• Axudámosche
  • Oficinas
  • @somosABANCA
  • fa fa-facebook
  • fa fa-linkedin
  • fa fa-instagram
  • Blog
  • Sala de comunicación
  • Banca Privada
  • Banca Persoal
ABANCA
  • Para ti
  • Para a túa empresa
  • Área cliente
  • Faite cliente
Menu
  • Opcións accesibilidade
    • Texto

    • Filtros de cor

    • Seleccionar cores

  • Área cliente
  • Todos os produtos
  • Onde estamos
  • En que podemos axudarche
  • Banca Privada
  • Banca Persoal
  • Sala de comunicación
  • B Blog
  • Tusitiodecompras.es
  • Vive la vida
  • Escogecasa
  • Para a túa empresa
  • Español
  • En euskera

Información sobre cláusulas de chan

  • Servizo de Atención ao Cliente
  • Normativa
  • Información sobre Cláusulas de Chan

ABANCA Corporación Bancaria, S.A. (“Abanca”) implantou un procedemento para a resolución de reclamacións sobre determinadas cláusulas de chan con arranxo ao Real Decreto Lei 1/2017 de 20 de xaneiro, de medidas urxentes de protección de consumidores en materia de cláusulas de chan.

Información pública • Procedemento • Datos de contacto

INFORMACIÓN PÚBLICA

Para cumprirmos co establecido no devandito Real Decreto Lei, ABANCA comunícalles aos seus clientes a seguinte información:

  • Os clientes que teñan incluídas nos seus contratos de empréstito ou crédito hipotecario determinadas cláusulas de chan a que se refire o real decreto lei, poden acollerse ao procedemento a partir do 21 de febreiro de 2017.

  • ABANCA creou un servizo especializado incardinado no Servizo de Atención ao Cliente.

  • Este servizo terá un prazo de 3 meses desde a súa recepción para darlles resposta ás reclamacións presentadas. O prazo de resposta para as reclamacións recibidas con anterioridade ao 21 de febreiro de 2017, empezará a contar a partir desa data, conforme o circuíto establecido nesta comunicación.

  • O servizo ten carácter voluntario e gratuíto para os clientes consumidores.

PROCEDEMENTO

A partir do 21 de febreiro habilítase un procedemento en ABANCA coas seguintes características:

  • A reclamación poderana entregar os clientes consumidores que se atopen no ámbito de aplicación do Real Decreto Lei 1/2017 (clientes consumidores, titulares dun empréstito ou crédito con hipoteca inmobiliaria e coas cláusulas de chan ás que se refire o real decreto lei) con obxecto de revisar se procede a devolución dos importes cobrados pola existencia desa cláusula.

  • Os clientes poderán acudir á súa oficina habitual ou a calquera oficina de ABANCA co seu documento identificativo e encher o formulario específico habilitado para efecto que se lles facilitará na propia oficina.

  • O formulario debe ir asinado polos titulares do empréstito ou crédito hipotecario obxecto de reclamación, e a oficina deixará constancia da súa recepción.

  • Non é necesario que o cliente achegue documentación adicional coa reclamación.

  • Ao que entregue o formulario de reclamación, iníciase a tramitación do proceso e o servizo especializado incardinado no Servizo de Atención ao Cliente analizará individualmente cada petición atendendo o disposto no real decreto lei.

  • Para responder, no sentido que proceda, ABANCA dispón dun prazo máximo de 3 meses, contado desde a presentación da reclamación ou desde a posta en funcionamento deste servizo (en caso de fose presentada con anterioridade).

  • Por esta canle atenderanse só reclamacións presentadas ao abeiro do real decreto lei.

  • Se a decisión é favorable ao cliente:

    • Informaráselle do importe a devolver. Para proceder á devolución é necesario que todos os titulares do empréstito ou crédito hipotecario obxecto de reclamación estean conformes co importe e que asinen o documento de acordo.

    • Ao que o asinen, ABANCA procederá á liquidación e pagamento da cantidade acordada conforme ao disposto no Real Decreto Lei.

    • As devolucións que, no seu caso, se acordasen, poden xerar obrigas tributarias e comunicaránselle á Axencia Estatal da Administración Tributaria.

    • Se o consumidor non está de acordo co cálculo da cantidade a devolver, ou rexeita a cantidade ofrecida, darase por finalizado o procedemento.

  • Se ABANCA rexeita a solicitude do consumidor, comunicaránselle as razóns en que se motiva a decisión e darase por concluído o procedemento.

  • Se se cumpre o prazo de tres meses e ABANCA non realizou comunicación ningunha ou non aboou de modo efectivo a cantidade ofrecida, finalizará tamén o procedemento.

  • As partes non poderán exercitar entre si ningunha acción xudicial ou extraxudicial, incluíndo reclamacións ante o Servizo de Reclamacións do Banco de España en relación co obxecto da reclamación, durante o tempo en que esta se sustancie.

DATOS DE CONTACTO

  • Presentación de solicitudes: calquera oficina ABANCA (habilitamos formularios específicos co obxectivo de axilizar a súa tramitación).

  • Servizo especializado (cláusulas de chan) - Servizo de Atención ao Cliente

    • Dirección: Rúa Nova, 1 - Entreplanta, 15003 – A CORUÑA

    • Correo electrónico: atencioncliente@abanca.com

  • Servizo de Atención ao Cliente
  • Normativa
  • Información sobre Cláusulas de Chan
  • Axudámosche
  • @somosABANCA
  • SomosABANCA
  • fa fa-youtube
  • fa fa-linkedin
  • fa fa-bold
  • fa fa-instagram
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Presenza Internacional
    • Sala de comunicación
    • Banesco Internacional
    • Axentes Financeiros
    • Traballa en ABANCA
    • Contáctanos
    • Servizo de Atención ao Cliente
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesibles
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Información MIFID
    • Seguridade
    • Outra información legal
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Cuentas Claras: Blog de ABANCA
    • Área cliente
    • Área cliente empresas
    • Bróker online
    • ABANCA Servicios financieros
    • ABANCA USA
    • ABANCA Portugal
    • Escogecasa
    • Open Banking
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
prb-logo-colour
logo-pie-pri
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.