Adianto de axudas MEC

Anticipámosche o diñeiro da bolsa de estudos do Ministerio de Educación para que empeces a vida de estudante con tranquilidade desde o primeiro día e te dediques a construír o teu futuro.

Canto podo pedir?

Podes solicitar ata o 95% da axuda que che concedeu o Ministerio de Educación, cun máximo de 5000 €.

Cando teño que devolvelo?

Tes ata 10 meses para devolveres o adiantado, e farás un único pagamento ao cabo dese tempo, sen cotas.

En que condicións?

O anticipo das axudas MEC faise sen xuros de ningún tipo, e só terás que pagar unha comisión de apertura do 3,45% do importe adiantado.

Que necesito presentar?

Necesitamos que teñas conta en ABANCA e que nos presentes unicamente o comprobante de concesión da bolsa do Ministerio.

Información básica

As bolsas e axudas que concede o Ministerio de Educación non sempre se ingresan antes de comezar o curso. Para que poidas asumir os custos de empezar o curso, en ABANCA adiantámosche ata o 95% da cantidade que che concedeu o Ministerio de Educación, cun límite máximo de 5.000€.

O adianto non ten xuros, só terás que pagar unha comisión de apertura do 3,45% cando che concedamos o adianto. Por iso o tipo de xuro é do 0,00% TIN e do 4,30% TAE. A conta asociada ao adianto non terá comisións de mantemento nin administración mentres dure o adianto ou ata que o cliente cumpra os 30 anos*.

Exemplo para un anticipo de 5000 €

Para un préstamo de 5000€ a devolver en 10 meses, cantidade e prazo máximo que podes solicitar de anticipo no caso de que a bolsa concedida polo Ministerio sexa por un importe de 5263,16 € ou superior, terás un TIN do 0,00% fixo para toda a vida do préstamo e unha TAE do 4,30%. Deste xeito, o importe total a pagar sería de 5.172,50€ nun único pago. O custo total da financiación sería de 172,50€ (3,45%) en concepto de comisión de apertura e non pagarías ningún xuros.

O sistema de amortización deste préstamo é amortización única ao vencemento.

Tes menos de 30 anos? Sen comisións!

Se tes menos de 30 anos, entras directamente no noso Programa Servizos ABANCA. Terás transferencias online gratis e a Tarxeta Ti NX, coa que poderás sacar diñeiro ata cinco veces ao mes en caixeiros do estranxeiro, e sen comisión por cambio de divisa!

Se es novo, ABANCA é para ti

Unha conta corrente, a tarxeta Ti NX e a app de ABANCA é todo o que precisas para xestionar o teu diñeiro.

Ademais, se tes entre 16 e 29 anos, non pagarás as comisións de mantemento e apertura da conta e as transferencias online serán de balde. Ademais, ata os 35 anos terás a tarxeta Ti NX gratis, coa que poderás retirar diñeiro totalmente gratis en todos os caixeiros de ABANCA, e fóra de Galicia ata 5 veces ao mes en calquera caixeiro da rede Euro 6000, Euronet, Banco Sabadell, Bankinter, Caja de Arquitectos e Caja de Ingenieros. Ademais, tamén é perfecta para viaxar porque non che cobra comisión por cambio de divisa e permíteche facer 5 retiradas ao mes en caixeiros fóra de España.

Exemplo para un anticipo de 5000 €

Para un préstamo de 5000€ a devolver en 10 meses, cantidade e prazo máximo que podes solicitar de anticipo no caso de que a bolsa concedida polo Ministerio sexa por un importe de 5263,16 € ou superior, terás un TIN do 0,00% fixo para toda a vida do préstamo e unha TAE do 4,30%. Deste xeito, o importe total a pagar sería de 5.172,50€ nun único pago. O custo total da financiación sería de 172,50€ (3,45%) en concepto de comisión de apertura e non pagarías ningún xuros.

O sistema de amortización deste préstamo é amortización única ao vencemento.

Falamos?

Axudámoste a que o financiamento non free o teu futuro.
Pide cita agora na túa oficina ABANCA máis próxima.

¿Tes preguntas? Nós respostas

dúbidas

O Anticipo das Bolsas MEC vence ao cabo de 10 meses, é dicir, cancelarase automáticamente ao remate dese período. En calquera caso, se queres cancelar o adianto antes de que chegue esa data podes facelo: só tes que comunicarllo á túa oficina para que fagan o trámite e retiren a cantidade adiantada da túa conta.

Podes pedir o Adianto de Axudas do Ministerio de Educación e Cultura para calquera das axudas que dependen do ministerio, entre elas as bolsas para os estudos de grao, diplomatura e licenciatura, as bolsas para os estudos de mestrado, as bolsas para os estudos de doutoramento ou as axudas do programa Erasmus, entre outras.

Tamén podes optar ao adianto de axudas para o ensino de bacharelato ou formación profesional, pero lembra que tes que ter polo menos 18 anos para poder beneficiarte deste adianto.

DOCUMENTACIÓN

NO BLOG