Axudámoste a axudar ao medio ambiente
Este banco fano as persoas.
Somos un banco comprometido contigo, pero tamén co planeta. Traballamos para coidar de ti, pero tamén de todos e todo o demais.
Queremos devolverlle á natureza todo o que nos deu e facémolo restaurando bosques que se viron degradados por incendios forestais ou catástrofes naturais.
-
Especies autóctonas
Apoiamos a plantación e recuperación de bosques de coníferas e frondosas, especies autóctonas das zonas a repoboar.
-
Axuda profesional
Confiamos en especialistas que seguen todos os coidados para que as árbores crezan sans.
-
Sen custe
Por suposto! Farémonos cargo de todo e ti non te terás que preocupar por nada.
-
Pegada de carbono
Os nosos clientes axúdannos a compensar o noso impacto no medio ambiente.
-
Reforestamos zonas degradas por incendios ou catástrofes
Promovemos a plantación de especies autoctónas de Galicia, frondosas e coníferas ecolóxicamente adaptas ás áreas donde realizaremos as plantacións. Concretamente en áreas forestales degradadas que necesitan ser restauradas porque se viron afectadas por incendios forestais ou por ter no pasado un uso distinto ao forestal.
Para iso contamos coa axuda do equipo de expertos da Fundación Arume e da Asociación Forestal de Galicia, que se encargarán de plantar as árbores na época do ano idónea e coidalas da mellor forma posible para que crezan sans e fortes.
As actuacións seguen un modelo silvícola establecido que debe contar cunha certificación baseada en boas prácticas de xestión forestal.
Respiramos tranquilos
Este banco fano as personas. Persoas que transforman propósitos en feitos en favor dos nosos montes.
Queremos conseguir que as árbores sigan sendo o fogar de máis do 80% da biodiversidade mundial, que axuden a mitigar o quentamento global e que nos axuden a reducir o CO2 da atmosfera.
Co noso apoio, no ano 2022 restauráronse áreas forestais que ocupan un total de 233,65 hectáreas de superficie en distintos municipios das catro provincias galegas, como O Rosal, Dodro, O Valadouro, Lobeira ou Lalín. Nesa superficie instaláronse 350.000 árbores, o que nos permite estar moi preto de superar as 500.000 árbores instalados desde o ano 2020.
O obxectivo desta iniciativa é compensar as emisións de CO2 que non puidemos reducir da nosa pegada operativa. ABANCA é neutra en carbono desde o ano 2020.