
Tarxeta Tú NX
Se tes entre 12 e 34 anos e che gusta viaxar, ver mundo ou simplemente non dedicar nin un minuto a buscar un caixeiro que non che cobre comisións, esta é a túa solución: unha tarxeta para utilizar onde queiras, aquí ou en Wisconsin.
Más información
Aqui texto con más información
-
É para min?
Se tes entre 12 e 34 anos e necesitas dispor do teu diñeiro en calquera lugar do mundo, esta é a túa tarxeta.
-
Que aforro?
Non pagarás comisións de emisión nin mantemento, nin comisión por troco de divisas no estranxeiro
-
Que é o mellor?
Podes retirar cartos en calquera caixeiro do mundo sen necesidade de buscar un específico.
-
E que máis?
Benefíciate de descontos en gasolineiras Galp e en centos de establecementos co programa Privilexios EURO 6000.
Onde queiras, cando queiras
Se tes entre 12 e 34 anos e xestionas o teu diñeiro, a tarxeta Tú NX é sen dúbida a mellor opción. Sobre todo se queres que non che custe nada. Con esta tarxeta, que non ten comisións nin de emisión nin de mantemento, poderás sacar cartos fóra de España e non che cobraremos comisión por troco de divisa.
Recorda que aos menores de idade lles daremos de alta a tarxeta seguindo as indicacións do tutor legal e coa súa autorización.
Imaxina que estás en Madison, Wisconsin (EEUU), e necesitas dólares. Poderás obter diñeiro no primeiro caixeiro que vexas, e non che cobraremos nada, nin sequera polo troco de moeda. E poderás facelo até cinco veces ao mes. A partir desa quinta vez, só che cobraremos un euro por cada retirada. Lembra que hai bancos estranxeiros que poderían cobrarche unha comisión polo uso do caixeiro, pero nós non!
Poderás sacar diñeiro totalmente gratis en todos os caixeiros de ABANCA, e fóra de Galicia ata cinco veces ao mes en calquera caixeiro da rede EURO 6000, Bankia, Banco Sabadell, Bankinter, Caja de Arquitectos y Caja Ingenieros. Todos os bancos (en España é obrigatorio) teñen que informar desta comisión mediante unha mensaxe na pantalla do caixeiro, para que poidas confirmar ou anular a operación.
Vale, quero a miña Tú NX!
Para desfrutar da tarjeta Tú NX, necesitas ter unha conta corrente en ABANCA. Para abrires a conta sen pasar pola oficina necesitarás ser maior de idade, ter a túa documentación contigo e realizar unha transferencia desde outra conta da que sexas titular. Ao rematares o proceso, terás xa o número da túa nova conta e en cuestión de días recibirás a túa tarxeta Tú NX e as túas chaves para entrares na banca electrónica. Tardarás menos de cinco minutos!
Se xa es cliente de ABANCA e aínda non tes a túa tarxeta, podes solicitala no formulario de máis arriba ou achegarte á túa oficina para pedila.
Se o que queres é que nos vexamos e que che expliquemos ben todas as vantaxes aplicadas ao teu caso concreto, temos as portas das nosas oficinas abertas para ti.
E moitas vantaxes máis
Aínda que todas as nosas tarxetas son moi seguras, coa Tú NX terás un seguro antifraude gratuito para protexerte en caso de que alguén faga un uso malicioso da túa tarxeta. E se precisas tramitar algunha incidencia, contámosche cómo podes facelo sen saír da casa.
Tamén terás descontos nas compras que fagas, como o 2% en todas as estacións de servizo Galp asociadas a esta promoción. Consulta aquí as condicións
E se te apuntas á campaña de Privilexios EURO 6000 tamén obterás descontos instantáneos en centos de establecementos se pagas coa túa tarxeta de débito Tú NX. Podes estar ao tanto de todas as promocións e descontos que inclúe subscribíndote á newsletter dende a súa web.

Para saber máis...
dúbidas
-
Que necesito para conseguir a miña tarxeta Tú NX?
Só necesitas ter entre 12 e 34 anos. Se es menor de idade, necesitarás acudir a unha oficina ABANCA canda a túa nai, teu pai, ou quen exerza a túa titoría legal para formalizardes o contrato.
DOCUMENTACIÓN
NO BLOG