Préstamo Grao
A formación dos nosos fillos non é un capricho. Por iso, lanzamos o Préstamo Grao, un produto específico para estudos universitarios cun tipo de xuro moi interesante (4,15% TXN, 4,50% TAE) co que te queremos axudar a conseguir o mellor futuro para os teus fillos.
- Ata 30.000€
- 4,15% TXN
- 4,50% TAE
-
Para que serve?
Co Préstamo Grao ABANCA poderás financiar os estudos dos teus fillos na universidade
-
Que podo financiar?
Disporás de ata un máximo de 30.000 euros, para que o teu fillo estude a carreira que elixa.
-
En que condicións?
Como o seu destino é a formación, o Préstamo Grao ten un xuro fixo do 4,15% TXN (4,50% TAE), por debaixo do resto dos nosos préstamos.
-
En qué prazo?
Devólveo até en 96 meses, é dicir, oito años.
Investirmos na educación dos nosos fillos é unha das decisións financeiras máis cabais, por iso en ABANCA deseñamos un produto específico para axudarte a ampliar as posibilidades de futuro dos teus: o Préstamo Grao.
- Ao destinarse a fins formativos, o tipo de xuro do Préstamo Grao de ABANCA é notablemente máis baixo ca o do resto dos nosos préstamos de consumo: un 4,15% TXN (4,50% TAE).
- Este tipo de xuro inclúe unha comisión de apertura do 1%, aínda que debes ter en conta que se a operación require a achega de garantías ou a necesidade de formalizala ante un notario, podería haber outros gastos adicionais.
- Podes solicitar ata 30.000 euros, unha cantidade que che permitirá afrontar a matrícula e os gastos dos centros universitarios que elixas. O prazo máximo para que devolvas o préstamo é de 96 meses, é dicir, oito anos.
Exemplo para un préstamo de 30.000 euros
Imaxina que Paula decidiu cursar o Grao Internacional de Administración e Dirección de Empresas nunha prestixiosa universidade.
Para poder pagar comodamente os seus estudos, os seus pais van contratar o Préstamo Grao de ABANCA e solicitaron 30.000 € a devolver en 8 anos. Terían un 4,15% TXN fixo para toda a vida do préstamo (4,50% TAE) co que pagarían 96 cotas de 367,78€ cada mes. Desta maneira, o importe total a pagar do préstamo sería 35.606,43€. O custo total do financiamento sería de 5.606,43 € euros, que inclúen: 5.306,43€ en concepto de xuros e unha comisión de apertura de 300 € (1%).
O sistema de amortización deste préstamo é o EPC (francés ou cota constante). Lembra que a concesión de calquera préstamo, en calquera banco, depende dunha análise do teu caso particular.
IESIDE: único grao oficial privado en ADE de Galicia con dobre titulación internacional
Se estás a buscar a mellor formación para os teus fillos e vives preto de Galicia (ou non che importan as distancias!), xa coñeces IESIDE? É unha das escolas de negocios máis recoñecidas e desde hai anos ofrece estudos de grao en Administración e Dirección de Empresas de IESIDE.
Trátase da primeira titulación en ADE impartida por unha entidade privada galega e a única nesta comunidade con dobre titulación internacional. Ademais, se te decides a estudar este grao, temos un préstamo específico, ¡consúltao!
Para saber máis...
dúbidas
-
Que documentación teño que proporcionar para solicitar un préstamo ABANCA Estuda?
A documentación que necesitamos para estudar se podemos concederche un dos empréstitos do programa ABANCA Estuda é moi simple: o primeiro que nos fai falla é o xustificante da matrícula do grao ou do postgrao que vaias realizar. Darémosche resposta moi axiña!
No caso do Adianto das Axudas do Ministerio de Educación e Cultura o que nos tes que proporcionar é o comprobante da concesión da bolsa e ademais, que lle dixeras á administración que che faga o ingreso da bolsa nunha conta ABANCA. Podes abrir unha conta directamente desde esta web, 100% online.
DOCUMENTACIÓN
NO BLOG