.
  • Se se trata da túa empresa ou negocio, e tes unha operación de préstamo/crédito persoal ou leasing mobiliario, bastará mediante calquera documento que acredite a túa actividade económica na illa, ou mediante a firma na solicitude de moratoria dunha declaración responsable.

Ata cando se pode solicitar a moratoria?

O prazo de solicitude da moratoria será de 6 meses a contar desde a entrada en vigor da Real Decreto-lei 20/2021 do 5 de outubro (BOE nº 239). É dicir, o prazo terminaría o 6 de marzo de 2022.

Podes consultar todos os detalles no texto orixinal do Real Decreto.