VISA Clip

A tarxeta de crédito revolving VISA Clip permíteche comprar a crédito e ir pagando mes a mes unha cota fixa. Canto máis gastes, máis se estenderá o prazo de devolución e o número de cotas, e a medida que vaias amortizando os pagos, volverás dispoñer do saldo da túa tarxeta de crédito. Infórmate de todos os detalles!

Como funciona?

Elixe unha cota fixa mensual, para pagar o mesmo cada mes. Canto máis gastes, máis cotas terás pendentes de pago.

Seguros gratuitos

As tarxetas de crédito de ABANCA teñen distintos seguros gratuítos asociados.

E que máis?

Aproveita os descontos en gasolineiras Galp Enerxía e todas as ofertas do programa EURO 6000 Plus.

É para min?

Se es maior de idade e tes unha conta con ABANCA, podes solicitala nesta mesma páxina.

Simula o pago con cota fixa revolving

Canto diñeiro necesitas?

Indícanos canto queres pagar coa tarxeta. En función desa cantidade e de canto queiras pagar cada mes, facilitámosche unha simulación de canto pagarías en total e durante canto tempo.

Canto queres pagar cada mes?

Necesitamos que nos indiques como queres ir devolvendo cada mes o gasto da tarxeta. Podes escoller pagar unha cantidade máis alta, unha intermedia, unha máis baixa ou personalizala ao teu gusto. Ten en conta que un pago mensual máis alto supón que rematarás antes de devolver a débeda da tarxeta e pagarás menos xuros. E ao revés, un pago mensual máis baixo supón incrementar o número de meses que terás que estar pagando e o total de xuros que che aplicaremos. Este simulador permitirache estudar o custo que supón cada alternativa e escoller a que mellor se adapte a ti. Os dous últimos pagos mensuais poden ser diferentes porque corresponderán ao pago do remanente de capital e os seus correspondentes xuros.

100
€/mes
8
Débeda
Intereses
Comisións
Taxa anual equivalente (TAE)
200
€/mes
16
Débeda
Intereses
Comisións
Taxa anual equivalente (TAE)
300
€/mes
24
Débeda
Intereses
Comisións
Taxa anual equivalente (TAE)
€/mes
Débeda
Intereses
Comisións
Taxa anual equivalente (TAE)

Como calculamos esta simulación?

A simulación calculámola supoñendo que fas hoxe mesmo unha compra polo importe que nos indicaches e que a irás devolvendo conforme ao pago mensual que seleccionaches. Supoñemos que non farás máis operacións coa tarxeta e que atenderás puntualmente todos os pagos mensuais. En cada período de liquidación calculamos o saldo medio diario da débeda de capital da tarxeta e sobre o mesmo aplicamos o tipo de xuro desta modalidade de tarxeta. Tamén incluímos, se é o caso, a comisión de emisión / mantemento da tarxeta. Con todo isto obtivemos os custos de xuros e comisións que che indicamos e calculamos a TAE correspondente.

Esta é unha simulación de carácter orientativo do que che correspondería pagar por unha operación das características que indicaches, baseándose na información que ti nos facilitaches. A simulación non implica que ABANCA teña que concederche unha tarxeta de crédito. Se finalmente contratas unha tarxeta de crédito, as súas condicións poderán diferir das desta simulación se posuímos información complementaria sobre as túas preferencias ou as túas condicións financeiras.

Flexibilidade para as túas compras

A tarxeta de crédito Visa Ti e a app de ABANCA son todo o que precisas para organizar as túas compras.

¿Pagar a fin de mes? ¿Ou mellor pouco a pouco, en varios meses? ¿Fraccionar unha compra ou todas? Ou quizais o que queres é elixir ti a cota mensual.

Se ti pagas, ti escolles como facelo.

Todo desde o teu móbil

  • Apaga e acende a túa tarxeta
  • Establece límites de gasto para compras por internet ou retiradas de efectivo
  • Saca efectivo a crédito ou débito, ti escolles
  • Recibe avisos de cada compra ao instante

Fraccionar compras é moi sinxelo

  1. Entra na app, na túa tarxeta de crédito, e selecciona a compra que queres aprazar.
  2. Fai clic en Xestionar pago.
  3. Selecciona a opción Apraza as túas compras e elixe en cantos meses queres pagar.

E moitas vantaxes máis

Coa tarxeta Visa Ti terás:

Seguros gratuítos

Só por posuír esta tarxeta de crédito xa dispós de coberturas vinculadas á tarxeta, de forma totalmente gratuíta. Por exemplo:

Un seguro por roubo ou atraco en caixeiro e tamén por uso fraudulento da túa tarxeta, en caso de que a extraviases ou cha roubasen.

Un seguro de accidentes en transporte público, cando o billete o mercases coa tarxeta de crédito Visa Clip, até 100.000 euros.

Un seguro de asistencia en viaxes, de novo cando o billete o mercases coa tarxeta Visa Clip. Este seguro cóbreche retrasos de viaxe ou equipaxe, cancelación por folga, etcétera.

Un seguro por roubo ou atraco en caixeiro e tamén por uso fraudulento da túa tarxeta, en caso de que a extraviases ou cha roubasen.

Un seguro de accidentes en transporte público, cando o billete o mercases coa tarxeta de crédito Visa Clip, até 100.000 euros.

Un seguro de asistencia en viaxes, de novo cando o billete o mercases coa tarxeta Visa Clip. Este seguro cóbreche retrasos de viaxe ou equipaxe, cancelación por folga, etcétera.

Consulta as coberturas destes seguros nos anexos da ficha deste produto, que recollemos no fondo desta páxina. E se precisas tramitar algunha incidencia, contámosche cómo podes facelo sen saír da casa.

¿Tes preguntas? Nós respostas

dúbidas

O límite de crédito dunha tarxeta é a cantidade máxima de diñeiro da que podes dispoñer coa túa tarxeta de crédito. Cada vez que a utilices, comprobaremos que non excedeses esa cantidade. Por exemplo, se tes un límite de 5000 euros e queres comprar algo, temos que ver o que fuches gastando, é dicir: o saldo do que xa dispuxeses antes desa compra. Así, o saldo dispoñible será o que che queda ata os 5000 euros. Despois, cada mes, cobrarémosche na túa conta segundo o que dispuxeses do límite do crédito e segundo a forma de pago que seleccionases.

DOCUMENTACIÓN

NO BLOG