Menu

O programa ABANCA Innova é un plan formativo intensivo de oito semanas baseado na metodoloxía Lean Startup e Design Thinking. Aprenderás habilidades e metodoloxías para crear a túa propia start up e desenvolver proxectos de innovación.

Comeza en maio 2022 e terá unha duración de tres meses.



O teu momento é agora

Agora que todo cambiou, é o momento de lanzarse. Poderás conseguir unha das nosas 5 bolsas para participar no plan formativo, ao finalizar este proxecto, seleccionaremos un proxecto para desenvolver. A formación irá acompañada dunha bolsa de 800 euros brutos mensuais.

Lanza a túa propia start up

Só necesitamos os teus datos e unha idea en innovación, big data, fintech, seguros, finanzas, tecnoloxía ou sustentabilidade. É dicir, que teña relación coa actividade de ABANCA solucionando as necesidades financeiras de persoas e empresas, pero tamén axudando a mellorar o reto que se nos expón á sociedade actual ante esta nova normalidade.

Un xurado valorará as propostas e en maio daremos a coñecer as persoas seleccionadas para participar nesta iniciativa de promoción da innovación de ABANCA. Podes ser ti!

Requisitos

  • A túa idea ou proxecto debe ser innovador para o sector financeiro: novos servizos, produtos ou canles; mellorar a experiencia do cliente, aplicacións innovadoras?
  • Ter unha titulación universitaria de grao, licenciado ou enxeñeiro superior, diplomado ou enxeñeiro técnico, ou algún título de máster ou posgrao universitario, nalgunha das universidades ou outros centros docentes de Galicia, Asturias e León.
  • Non traballar, baixo as modalidades de contratación laboral ou mercantil, coa titulación coa que participas.
  • Enviar a solicitude a través do formulario desta web antes do 30 de abril de 2022. Só admitiranse solicitudes que veñan a través deste formulario.
  • Só poderasnos enviar unha proposta (se tes varias ideas, cóntanos a mellor!).

Seguro que sabes de alguén a quen lle gustaría conseguir unha destas bolsas. Compártello!