Pago fraccionado

As túas compras, a prazos

Entra na app de ABANCA, escolle unha compra que fixeses coa túa tarxeta de crédito ABANCA e págaa en cómodos prazos.

Personaliza os teus pagos coa túa tarxeta de crédito ABANCA

Fracciona só as compras que ti elixas

Escolle individualmente que compras queres fraccionar e o prazo de cada unha. Aplicarase unha comisión.

Decide en cantas cotas queres pagar

Segundo o tipo de tarxeta poderás dividir os pagos nos meses que ti elixas. Infórmate a continuación.

Non afecta á forma de pago da túa tarxeta

O resto das túas compras manterán a forma de pago habitual.

Como fraccionar unha compra con tarxeta de crédito

  1. Entra na app de ABANCA e vai á tarxeta de crédito que usaches.
  2. Selecciona a compra que queres aprazar e fai clic en Xestionar pago. Ou a través da opción Apraza as túas compras, segundo a modalidade da tarxeta.
  3. Elixe en cantos meses queres pagar e revisa o resumo das túas cotas.
  4. Se o ves ben, confirma o cambio. E listo!

Poñémosche un exemplo

Imaxina que escolles pagar pouco a pouco unha compra de 300€ feita coa tarxeta VISA Tú. Así é como che sairía en 3, 6 e 12 meses.


Prazo
1º cota Resto de cotas Total a pagar Comisión TXN TAE
3 meses 103€ 100€ 303€ 3€ (1%) 0% 9,20%(1)
6 meses 56€ 50€ 306€ 6€ (2%) 0% 8,79%(2)
12 meses 37€ 25€ 312€ 12€ (4%) 0% 8,71%(3)
Para outras tarxetas de crédito, consulta condicións nesta web ou simula o fraccionamento desde a app.

Pagar máis tarde: recupera o saldo na túa conta

Un cargo inesperado? Repón o diñeiro na túa conta. Ti escolles que cantidade e en que prazo devolvelo.

(1) Para unha compra fraccionada en 3 meses, pagarás en total 303€ (TXN 0%, TAE 9,20%). A primeira cota sería de 103€ (este importe inclúe a comisión do 1%, é dicir, 3€) e as cotas restantes 100€ cada unha. Importe total adebedado = Prezo Total a Prazos = 303€ (comisións=custo total=3€ e xuros=0€). Para este exemplo representativo, tivo en conta a gratuidad na emisión e mantemento da tarxeta.

(2) Para unha compra fraccionada en 6 meses, pagarás en total 306€ (TXN 0%, TAE 8,79%). A primeira cota sería de 56€ (este importe inclúe a comisión do 2%, é dicir, 6€) e as cotas restantes 50€ cada unha. Importe total adebedado = Prezo Total a Prazos = 306€ (comisións=custo total=6€ e xuros=0€). Para este exemplo representativo, tivo en conta a gratuidad na emisión e mantemento da tarxeta.

(3) Para unha compra fraccionada en 12 meses, pagarás en total 312€ (TXN 0%, TAE 8,71%). A primeira cota sería de 37€ (este importe inclúe a comisión do 4%, é dicir, 12€) e as cotas restantes 25€ cada unha. Importe total adebedado = Prezo Total a Prazos = 312€ (comisións=custo total=12€ e xuros=0€). Para este exemplo representativo, tivo en conta a gratuidad na emisión e mantemento da tarxeta.