• Axudámosche
  • Oficinas
  • @somosABANCA
  • fa fa-facebook
  • fa fa-linkedin
  • fa fa-instagram
  • Blog
  • Sala de comunicación
  • Banca Privada
  • Banca Persoal
ABANCA
  • Para ti
  • Para a túa empresa
  • Área cliente
  • Faite cliente
Menu
  • Opcións accesibilidade
    • Texto

    • Filtros de cor

    • Seleccionar cores

  • Área cliente
  • Todos os produtos
  • Onde estamos
  • En que podemos axudarche
  • Banca Privada
  • Banca Persoal
  • Sala de comunicación
  • B Blog
  • Tusitiodecompras.es
  • Vive la vida
  • Escogecasa
  • Para a túa empresa
  • Español
  • En euskera

Préstamo ABANCA Estudia

A formación non é un capricho. Por iso, temos o Préstamo ABANCA Estudia, un produto específico para estudos universitarios de grao ou posgrao cun tipo de xuro moi interesante.

  • Ata 60.000€
  • 8,70% TXN
  • 11,42% TAE
  • Solicítao agora https://solicitudonline.abanca.com/SolicitudCita/gl/4_prestamo_grado_generico/J
  • Inviste en formación

    Para estudos de grao e posgrao de calquera universidade ou centro de estudos, tanto español como internacional.

  • Ata 60.000€

    Solicita desde 5000€ e ata 60.000€, e devólveo entre dous e oito anos.

  • Para matrícula e gastos

    Este préstamo cobre o total da matrícula e os gastos do día a día.

  • Para ti ou para os teus fillos

    Solicita financiamento para os teus estudos universitarios ou os dos teus fillos.

  • Empeza a pagar máis tarde

    Ofrecémosche a opción de empezar a devolvelo pasados ata 48 meses e durante eses meses só pagas xuros.

  • Dispón só do diñeiro que necesites

    E só che cobraremos xuros polo diñeiro disposto.

Financiamento para estudos universitarios

Se estás a piques de iniciar a túa carreira ou emprender os teus estudos de posgrao (máster, doutoramento, especialización…) en calquera universidade ou centro de estudos, tanto español ou internacional, en ABANCA axudámoste.

O Préstamo ABANCA Estudia cobre o total da matrícula, cun máximo de 60.000 euros. Ademais, tamén podes solicitar ata un 15% do importe da matrícula e outros custos ou honorarios académicos para facer fronte aos gastos do día a día mentres estás a estudar. Este préstamo ofréceche a posibilidade de dispoñer só do diñeiro que necesites cada ano, pagando unicamente pola cantidade disposta.

O Préstamo ABANCA Estudia é un préstamo a tipo fixo, que che dá a tranquilidade de saber o que vas pagar todos os meses, ao 8,70% TXN; 11,42% TAE, a devolver nun prazo máximo de oito anos (96 meses). A única comisión que pagarás é un 1% de comisión de apertura sobre o importe do préstamo que solicitases.

Ten en conta que a formalización da operación podería ter algún outro gasto, por exemplo se necesitas achegar garantías ou se consideramos que a operación debe asinarse ante un notario.

Empeza a pagar máis tarde

Co Préstamo ABANCA Estudia gozarás dunha carencia do pago do capital de 12, 24, 36 ou 48 meses. Desta forma, ata pasado o prazo de carencia que elixas, non terás que devolver o capital e só pagarías os xuros correspondentes ao diñeiro disposto, é dicir, o diñeiro que gastases. A carencia que podes solicitar non poderá superar a metade do prazo do préstamo.

Mostrámosche un exemplo


Exemplo
para 12.000€

  • Importe12.000€
  • Prazo 4 anos (48 meses)
  • Carencia do capital2 anos (24 meses)
  • TXN8,70%
  • TAE11,42%
  • Cota de xuros en período de carencia43,50€ 1º ano; 87,00€ 2º ano
  • Cota despois de carencia546,57€
  • Última cota546,47€
  • Importe total debido15.330,58€
  • Custo total do préstamo3330,58€1


A TAE deste préstamo está calculada baixo o suposto de formalización da operación o primeiro día do ano. A TAE poderá variar desde o 9,78%2 ata o 13,75%3 en función de importe, prazo, carencia, comisión de apertura, tipo e comisión de mantemento da conta. O sistema de amortización é o EPC (francés ou cota constante). Lembra que a concesión de calquera préstamo, en calquera banco, depende dunha análise do caso particular.

Falamos?

Axudámoste a que o financiamento non free o teu futuro.
Pide cita agora na túa oficina ABANCA máis próxima.

  • Pide cita cun especialista

As condicións do produto serán as que en cada momento figuren na web.

(1) Nestes 3330,58€ inclúense todos os gastos incorridos: 2683,58€ en concepto de xuros; 120€ de comisión de apertura, e 31€ ao trimestre de comisión de mantemento da conta asociada.

(2) Exemplo para 60.000€ a devolver en 8 anos (96 meses): TXN 8,70%; TAE 9,78%. Carencia de capital de 4 anos (48 meses). Cota de xuros en período de carencia: 108,75€ primeiro ano; 217,50€ segundo ano; 326,25€ terceiro ano; 435,00€ cuarto ano. Cota mensual a partir da finalización do período de carencia: 1484,57€. Última cota: 1484,60€. Importe total debido do préstamo: 85.932,39€. Custo total do préstamo: 25.932,39€, que inclúen 24.309,39€ de xuros, 600€ de comisión de apertura e 31€ ao trimestre de comisión de mantemento da conta asociada.

(3) Exemplo para 5000€ a devolver en 2 anos (24 meses): TXN 8,70%; TAE 13,75%. Carencia de capital de 1 ano (12 meses). Cota de xuros en período de carencia: 36,25€. Cota mensual a partir da finalización do período de carencia: 436,56€. Última cota: 436,58€. Importe total debido do préstamo: 6002,74€. Custe total do préstamo: 1002,74€, que inclúen 673,74€ de xuros, 50€ de comisión de apertura e 31€ ao trimestre de comisión de mantemento da conta asociada.

Para saber máis...

dúbidas

  • Que gastos ten un Préstamo ABANCA Estudia?

    Os Préstamos ABANCA Estuda non teñen apenas gastos. Non teñen comisión de estudo nin de mantenmento, e só teñen comisión de apertura. 

    • No caso dos Préstamos ABANCA Estudia e Préstamos ABANCA Estudia UIE, esta comisión será únicamente do 1%. 
    • O Adianto das Axudas do Ministerio de Educación e Cultura ten unha comisión de apertura do 3,75%, pero non ten ningún tipo de interese.
  • Que documentación teño que proporcionar para solicitar un préstamo ABANCA Estuda?

    Para concederche un Préstamo ABANCA Estuda necesitaremos que nos proporciones o xustificante da matrícula do grao ou posgrao que vaias realizar.

    No caso do Adianto das Axudas do Ministerio de Educación e Cultura o que nos tes que proporcionar é o comprobante da concesión da bolsa e, ademais, que estableceses unha conta de ABANCA para recibir o ingreso da bolsa. Podes abrir unha conta directamente desde esta web, 100% online.

  • Consulta máis información sobre o Préstamo Grado

DOCUMENTACIÓN

  • Resolución alternativa de litixios online en materia de consumo da Unión Europea

NO BLOG

  • Novidades e requisitos das becas MEC
  • Aprende a administrarte e aforrar diñeiro no teu primeiro ano de universidade
  • Catro consellos para aforrar diñeiro se estudas fora da casa (ou o vas a facer)
  • Solicítao agora
  • Axudámosche
  • @somosABANCA
  • SomosABANCA
  • fa fa-youtube
  • fa fa-linkedin
  • fa fa-bold
  • fa fa-instagram
  • Sobre ABANCA

    • Esta web
    • Información corporativa
    • Presenza Internacional
    • Sala de comunicación
    • Banesco Internacional
    • Axentes Financeiros
    • Traballa en ABANCA
    • Contáctanos
    • Servizo de Atención ao Cliente
    • Reconocimientos
  • Aspectos legais e de seguridade

    • Política de privacidade
    • Somos accesibles
    • Política de cookies
    • Aviso legal
    • Taboleiro de anuncios
    • Información MIFID
    • Seguridade
    • Outra información legal
  • Máis webs da rede ABANCA

    • Cuentas Claras: Blog de ABANCA
    • Área cliente
    • Área cliente empresas
    • Bróker online
    • ABANCA Servicios financieros
    • ABANCA USA
    • ABANCA Portugal
    • Escogecasa
    • Open Banking
  • Produtos

    • Contas e aforro
    • Tarxetas
    • Hipotecas
    • Créditos
    • Seguros
    • Plans de pensións
    • Todos os produtos para particulares
    • Necesitas axuda?
    • Todos os produtos para empresas
prb-logo-colour
logo-pie-pri
© 2023 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.