1. Quen é o responsable do tratamento dos teus datos persoais?
É ABANCA Corporación Bancaria, S.A. (en diante, "ABANCA" ou a "Entidade"), provista de NIF A70302039 e con domicilio social en Betanzos (A Coruña), na Rúa Cantón Claudino Pita 2, CP 15300. En ABANCA contamos cun Delegado de Protección de Datos, formalmente designado, co que podes poñerte en contacto se o precisas, escribindo ao enderezo electrónico: privacidad@abanca.com.
2. Cal é a orixe dos teus datos persoais e que datos tratamos?
ABANCA tratará os datos que facilites a través deste formulario coa finalidade de xestionar a túa inscrición e asistencia ao Evento no que estás interesado/a (en diante, o "Evento").
Os datos persoais que che solicitamos a través deste formulario son os estritamente necesarios para cumprir coas finalidades que se indican no apartado 3 ("Para que e con que lexitimación tratamos os teus datos persoais?") do presente Réxime de protección de datos e pertencen ás seguintes categorías: (i) datos de carácter identificativo (p.ex., nome e apelidos); (ii) datos de contacto (p.ex., enderezo de correo electrónico e teléfono); e (iii) no caso de que o convite se dirixa a unha empresa, os datos da mesma asociados á túa persoa como asistente ao Evento en nome daquela.
Informámoste de que no caso de que non nos facilites os datos solicitados, resultará imposible xestionar a túa inscrición e asistencia ao Evento. Así mesmo, lembrámosche que os datos persoais que nos facilites deberán ser certos, veraces e actualizados para as finalidades que se solicitan.
Adicionalmente, no caso de que sexas Cliente de ABANCA, informámoste de que dispós de información adicional sobre os tratamentos que ABANCA realiza sobre os teus datos persoais consultando a política de privacidade na súa páxina web (https://www.abanca.com/es/legal/politica-privacidad-clientes/).
3. Para que e con que lexitimación tratamos os teus datos persoais?
O tratamento dos teus datos persoais referidos no apartado 2 ("Cal é a orixe dos teus datos persoais e que datos tratamos?") da presente Política de Privacidade persegue as seguintes finalidades:
1) Xestionar e tramitar a túa inscrición e asistencia ao Evento, o que incluirá:
- Rexistrar a túa inscrición e xestionar a túa asistencia no Evento;
- Remitir comunicacións estritamente necesarias para a organización e celebración do Evento tales como, por exemplo, confirmacións de inscrición, recordatorios, información sobre a axenda, localización, posibles cambios de última hora e/ou calquera outra notificación operativa relacionada co Evento; e
-  Xestionar o control de acceso e a túa correcta identificación o día do Evento. A base xurídica que lexitima os tratamentos referidos no presente apartado 1) é o consentimento que outorgas ao enviar cuberto este formulario. 
2) Captación e difusión da información gráfica obtida no transcurso do Evento: durante a celebración do Evento poderanse tomar fotografías e/ou realizar gravacións de vídeo xerais co obxectivo de documentar o Evento. Procurarase que as tomas se centren no desenvolvemento xeral do Evento e non na identificación individualizada dos asistentes ao mesmo, salvo que a propia dinámica do acto ou a voluntariedade do interesado así o propicien (por exemplo, naqueles casos onde o interesado participe activamente na captación). En consecuencia, nesas imaxes e/ou vídeos, a túa imaxe poderá aparecer de maneira accesoria (é dicir, non como elemento central da toma, senón como parte do ambiente xeral do Evento ou como integrante dun grupo de asistentes). Estas fotografías e/ou vídeos utilizaranse para a confección e difusión de información gráfica e/ou audiovisual sobre o Evento (a título enunciativo, pero non limitativo, novas internas, resumos, memorias, notas de prensa, etc.). Dito contido poderá ser reproducido e difundido a través de diversos canais, incluíndo Internet (por exemplo, a través de redes sociais, páxinas web de ABANCA, plataformas xestionadas por ABANCA -por exemplo, a Intranet corporativa do Grupo ABANCA-, medios de comunicación, etc.) durante o tempo necesario para a consecución das finalidades descritas.
A base xurídica que lexitima o tratamento referido no presente apartado 2) é o interese lexítimo de ABANCA en documentar, difundir e dar a coñecer o Evento no exercicio da súa actividade cultural.
4. A quen comunicaremos os teus datos persoais?
Sen prexuízo da difusión da información gráfica do Evento segundo o disposto no anterior apartado 3, os teus datos persoais non serán comunicados a ningún terceiro, salvo que concorra unha obriga legal aplicable a ABANCA.
5. Está prevista algunha transferencia internacional de datos persoais?
Informámoste de que non está prevista a realización de ningunha transferencia internacional dos teus datos persoais para acadar as finalidades indicadas no apartado 3 ("Para que e con que lexitimación tratamos os teus datos persoais?") do presente Réxime.
6. Por canto tempo conservamos os teus datos persoais?
Os datos persoais que nos proporciones a través do formulario web do que forma parte o presente Réxime de protección de datos serán conservados durante o tempo necesario para cumprir coas finalidades indicadas no apartado 3 ("Para que e con que lexitimación tratamos os teus datos persoais?") deste documento.
Unha vez cumpridas as finalidades indicadas, ditos datos persoais serán bloqueados conforme ao previsto na normativa que resulte de aplicación, o que implica que estarán dispoñibles só para a formulación, exercicio e defensa de reclamacións ou a solicitude de Xuíces e Tribunais, o Ministerio Fiscal ou as Administracións Públicas competentes durante os prazos de prescrición legal que resulten de aplicación (con carácter xeral, cinco anos, que é o prazo de prescrición das accións persoais). Transcorrido dito prazo, os datos serán eliminados.
7. Cales son os teus dereitos en materia de protección de datos?
Poderás exercitar os teus dereitos de acceso, rectificación, supresión, oposición, limitación do tratamento, portabilidade e revogación do consentimento, por escrito dirixido ao Departamento de Marketing de ABANCA no enderezo postal: Rúa Nova 30, 2ª planta, CP 15003, A Coruña ou a través do enderezo de correo electrónico: publicidade@abanca.com. Nesa comunicación deberás identificarte adecuadamente, indicar a referencia "Dereitos RGPD" xunto co "Nome do Evento" e o concreto dereito a exercitar. Así mesmo, poderás interpoñer unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos no caso de que consideres que os teus dereitos foron vulnerados.
Tramitaremos a túa solicitude coa maior brevidade posible e, en todo caso, dentro do prazo legal dun (1) mes a partir da recepción do teu escrito. Dito prazo poderá prorrogarse outros dous (2) meses no caso de ser necesario, tendo en conta a complexidade e o número de solicitudes recibidas. Neste último caso, informaráselle da prórroga dentro do transcurso do primeiro mes desde a recepción da solicitude, indicando os motivos da dilación.