
Tarxeta Tú
A tarxeta de crédito Tú e mais a túa app de banca móbil. É todo o que necesitas para organizar os teus gastos e pagamentos do xeito que ti queiras, aprazando as compras ou pagándoas a fin de mes. Se ti pagas, ti elixes como facelo. Desde o móbil. Cun clic.
-
E para min?
A tarxeta de crédito Tú está pensada para que lle tires todo o partido a múltiples posibilidades de financiamento, para que controles os gastos co móbil e un só clic.
-
Que é o mellor?
Ti decides como queres pagar as túas compras: a final de mes, a distintos prazos ata 12 meses, ou pagando sempre a mesma cota todos os meses.
-
Como funciona?
Todas as túas compras terán seleccionado por defecto o pagamento a fin de mes. En caso de que queiras aprazalas, poderás facelo de xeito inmediato desde o móvbil, compra a compra.
-
E que máis?
Podes retirar diñeiro dun caixeiro automático como se fose unha tarxeta de débito, coas mesmas tarifas, para que nunca pagues de máis por ter efectivo.
A tarxeta de crédito Visa Tú da flexibilidade total para as túas compras
A Tarxeta Tú reúne diferentes opcións de financiamento. Usa a túa tarxeta Tú e decide, compra a compra, como queres pagar. A finais de mes, sen pagar nin un céntimo de xuros? Ou mellor pouco a pouco, en varios meses? Ou quizais o que queiras sexa fixares ti a cota. Ti decides! Coa túa tarxeta de crédito Visa Tú e co móbil, onde e cando queiras. Sen explicacións nin papeleos.
Ten en conta que as nosas tarxetas liquídanse por períodos mensuais que empezan o día 20 e acaban o día 19 do mes seguinte, cobrándose o resultado o último día deste segundo mes.
Podes variar a cota en calquera momento antes de que se produza o cargo na túa conta, e todas as veces que queiras, a través do teu móbil, banca electrónica ou chamando ao 981 910 522. Ademais, dá igual as compras que vaias aprazando con esta modalidade de pago, xa que non se incrementará a túa cota mensual: seguirás pagando o mesmo.
E se queres cambiar a forma de pago das túas compras, non pode ser máis fácil. Podes facelo cando queiras e onde queiras. Por defecto, o importe asignarase automaticamente á forma de pago a fin de mes, na que non pagas ningún tipo de intereses. Se queres modificar a forma de pago de calquera das túas compras unha vez realizadas, podes facelo a través da túa banca electrónica ou móbil antes de que se produza o primeiro cargo da liquidación. Para iso, debes acceder ao menú Tarxetas e alí seleccionar a nova forma de pago que queiras aplicar.
Lembra tamén que podes amortizar a túa débeda cando queiras.
Exemplos para compras a fin de mes e a prazos
Pago a fin de mes
Imaxina que queres pagar todos os gastos do teu fogar (o súper, transporte, gasolina, etc.) a final de mes, cando xa che ingresaran a nómina. As operacións que incluíses nesta modalidade cargaranse na túa conta o último día de cada mes.
Pago a prazos
Para que gastos puntuais non che descontrolen un mes, podes dividir os pagos a 3, 6, 9, 10 ou 12 meses: pagarás só unha comisión de apertura coa primeira mensualidade, que dependerá do número de prazos que escollas. Para 3 meses, o 1%; para 6 meses, o 2%; para 9 meses, o 3%; para 10 meses, o 3,5%, e para 12 meses, o 4%.
Por exemplo, se tes que cambiar a neveira ou se queres pagar os gastos de empezar o curso dos teus fillos e cústache 1500 €, podes devolvelo no prazo de 12 meses. Se xa es cliente de ABANCA e non pagas comisión de emisión e mantemento pola túa tarxeta, pagarás en total 1560€ (TIN 0%; TAE máxima 7,82%). Neste caso, a cota inicial sería de 185 € (este importe inclúe a comisión máxima por aprazamento do 4%, é dicir, 60 €) e as once cotas restantes de 125 €. O custo total do financiamento serían eses 60€ e non pagarías intereses.
En cambio, se a túa tarxeta non está bonificada, tomando como referencia o anterior exemplo, aplicaríase TXN 0%; TAE 13,88%. Neste caso a cota inicial sería de 185 € (este importe inclúe a comisión máxima por aprazamento do 4%, é dicir, 60 €) e as once cotas restantes de 125 €. Ademais, aos tres meses de contratación da tarxeta, cobraríanse 43€ de comisión de emisión e mantemento da mesma. O importe que pagarías en total sería de 1603 € e o custo total do financiamento serían 103 €, que inclúe o importe das comisións e nada en concepto de xuros.
Exemplo con cota fixa (modalidade revolving)
Esta tarxeta tamén che permite financiar as túas operacións nunha modalidade revolving coñecida como cota fixa. Podes elixir unha cota a pagar cada mes pero, canto máis gastes, máis tardarás en devolver o diñeiro, teno en conta!
Queres un exemplo para entendelo mellor? Para unha compra de 1500 euros a pagar en 48 meses, se es cliente de ABANCA e non pagas comisión de emisión e mantemento pola túa tarxeta, aplicaríase TXN 12,85%; TAE 13,63% e pagarías 47 cotas de 40,13 euros e unha última cota de 40,06 euros. O importe total que acabarías pagando serían 1926,17 euros, dos que 426,17 euros serían intereses. O custo total do financiamento serían eses 426,17 euros.
En cambio, se a túa tarxeta non está bonificada, tomando como referencia o anterior exemplo aplicaríase TXN 12,85%; TAE 19,31% e pagarías 47 cotas de 40,13 euros e unha última cota de 40,06 euros. O importe que pagarías en total sería de 2098,17 euros, dos que 426,17 euros serían xuros e 172 euros corresponderían a comisións de emisión e mantemento da tarxeta (43 euros cada ano, que se cobrarán a partir do terceiro mes posterior á contratación). O custo total do financiamento serían 598,17 euros.
No exemplo supuxemos que a operación se fai o primeiro día dun mes. Este exemplo é meramente representativo e non se corresponde coa forma de pago pactada no contrato de tarxeta, á que se axustará a liquidación das operacións. Podes elixir a cota fixa mensual que sexas pagar desde o 2% do límite de crédito da túa tarxeta, cun mínimo de 30 euros e sempre que sexa múltiplo de 5 euros. Esa cota será o que abones independentemente do que gastases nese mes. Lembra que podes amortizar a parte da débeda que desexes, incluso a totalidade, en calquera momento e sen ningún custo.
O sistema de amortización desta forma de pago revolving denomínase Amortización Parcial con Cota Constante: en cada data de liquidación mensual, pagarás un importe igual todos os meses, que inclúe o pago dos xuros correspondentes ao período de liquidación, as comisións se fose o caso e a parte da devolución do crédito disposto ata completar o importe da cota elixida. E lembra: canto maior sexa o crédito disposto, maior será o prazo de devolución.
Podo retirar diñeiro de balde no caixeiro?
A tarxeta Tú tamén che fará a vida máis fácil nos caixeiros automáticos. Cando vaias retirar diñeiro coa tarxeta de crédito Visa Tú a un caixeiro tamén podes elixir a forma de pagamento que máis che interese: se queres que che conte como unha operación a débito ou se prefires que cha carguemos ao final de mes: en cada operación escollerás qué prefires. Só tes que seleccionar a opción que máis se che axeite e premer nun botón. Nada máis sinxelo.
Se seleccionaches a débito, non che aparecerá no extracto da tarxeta, senón no da conta. Cando retires cartos fóra de España, se o caixeiro non che permite seleccionar a opción débito ou crédito, considerarase por defecto unha operación a débito.
Os custes da túa tarxeta
A tarxeta de crédito Visa Tú é gratis, sen comisión de emisión ni mantemento, durante o primeiro ano. A partir do segundo, tamén pode seguir siendo gratis para ti se realizas compras coa túa tarxeta Tú por un importe superior a 3000 € ao ano. Se non o fas, a comisión de mantemento é de 43 € ao ano.
Sempre estarás informado. Unha tarxeta diferente merecía que o documento onde te informamos cada mes dos teus gastos, o extracto, fose tamén diferente: máis claro, con información detallada de canto pagaches, o que che queda por pagar e, se optaches por unha opción de financiamento, que xuros estás a pagar. Só necesitas ter a túa e-correspondencia activada.
E ao momento! Para axudarte a controlar os gastos e aumentar a seguridade das túas tarxetas, dispomos dun servizo de alertas que che enviará notificacións cando retires diñeiro ou realices compras por riba do importe que ti decidas. Ademais, sempre que queiras poderás apagar ou acender a túa tarxeta de crédito a través da banca móbil. Cun clic!
E máis descontos e vantaxes
Desconto en gasolineiras. Ofrecémosche o 4% de desconto en gasoliñeiras Galp, tanto en combustible para o teu vehículo como en todos os produtos das súas tendas, cun límite de 600 € por cliente e mes. Consulta as condicións e as estacións adheridas .
Privilexios EURO 6000. Coa túa tarxeta de crédito Visa Tú tamén te beneficiarás do programa de descontos Privilexios EURO 6000, con bonificacións en hoteis, viaxes e outros establecementos. Só por utilizares a tarxeta! Podes consultar todos os descontos e nlocais adheridosna web de EURO 6000.
Seguros gratuítos coa tarxeta Tú
Só por posuír esta tarxeta de crédito xa dispós de coberturas vinculadas á tarxeta, de forma totalmente gratuíta. Por exemplo:
-
Un seguro por roubo ou atraco en caixeiro e tamén por uso fraudulento da tarxeta, en caso de que a extraviases ou cha roubasen.
-
Un seguro de accidentes en transporte público, cando o billete o mercaches coa tarxeta de crédito Tú , ata 300.000 euros.
-
Un seguro de asistencia en viaxes, de novo cando o billete o comprases coa tarxeta Tú. Este seguro cóbreche retrasos de viaxe ou equipaxe, cancelación por folga, etcétera.
-
Un seguro de roubo de compras: se che rouban algo que pagaches coa tarxeta Tú e non pasaron máis de 90 días desde o momento da compra, devolverémosche o importe.
-
Un seguro de danos: se por accidente o produto que mercaches coa tarxeta Tú nos últimos 90 días, sofre algún dano, tamén che devolveremos o importe.
Podes ampliar a información sobre as coberturas do seguro nos anexos da ficha deste produto, que recollemos no fondo desta páxina. E se precisas tramitar algunha incidencia, contámosche cómo podes facelo sen saír da casa.
Para saber máis...
dúbidas
-
Na miña Visa Tú, como podo traspasar diñeiro da tarxeta á conta?
Podes traspasar diñeiro desde a tarxeta á conta en calquera momento, durante o proceso de contratación ou posteriormente a través de Banca a distancia (banca electrónica, móbil ou telefónica). Podes seleccionar o importe do traspaso que máis che conveña, ata alcanzar o total do límite de crédito da tarxeta. Se traspasas todo o límite á conta, non terás saldo dispoñible para realizar máis operacións ata que vaias pagando esa débeda, conforme aos pagamentos mensuais previstos ou mediante amortizacións anticipadas gratuítas.
É moi cómodo, sen ningún papelame, nin trámites adicionais e podes escoller a forma de pagamento que queiras. Se seleccionas o pagamento cota fixa irás pagando todos os meses a cantidade que elixas. Esta cantidade determinará o prazo necesario para que devolvas a cantidade traspasada e os xuros. Se realizas máis compras, disposicións de efectivo ou traspasos a conta con pagamento en cota fixa, seguirás pagando o mesmo cada mes, pero necesitarás máis tempo para ir devolvendo a débeda acumulada. Tamén poderás realizar amortizacións anticipadas gratuítas, co que acurtarás ese prazo. Podes variar o importe da cota fixa as veces que queiras e sen ningún custo.
DOCUMENTACIÓN
- Queres saber máis da tarxeta Tú? Aquí tes toda a información baixo os estándares da Unión Europea (INE) (En pdf)
- Consulta as coberturas do seguro de accidentes e asistencia en viaxes do que te beneficias coa tarxeta. (En pdf)
- E tamén as coberturas do seguro por roubo, furto e dano accidental de compras do que te beneficias coa tarxeta. (En pdf)
- Consulta toda a información xeral previa de servizos de pago (En pdf)
- Calcula a data de vencemento da última cota dunha tarxeta revolving (Banco de España)
- Máis información sobre o funcionamiento das tarxetas revolving (Banco de España)
NO BLOG