É para min?
Como funciona?
Que é o mellor?
E que máis?
Exemplos, TAE… toda a información que precisas
A tarxeta revolving Visa Proxecta ten un interese do 11,25% TIN (11,85% TAE). Queres un exemplo para entendelo mellor? Para unha compra de 1500 euros a pagar en 48 meses, pagarías cada mes 38,95 euros. O importe total que acabarías pagando serían 1869,60 euros, dos que 369,60 euros serían xuros. O custo total do financiamento serían eses 369,60 euros, porque non hai ningún gasto nin comisión, nin de emisión nin de mantemento nin de amortización anticipada
Ten en conta que as nosas tarxetas se liquidan por períodos mensuais que empezan o día 20 e acaban o día 19 do mes seguinte, cobrándose o resultado o último día deste segundo mes. No exemplo anterior supuxemos que a operación se fai o primeiro día dun mes. Este exemplo é meramente representativo e non se corresponde coa forma pactada no contrato da tarxeta, á que se axustará a liquidación das operacións.
Lembra que podes elixir a cota fixa mensual que desexas pagar desde o 1,5% do límite de crédito do da túa tarxeta, cun mínimo de 30€, que será o que abones independentemente do que gastas nese mes, e que poderás amortizar a parte da débeda que desexes, incluso a totalidade, en calquera momento e sen ningún custo.
O sistema de amortización desta tarxeta revolving denomínase Amortización Parcial con Cota Constante: en cada data de liquidación mensual, pagarás un importe igual todos os meses, que inclúe o pago dos intereses correspondentes ao período de liquidación e a parte de devolución do crédito disposto até completar o importe da cota elixida. E lembra: canto maior sexa o crédito disposto, maior será o prazo de devolución.
Simula o pago con cota fixa revolving
Canto diñeiro necesitas?
Indícanos canto queres pagar coa tarxeta. En función desa cantidade e de canto queiras pagar cada mes, facilitámosche unha simulación de canto pagarías en total e durante canto tempo.
Canto queres pagar cada mes?
Necesitamos que nos indiques como queres ir devolvendo cada mes o gasto da tarxeta. Podes escoller pagar unha cantidade máis alta, unha intermedia, unha máis baixa ou personalizala ao teu gusto. Ten en conta que un pago mensual máis alto supón que rematarás antes de devolver a débeda da tarxeta e pagarás menos xuros. E ao revés, un pago mensual máis baixo supón incrementar o número de meses que terás que estar pagando e o total de xuros que che aplicaremos. Este simulador permitirache estudar o custo que supón cada alternativa e escoller a que mellor se adapte a ti. Os dous últimos pagos mensuais poden ser diferentes porque corresponderán ao pago do remanente de capital e os seus correspondentes xuros.
Como calculamos esta simulación?
A simulación calculámola supoñendo que fas hoxe mesmo unha compra polo importe que nos indicaches e que a irás devolvendo conforme ao pago mensual que seleccionaches. Supoñemos que non farás máis operacións coa tarxeta e que atenderás puntualmente todos os pagos mensuais. En cada período de liquidación calculamos o saldo medio diario da débeda de capital da tarxeta e sobre o mesmo aplicamos o tipo de xuro desta modalidade de tarxeta. Tamén incluímos, se é o caso, a comisión de emisión / mantemento da tarxeta. Con todo isto obtivemos os custos de xuros e comisións que che indicamos e calculamos a TAE correspondente.
Esta é unha simulación de carácter orientativo do que che correspondería pagar por unha operación das características que indicaches, baseándose na información que ti nos facilitaches. A simulación non implica que ABANCA teña que concederche unha tarxeta de crédito. Se finalmente contratas unha tarxeta de crédito, as súas condicións poderán diferir das desta simulación se posuímos información complementaria sobre as túas preferencias ou as túas condicións financeiras.
Transferencias á túa conta
Se algunha vez necesitas facer un pago que non esperabas, podes transferir a túa tarxeta á túa conta. Tamén para retirar diñeiro dos nosos caixeiros automáticos, nas mesmas condicións que se fose unha compra.
Para comezar a gozar desta tarxeta só tes que solicitala (e ser maior de idade). É así de fácil!
Flexibilidade para as túas compras
A tarxeta de crédito Visa Ti e a app de ABANCA son todo o que precisas para organizar as túas compras.
¿Pagar a fin de mes? ¿Ou mellor pouco a pouco, en varios meses? ¿Fraccionar unha compra ou todas? Ou quizais o que queres é elixir ti a cota mensual.
Se ti pagas, ti escolles como facelo.
Todo desde o teu móbil
- Apaga e acende a túa tarxeta
- Establece límites de gasto para compras por internet ou retiradas de efectivo
- Saca efectivo a crédito ou débito, ti escolles
- Recibe avisos de cada compra ao instante
E máis vantaxes
Fraccionar compras é moi sinxelo
- Entra na app, na túa tarxeta de crédito, e selecciona a compra que queres aprazar.
- Fai clic en Xestionar pago.
- Selecciona a opción Apraza as túas compras e elixe en cantos meses queres pagar.
E moitas vantaxes máis
Coa tarxeta Visa Ti terás:
- Descontos en gasolineiras: 4% en todas as estacións de servizo Galp asociadas a esta promoción. Consulta as condicións.Ver ficheiro PDF
- Descontos e reembolsos en hoteis, viaxes e outros establecementos a través do programa EURO 6000 Plus. Só por usar a túa tarxeta! Consulta os beneficios.
Devolvémosche o 1% das túas compras!
Con esta tarxeta revolving, ademais da forma de pago característica deste tipo de medios de pagagmento, ofrecémosche unha devolución do 1% de todas as compras en comercios físicos e tendas que fagas con ela ata o 31 de decembro de 2025. Consulta, por favor, aquí as condicións da promoción.
Seguros gratuítos
Só por posuír esta tarxeta de crédito xa dispós de coberturas vinculadas á tarxeta, de forma totalmente gratuíta. Por exemplo:
Consulta as coberturas destes seguros nos anexos da ficha deste produto, que recollemos no fondo desta páxina. E se precisas tramitar algunha incidencia, contámosche cómo podes facelo sen saír da casa.
Necesitas máis crédito?
Cos empréstitos 24h ABANCA poderás financiar comodamente compras máis importantes, e incluso temos unha modalidade específica para as persoas que estean pensando en cambiar de coche ou de moto!, cunhas tarifas moi interesantes.
¿Tes preguntas? Nós respostas
Moi fácil, se xa recibiches a nova tarxeta e a tes á man, tes catro formas de activala.
- Desde a app de ABANCA. Accede, entra en Tarxetas e selecciona Activar tarxeta. Pedirémosche algúns datos, incluído o CVV. Tamén a podes activar a través desta ligazón.Serás redirixido a outro sitio web
- Desde a banca electrónica en abanca.com. Accede á Área Cliente, vai a Tarxetas e elixe Activar tarxeta. Ten á man a tarxeta, xa que solicitaremos datos como o CVV.
- Nun caixeiro de ABANCA. Insire a tarxeta e realiza calquera operación introducindo o PIN que che entregamos con ela.
- Desta forma xa quedará activada ou chámanos ao 900 815 523 (ou ao +34 981 179 625 se nos chamas desde o estranxeiro). Para identificarte pedirémosche unha serie de datos da conta e mais a tarxeta.
DOCUMENTACIÓN
NO BLOG