Vantaxes deste préstamo de estudo
Inviste en formación
Ata 60.000€
Para matrícula e gastos
Para ti ou para os teus fillos
Empeza a pagar máis tarde
Dispón só do diñeiro que necesites
Financiamento para estudos universitarios
Se estás a piques de iniciar a túa carreira ou comezar os teus estudos de posgrao en calquera universidade ou centro de estudos, tanto español como internacional, en ABANCA axudámoste.
O Préstamo ABANCA Estudia(*) cobre o total da matrícula, cun máximo de 60.000 euros. Ademais, tamén podes solicitar ata un 15% do importe da matrícula e outros custos ou honorarios académicos para facer fronte aos gastos do día a día mentres estudas.
Comeza a pagar máis tarde
Co Préstamo ABANCA Estudia gozarás dunha carencia no pago do capital de 12, 24, 36 ou 48 meses. Deste xeito, ata que pase o prazo de carencia que elixas, non terás que devolver o capital e só pagarías os xuros correspondentes ao diñeiro disposto, é dicir, ao diñeiro que gastases. A carencia que podes solicitar non poderá superar a metade do prazo do préstamo.
Exemplo para 12.000€ | |
|---|---|
| Importe | 12.000€1 |
| Prazo | 4 anos (48 meses) |
| Carencia do capital | 2 anos (24 meses) |
| TIN | 7,55% |
| TAE | 10,45% |
| Cota de xuros en período de carencia | 37,75€ 1er año; 75,50€ 2º año |
| Cota despois de carencia | 540,27€ |
| Última cota | 540,21€ |
| Importe total debido | 15.057,42€ |
| Custo total do préstamo | 3.057,42€2 |
A TAE deste préstamo está calculada baixo o suposto de formalización da operación o primeiro día do ano. A TAE poderá variar desde o 8,59%3 ata o 13,10%4 en función de importe, prazo, carencia, comisión de apertura, tipo e comisión de mantemento da conta. O sistema de amortización é o EPC (francés ou cota constante). Lembra que a concesión de calquera préstamo, en calquera banco, depende dunha análise do caso particular.
Falamos?
Axudámoste a que o financiamento non free o teu futuro.
Pide cita agora na túa oficina ABANCA máis próxima.
(*) O Préstamo ABANCA Estudia é un préstamo a tipo fixo, que che dá a tranquilidade de saber o que vas pagar todos os meses, ao 7,55% TIN; 10,45% TAE, a devolver nun prazo máximo de oito anos (96 meses). A única comisión que pagarás é un 1% de comisión de apertura sobre o importe do préstamo que solicites. Ten en conta que a formalización da operación podería ter algún outro gasto, por exemplo se necesitas achegar garantías ou se consideramos que a operación debe asinarse ante notario.
As condicións do produto serán as que en cada momento figuren na web.
(1) En cada exemplo representativo, para realizar o cálculo da TAE partíuse do suposto de que o prestatario dispón do importe do préstamo concedido ao inicio de cada un dos anos do período de carencia a partes iguais.
(2) Nestes 3.057,42€ inclúense todos os gastos incorridos: 2.325,42€ en concepto de xuros; 120€ de comisión de apertura, e 36€ ao trimestre de comisión de mantemento da conta asociada.
(3) Exemplo para 60.000€1 a devolver en 8 anos (96 meses): TIN 7,55%; TAE 8,59%. Carencia de capital de 4 anos (48 meses). Cota de xuros en período de carencia: 94,38€ primeiro ano; 188,75€ segundo ano: 283,13€ terceiro ano; 377,50€ cuarto ano. Cota mensual a partir da finalización do período de carencia: 1.452,13€. Última cota: 1.452,38€. Importe total adebedado do préstamo: 82.815,61€. Custo total do préstamo: 22.815,61€, que inclúen 21.027,61€ de xuros, 600€ de comisión de apertura e 36€ ao trimestre de comisión de mantemento da conta asociada.
(4) Exemplo para 5000€1 a devolver en 2 anos (24 meses): TIN 7,55%; TAE 13,10%. Carencia de capital de 1 ano (12 meses). Cota de xuros en período de carencia: 31,46€. Cota mensual a partir da finalización do período de carencia: 433,90€. Última cota: 433,94€. Importe total adebedado do préstamo: 5.958,36€. Custo total do préstamo: 958,36€, que inclúen 584,36€ de xuros, 50€ de comisión de apertura e 36€ ao trimestre de comisión de mantemento da conta asociada.
¿Tes preguntas? Nós respostas
Os Préstamos ABANCA Estuda non teñen apenas gastos. Non teñen comisión de estudo nin de mantenmento, e só teñen comisión de apertura.
- No caso dos Préstamos ABANCA Estudia e Préstamos ABANCA Estudia UIE, esta comisión será únicamente do 1%.
- O Adianto das Axudas do Ministerio de Educación e Cultura ten unha comisión de apertura do 3,40%, pero non ten ningún tipo de interese.
Para concederche un Préstamo ABANCA Estuda necesitaremos que nos proporciones o xustificante da matrícula do grao ou posgrao que vaias realizar.
No caso do Adianto das Axudas do Ministerio de Educación e Cultura o que nos tes que proporcionar é o comprobante da concesión da bolsa e, ademais, que estableceses unha conta de ABANCA para recibir o ingreso da bolsa. Podes abrir unha contaAbrirase nunha nova ventá. directamente desde esta web, 100% online.
DOCUMENTACIÓN
NO BLOG