Ir al contenido principal
Ir a menú accesibilidad
Abanca
Partikularrak Enpresak Banka Pertsonala Bezeroarentzako arreta
EU
ES
GL
CA
Bulegoak Egin zaitez bezero Bezero-gunea Beste webgune batera birbideratuko zara
  • Zure enpresarentzat
  • Bezero-gunea Beste webgune batera birbideratuko zara
  • Kontuak eta aurrezkia
  • Txartelak
  • Maileguak
  • Hipotekak
  • Aseguruak
  • Inbertsioa eta burtsa
  • Pentsio-planak
  • ABANCA Zerbitzuen Programa
  • Produktu guztiak
  • Banka pertsonala
  • Banka pribatua
  • Bezeroarentzako arreta
  • Ohiko galderak
  • Komunikazio-aretoa Beste webgune batera birbideratuko zara
  • Español
  • En galego
  • En català
Kontuak eta aurrezkia
Txartelak
Maileguak
Hipotekak
Aseguruak
Inbertsioa eta burtsa
Pentsio-planak
Itzuli laguntza
Txartelak

Dúbidas sobre os tipos de tarxetas buruz

  • Cales son os comercios adheridos á tarxeta comercio?

    Podes utilizar a túa Tarxeta Comercio nos establecementos que dispoñan dun TPV de ABANCA. Podes consultar aquí os establecementos con TPV de ABANCA.
    Compártelo en...
    Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. //www.abanca.com/eu/ayuda/tarjetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#172
    • En Twitter Beste webgune batera birbideratuko zara
    • En Facebook Beste webgune batera birbideratuko zara
  • Como podo recargar unha tarxeta prepago?

    Coa Tarxeta Prepago gastarás só o que previamente ingresases. Antes de utilizar a túa Tareta Prepago en comercios e caixeiros é necesario cargar a tarxeta con diñeiro mediante a túa Banca a Distancia ou en calquera das oficinas de ABANCA.
    Compártelo en...
    Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. //www.abanca.com/eu/ayuda/tarjetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#174
    • En Twitter Beste webgune batera birbideratuko zara
    • En Facebook Beste webgune batera birbideratuko zara
  • Cal é a idade mínima para solicitar unha tarxeta de débito?

    A idade mínima para contratar unha tarxeta de débito en ABANCA é de 12 anos. A tarxeta expedirase a nome do menor, coa autorización e firma do seu pai, nai ou representante legal e sempre seguindo as súas indicacións.
    Compártelo en...
    Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. //www.abanca.com/eu/ayuda/tarjetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#402
    • En Twitter Beste webgune batera birbideratuko zara
    • En Facebook Beste webgune batera birbideratuko zara
  • Podo solicitar unha tarxeta de débito para o meu fillo menor de 16 anos?

    Si, podes solicitar unha tarxeta para o teu fillo ou filla de entre 12 e 15 anos. Podedes elixir entre a tarxeta NX, a Visa Carné Xove ou a Visa Débito. Para poder dar de alta a tarxeta, o menor deberá ser titular da conta onde estará asociada a tarxeta. Ademais, tanto a solicitude como o contrato deberán ser asinados polo pai, nai ou representante legal do menor.
    Compártelo en...
    Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. //www.abanca.com/eu/ayuda/tarjetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#403
    • En Twitter Beste webgune batera birbideratuko zara
    • En Facebook Beste webgune batera birbideratuko zara
  • Que necesito para conseguir a miña tarxeta Tú NX?

    Para solicitar a tarxeta Tú NX de ABANCA, é necesario ter entre 12 e 34 anos e ser cliente de ABANCA.

    No caso de menores de idade, por razóns de seguridade, deberá solicitar a tarxeta a nai, pai ou titor legal. Podes solicitar que te chamemos desde esta web, facelo ti mesmo no 981 910 534 ou acudir a unha oficina de ABANCA. Para non clientes, é necesario acudir a unha oficina de ABANCA.Beste webgune batera birbideratuko zara

    Compártelo en...
    Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. //www.abanca.com/eu/ayuda/tarjetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#69
    • En Twitter Beste webgune batera birbideratuko zara
    • En Facebook Beste webgune batera birbideratuko zara
  • Como funciona o pagamento con cota fixa na miña tarxeta de crédito?

    Ti elixes a cantidade que queres pagar cada mes. Gastes o que gastes, todos os meses pagarás esa cantidade ou cota fixa. O importe desa cota fixa determina o prazo necesario para pagar a débeda da túa tarxeta, incluíndo os xuros. Se realizas novas operacións con pagamento en cota fixa, seguirás pagando a mesma cantidade, pero necesitarás máis tempo para ir devolvendo a débeda acumulada. Tamén poderás realizar amortizacións anticipadas, co que acurtarás ese prazo. Podes variar o importe da cota fixa as veces que queiras e sen ningún custo.
     
    Compártelo en...
    Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. //www.abanca.com/eu/ayuda/tarjetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#347
    • En Twitter Beste webgune batera birbideratuko zara
    • En Facebook Beste webgune batera birbideratuko zara
  • En que consiste o Seguro de protección integral?

    Este produto dáche a posibilidade de protexer o pagamento da débeda pendente da túa tarxeta en caso de falecemento, invalidez ou perda de ingresos. Unha preocupación menos.

    Cada mes cobraráseche na propia tarxeta unha prima que se calcula como unha porcentaxe sobre o saldo disposto total da tarxeta. Se non hai compras no mes, non hai prima.

    Ese cobramento mensual é do 0,60% do importe disposto para os primeiros 2.000 €. A partir dese importe, aplícase o 0,30%.  Nas tarxetas con varias modalidades de pagamento de forma simultánea, este cobramento realízase sempre con forma de pagamento a fin de mes.

    Compártelo en...
    Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. //www.abanca.com/eu/ayuda/tarjetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#348
    • En Twitter Beste webgune batera birbideratuko zara
    • En Facebook Beste webgune batera birbideratuko zara
  • Como podo ampliar a cantidade de diñeiro que podo sacar do caixeiro?

    Podes aumentar ou diminuír o límite de diñeiro que podes sacar no caixeiro das seguintes formas: 

    • Na túa app de ABANCA, accede á pestana de 'Tarxetas', selecciona a tarxeta e entra nos axustes (a icona de roda dentada superior) para cambiar o límite.
    • Na túa banca electrónica, tamén debes acceder á tarxeta e facer clic no menú 'Modificar límites'.
    • Na túa banca electrónica de empresas, na opción de 'Tarxetas/Comercios' > 'Cambio de límites'.
    • Ou coas túas claves de banca telefónica chamándonos ao 981 179 600 (ou ao +34 981 179 600 se nos chamas desde o estranxeiro), de luns a venres de 8 da mañá a 10 da noite.

    Ademais, lembra que tamén poderás modificar o límite para pagos en comercios e por internet.

    Compártelo en...
    Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. //www.abanca.com/eu/ayuda/tarjetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#183
    • En Twitter Beste webgune batera birbideratuko zara
    • En Facebook Beste webgune batera birbideratuko zara
  • Canto me custa unha VISA Ouro?

    A túa VISA Ouro ten un custo anual de 75 € por tarxeta titular e 40 € por tarxeta de beneficiario.

    Cando retires diñeiro coa VISA Ouro, tanto en caixeiros como en oficinas, cobraráseche unha comisión con disposición a crédito do 4% do importe retirado, cun mínimo de 4 €. Ao realizares as retiradas de efectivo noutras entidades, nacionais e internacionais, cobraranche ademais a comisión por disposición de efectivo que che aplique a entidade propietaria do caixeiro.

    Nos caixeiros nacionais, a entidade propietaria do caixeiro informarache do importe da comisión que che aplique mediante unha mensaxe na pantalla do caixeiro, para que poidas confirmar a operación ou anulala.

    Nas compras e retiradas en efectivo que fagas coa tarxeta nunha moeda distintas do euro aplicaráseche unha comisión de troco do 3% do importe total da operación.

    Compártelo en...
    Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. //www.abanca.com/eu/ayuda/tarjetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#72
    • En Twitter Beste webgune batera birbideratuko zara
    • En Facebook Beste webgune batera birbideratuko zara
  • Como podo facer un ingreso nun caixeiro?

    Podes ingresar ata 40 billetes nunha mesma operación (non se admiten moedas). Ademais, nos novos caixeiros de ABANCA o importe estará dispoñible ao instante.  Nalgúns caixeiros automáticos pode non estár dispoñible o importe ao instante.

    Compártelo en...
    Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. //www.abanca.com/eu/ayuda/tarjetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#184
    • En Twitter Beste webgune batera birbideratuko zara
    • En Facebook Beste webgune batera birbideratuko zara
  • Como podo devolver ou anular un pago con tarxeta?

    Se fixeches unha compra nun comercio (tanto físico coma electrónico) e cómpre anulala o propio comercio tería a opción de devolvela. 

    Se non recoñeces a operación apaga a tarxeta a través da BM, envía un correo electrónico a tuseguridad@abanca.com ou sigue estas indicacións para iniciar o trámite de reclamación.
     

    Compártelo en...
    Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. //www.abanca.com/eu/ayuda/tarjetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#187
    • En Twitter Beste webgune batera birbideratuko zara
    • En Facebook Beste webgune batera birbideratuko zara
  • Como podo recargar unha tarxeta moedeiro?

    Para recargar a túa tarxeta moedeiro de transporte podes acudir a calquera dos nosos caixeiros automáticos. Tamén podes recargala desde a túa Banca Electrónica na opción "Tarxetas-Tarxetas Moedeiro" ou desde a Banca Móbil. Lembra que se realizas recargas desde a Banca Electrónica ou Móbil, terás que introducir posteriormente a tarxeta nun caixeiro para que a recarga sexa efectiva.
    Compártelo en...
    Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. //www.abanca.com/eu/ayuda/tarjetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#190
    • En Twitter Beste webgune batera birbideratuko zara
    • En Facebook Beste webgune batera birbideratuko zara
  • Onde podo atopar as Gasolineiras Galp con desconto?

    Comproba as gasolineiras Galp adheridas á promoción aquíBeste webgune batera birbideratuko zara

    Compártelo en...
    Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. //www.abanca.com/eu/ayuda/tarjetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#191
    • En Twitter Beste webgune batera birbideratuko zara
    • En Facebook Beste webgune batera birbideratuko zara
  • Que tipos de tarxetas ten ABANCA?

    Os tarxetas de débito permiten realizar retiradas en caixeiros automáticos e compras en comercios, realizándose o cago directamente na túa conta.
    A tarxeta de crédito permite realizar operacións en caixeiros automáticos e compras en comercios, diferindo o pago das mesmas. Segundo o tipo de tarxeta de crédito que escollas, podes elixir a forma de pago que máis se adapte ás túas necesidades.
    Consulta a tarxeta que máis se adapte ás túas necesidades aquí. 
    Compártelo en...
    Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. //www.abanca.com/eu/ayuda/tarjetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#155
    • En Twitter Beste webgune batera birbideratuko zara
    • En Facebook Beste webgune batera birbideratuko zara
  • A miña tarxeta vai caducar, cando recibirei a nova?

    A túa tarxeta é válida ata o último día do mes de caducidade. Antes de que ocorra isto, enviarémosche unha nova ao domicilio ou á túa oficina ABANCA, segundo a túa preferencia.

    • Se a enviaches a unha oficina ABANCA, avisarémoste cando a poidas recoller.
    • Se a recibes na casa, pode chegarche en calquera momento do mes de caducidade.

    Se ao final do mes no que caduca aínda non a recibiches, chámanos ao 981 910 522 para solucionalo. Se xa a recibiches, actívaa agora desde a app.Beste webgune batera birbideratuko zara

    Recicla a túa tarxeta

    Xa podes desfacerte das tarxetas caducadas de forma cómoda e segura. Introduce a tarxeta en calquera caixeiro ABANCA, preme Reciclar tarxeta e nós encargarémonos de todo.

    Compártelo en...
    Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. //www.abanca.com/eu/ayuda/tarjetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#156
    • En Twitter Beste webgune batera birbideratuko zara
    • En Facebook Beste webgune batera birbideratuko zara
  • Que é o límite de crédito dunha tarxeta?

    O límite de crédito dunha tarxeta é a cantidade máxima de diñeiro da que podes dispoñer coa túa tarxeta de crédito. Cada vez que a utilices, comprobaremos que non excedeses esa cantidade. Por exemplo, se tes un límite de 5000 euros e queres comprar algo, temos que ver o que fuches gastando, é dicir: o saldo do que xa dispuxeses antes desa compra. Así, o saldo dispoñible será o que che queda ata os 5000 euros. Despois, cada mes, cobrarémosche na túa conta segundo o que dispuxeses do límite do crédito e segundo a forma de pago que seleccionases.
    Compártelo en...
    Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. //www.abanca.com/eu/ayuda/tarjetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#491
    • En Twitter Beste webgune batera birbideratuko zara
    • En Facebook Beste webgune batera birbideratuko zara
  • Como funciona o VIA-T?

    A Telepeaxe VIA-T é un dispositivo electrónico que se coloca no parabrisas do vehículo e que permite o paso automático en autoestradas de peaxe sen necesidade de deterse na zona de pagamento
    Compártelo en...
    Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. //www.abanca.com/eu/ayuda/tarjetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#166
    • En Twitter Beste webgune batera birbideratuko zara
    • En Facebook Beste webgune batera birbideratuko zara
  • A Tarxeta Tú é gratis o primeiro ano, que podo facer para que siga sendo gratis?

    A Tarxeta Tú é gratuíta, sen comisión de emisión nin mantemento, durante o primeiro ano. 

    O segundo ano poderás seguir gozando desa tarxeta crédito sen pagar nin un céntimo se fas compras anuais con esa tarxeta por valor de polo menos 3000 euros ou se cumpres os requisitos do nivel Premium do Programa Servizos ABANCA.

    Ten en conta que para ter a tarxeta gratis e non pagar a comisión de mantemento o segundo ano, debes cumprir co requisito de gasto mínimo durante o primeiro ano, e así sucesivamente.

    Compártelo en...
    Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. //www.abanca.com/eu/ayuda/tarjetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#217
    • En Twitter Beste webgune batera birbideratuko zara
    • En Facebook Beste webgune batera birbideratuko zara
  • Como solicito unha ampliación de límite de crédito da miña tarxeta?

    En moitos casos, podes facelo desde a túa app de ABANCA. Tes que acceder á tarxeta de crédito cuxo límite queres ampliar, seleccionar 'Personalizar' e configurar o novo límite. Poderás facelo 100% en liña. 
    Se non tes banca móbil ou non che aparece a opción, podes solicitar a ampliación na túa oficina ABANCA máis próxima, aínda que para axilizar o trámite recomendámosche que acudas á mesma na que contrataches a tarxeta.

    Compártelo en...
    Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. //www.abanca.com/eu/ayuda/tarjetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#273
    • En Twitter Beste webgune batera birbideratuko zara
    • En Facebook Beste webgune batera birbideratuko zara
  • Cando se carga a miña tarxeta de crédito na miña conta? Cal é o período de facturación?

    O período de liquidación e data de cargo na túa conta da tua tarxeta está reflectido no propio contrato da mesma e nos extractos que che enviamos cada mes. Os períodos de liquidación máis habituais das tarxetas de crédito ABANCA son os seguintes:

    • Tarxeta de crédito Visa e MasterCard: liquídanse do día 20 dun mes, ao día 19 do mes seguinte, cargándose o último día deste mes. Algúns cartóns teñen períodos de liquidación diferentes polo que che recomendamos que revises o contrato ou o extracto do teu cartón.
       
    • Tarxeta Comercio: liquídase do primeiro  ao último día de cada mes, cargándose o día 5 do mes seguinte.
       
    Compártelo en...
    Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. //www.abanca.com/eu/ayuda/tarjetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#274
    • En Twitter Beste webgune batera birbideratuko zara
    • En Facebook Beste webgune batera birbideratuko zara
  • Que vantaxes e descontos me ofrecen as tarxetas de ABANCA?

    Ao pagar coa tua tarxeta terás descontos e promocións, facilidades para pagar cando prefiras, control total sobre as túas cotas e, por suposto, a máxima seguridade cando compres na internet con múltiples opcións de protección. Descobre todo o que che ofrecen realmente as tarxetas ABANCA!Leiho berri batean irekiko da 
    Compártelo en...
    Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. //www.abanca.com/eu/ayuda/tarjetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#275
    • En Twitter Beste webgune batera birbideratuko zara
    • En Facebook Beste webgune batera birbideratuko zara
  • En que consisten as modalidades de pago da miña tarxeta de crédito?

    A modalidade de pago é a forma en que pagarás as operacións que realizases coa túa tarxeta de crédito ao longo dun período de liquidación (estes períodos non sempre son iguais: vén reflectido no teu contrato). Hai diferentes modalidades, cada unha con condicións tamén diferentes, segundo o tipo de tarxeta de crédito que teñas. Contámoscho!

    Se a túa tarxeta é unha Visa Clásica, Business, Cámara, Ouro, Platinum ou de afinidade, ou unha Mastercard Clásica ou Business, podes escoller unha destas formas de pago, en función das que teñas dispoñibles no teu contrato de tarxeta de crédito:

    • Pago total: pagarás a totalidade das operacións que realizases no período de liquidación. Non se aplicará ningún interese nin comisión de aprazamento.
    • Pago a 3 meses: cada unha das operacións que realizases no período de liquidación dividirase en 3 prazos iguais, que pagarás nas 3 seguintes datas de pago da tarxeta. Esta modalidade non ten intereses, pero si unha comisión de aprazamento mensual, conforme ás condicións do teu contrato.
    • Pago aprazado en cota fixa revolving: pagarás a cantidade mensual que estableceses. Como mínimo pagarás as comisións e intereses que se xeraron no período de liquidación. Podes personalizar o importe do pago mensual ao teu gusto, dentro dos límites establecidos no contrato da túa tarxeta. Esta forma de pago xerará intereses de aprazamento sobre o saldo medio diario da tarxeta.
    • Pago aprazado en porcentaxe: pagarás a porcentaxe da débeda da tarxeta que escolleses. Como mínimo amortizarás a cantidade que especificases. Así se evita fraccionar o pago de débedas pequenas de forma indefinida. Podes personalizar a porcentaxe e a amortización mínima ao teu gusto, dentro dos límites establecidos no contrato da túa tarxeta. Esta forma de pago xerará intereses de aprazamento sobre o saldo medio diario da tarxeta.

    Podes cambiar a modalidade de pago da túa tarxeta cantas veces queiras. Se cambias a forma de pago entre o final dun período de liquidación e a data de cargo do mesmo (se son datas distintas), volveremos calcular a liquidación aplicando a nova forma de pago antes de realizar o cargo na conta asociada á tarxeta.

    Se a túa tarxeta é unha Visa Tú, Visa ABANCA Persoal ou Mastercard ABANCA Privada terás á túa disposición as tres primeiras modalidades de pago (e non a modalidade de pago aprazado en porcentaxe), para seleccionar a forma de pago por defecto da túa tarxeta en calquera momento. A nova forma de pago aplicarase ás operacións que realices con posterioridade a ese cambio de forma de pago.

    Nestas tarxetas, ademais, poderás cambiar a forma de pago de operacións específicas, seleccionando de forma individual una das tres formas de pago anteriores. Se seleccionas o pago a prazos, poderás seleccionar outro número de meses distinto a 3, e aplicarase a comisión correspondente ao número de prazos e tipo de operación, conforme ao especificado no teu contrato de tarxeta de crédito.

    Se a túa tarxeta é unha Visa Clip, Visa ou Mastercard Proxecta ou Visa CaixaPorvenir só dispoñerás dunha forma de pago:

    • Pago aprazado en cota fixa revolving: pagarás a cantidade mensual que estableceses. Como mínimo pagarás as comisións e intereses que se xeraron no período de liquidación. Podes personalizar o importe do pago mensual ao teu gusto, dentro dos límites establecidos no contrato da túa tarxeta. Esta forma de pago xerará intereses de aprazamento sobre o saldo medio diario da tarxeta.

    Neste caso tamén podes cambiar o importe da cota fixa mensual cantas veces queiras. Se o fas entre o final dun período de liquidación e a data de cargo do mesmo, volveremos calcular a liquidación aplicando a nova cota mensual antes de realizar o cargo na conta asociada á tarxeta.
     

    Compártelo en...
    Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. //www.abanca.com/eu/ayuda/tarjetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#552
    • En Twitter Beste webgune batera birbideratuko zara
    • En Facebook Beste webgune batera birbideratuko zara
  • Como podo cambiar a cota mensual da miña tarxeta revolving?

    Si, podes cambiar o importe da cota mensual da túa tarxeta de crédito revolving.
    Explicámosche como facelo.

    • Na app, no menú de Tarxetas selecciona a tarxeta que queres modificar. Preme en
      Máis > Personalizar e na sección Forma de pagamento preme en Modificar. En cada
      forma de pagamento poderás seleccionar e modificar a cota.
    • No servizo de banca telefónica e coas túas claves. Só tes que chamar ao 981 17 96
      00 (ou ao 0034 981 17 96 00 se estás no estranxeiro) e solicitalo.
    • Na túa oficina ABANCA máis próxima.

    Consulta máis información sobre as formas de pagamento das tarxetas de crédito de
    ABANCA.

    Compártelo en...
    Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. //www.abanca.com/eu/ayuda/tarjetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#766
    • En Twitter Beste webgune batera birbideratuko zara
    • En Facebook Beste webgune batera birbideratuko zara
  • Cando recibirei a nova tarxeta?

    A tarxeta fabrícase o mesmo día que a solicitas e a entrega tarda entre 3 e 7 días. Avisarémoste por SMS co enderezo de envío e a data estimada de entrega.

    • Se elixiches envío a domicilio, recibirás unha carta coa nova tarxeta e instruciónspara activala.
    • Se a enviaches a unha oficina ABANCA, avisarémoste cando estea lista para recoller.

    Se pasaron máis de 10 días e aínda non a recibiches, chámanos ao 981 910 522 para solucionalo.

    No caso de que xa a teñas, actívaa agora desde a app.Beste webgune batera birbideratuko zara

    Compártelo en...
    Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. //www.abanca.com/eu/ayuda/tarjetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#770
    • En Twitter Beste webgune batera birbideratuko zara
    • En Facebook Beste webgune batera birbideratuko zara
  • Que teño que facer ata recibir e activar a nova tarxeta renovada?

    As tarxetas caducan o último día do mes que se indica nelas. Durante ese mes, enviarémosche unha nova ao domicilio ou á túa oficina ABANCA, segundo a túa preferencia. Confirmaremos previamente o enderezo de envío contigo.

    A túa tarxeta funcionará ata o último día do mes de caducidade mais lembra que, cando recibas a nova, debes activala para seguir usándoa sen interrupcións.

    Se xa a tes, actívaa agora desde a app.Beste webgune batera birbideratuko zara

    Recicla a túa tarxeta

    Xa te podes desfacer das tarxetas caducadas de forma cómoda e segura. Introduce a tarxeta en calquera caixeiro de ABANCA, preme Reciclar tarxeta e nós encargarémonos de todo.

    Compártelo en...
    Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. //www.abanca.com/eu/ayuda/tarjetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#771
    • En Twitter Beste webgune batera birbideratuko zara
    • En Facebook Beste webgune batera birbideratuko zara
  • Como podo verificar o enderezo de envío da miña tarxeta?

    Antes de que che enviemos a tarxeta, informámoste sobre o enderezo rexistrado para que poidas comprobar que está actualizado. Se cambiaches recentemente de domicilio ou tes dúbidas sobre o enderezo indicado, é importante que o revises canto antes.

    Para facelo:

    • Na app, accede ao teu perfil e na sección 'Os teus datos persoais' modifica o enderezo. Se a túa tarxeta xa está en período de renovación (durante o último mes de validez), cómpre que nos chames por teléfono.
    • Chámanos ao servizo de banca telefónica coas túas claves ao 981 17 96 00 (+34 981 17 96 00 desde o estranxeiro).
    • Acude a unha das nosas oficinas para actualizar os datos en persoa.
    Compártelo en...
    Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. //www.abanca.com/eu/ayuda/tarjetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#772
    • En Twitter Beste webgune batera birbideratuko zara
    • En Facebook Beste webgune batera birbideratuko zara
  • Que podo facer nos caixeiros ABANCA?

    Ademais das operacións habituais como retirada de efectivo, consulta de saldo, podes realizar estas operacións: 

    • ABANCA Cash
    • Ingresos en efectivo
    • Pago de recibos
    • Transferencias entre contas ABANCA
    • Transferencias
    • Recarga de móbiles
    Compártelo en...
    Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. //www.abanca.com/eu/ayuda/tarjetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#577
    • En Twitter Beste webgune batera birbideratuko zara
    • En Facebook Beste webgune batera birbideratuko zara
  • Como podo pagar un recibo no caixeiro?

    Na maioría dos caixeiros ABANCA poderás pagar recibos normalizados (con código de barras) en efectivo. Introduces os billetes e o caixeiro devolverache o cambio (en billetes e moedas).

    Tamén se poden pagar con calquera tarxeta financeira (de ABANCA ou doutra entidade).

    Compártelo en...
    Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. //www.abanca.com/eu/ayuda/tarjetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#578
    • En Twitter Beste webgune batera birbideratuko zara
    • En Facebook Beste webgune batera birbideratuko zara

Bilatzen ari zarena ez baduzu aurkitzen...

  • bidal iezaguzu txioa @somosABANCA helbidera Beste webgune batera birbideratuko zara
  • Idatzi zure galderak
  • bulegora etorri
  • Aseguruak
  • ABANCA Zerbitzuen Programa
  • Termino finantzarioak: glosarioa
  • Sustapenak eta eskaintzak
  • Segurtasuna
  • Bulegoak, ordutegiak, balioak
  • Ohiko eragiketak
  • Urruneko banka
  • Produktuak eta zerbitzuak
  • Txartelak
Zertan lagun zaitzakegu?

ABANCAri buruz

Komunikazio-aretoa Beste webgune batera birbideratuko zara
Informazio korporatiboa Beste webgune batera birbideratuko zara
Nazioarteko presentzia
Banesco Internazionala Beste webgune batera birbideratuko zara
Finantza Agenteak
Egin ezazu lan gurekin Beste webgune batera birbideratuko zara
Kontaktatu gaitzazu
Bezeroarentzako arreta-zerbitzua
Segurtasuna

Legezko alderdiak

Pribatutasun politika
Gertu gaude
Cookien politika
Cookieak konfiguratzeko
Lege-oharra
Iragarki-taula
MIFID-en inguruko informazioa
Gainerako informazio legala

ABANCA sarearen webgune gehiago

Kontu Argiak: ABANCA bloga Beste webgune batera birbideratuko zara
Bezero-gunea Beste webgune batera birbideratuko zara
Enpresen bezero-gunea Beste webgune batera birbideratuko zara
Online brokerra Beste webgune batera birbideratuko zara
ABANCA Servicios Financieros Beste webgune batera birbideratuko zara
ABANCA AEB Beste webgune batera birbideratuko zara
ABANCA Portugal Beste webgune batera birbideratuko zara
Aukeratu etxea Beste webgune batera birbideratuko zara
Tusitiodecompras.es Beste webgune batera birbideratuko zara
Open Banking Beste webgune batera birbideratuko zara

Produktuak

Kontuak eta aurrezkia
Txartelak
Hipotekak
Maileguak
Aseguruak
Pentsio-planak
Partikularrak
Enpresak eta Autonomoak
Banka Pertsonala
Banka Pribatua
Icono de la red social X, azul oscuro resaltado - Enlace a X Icono de la red social X, azul oscuro resaltado - Enlace a X Beste webgune batera birbideratuko zaituzte eta leiho berri batean irekiko da Icono de la red social Facebook, azul oscuro resaltado - Enlace a Facebook Icono de la red social Facebook, azul oscuro resaltado - Enlace a Facebook Beste webgune batera birbideratuko zaituzte eta leiho berri batean irekiko da Icono de YouTube, azul oscuro resaltado - Enlace a YouTube Icono de YouTube, azul oscuro resaltado - Enlace a YouTube Beste webgune batera birbideratuko zaituzte eta leiho berri batean irekiko da Icono de LinkedIn, azul oscuro resaltado - Enlace a Linkedin Icono de LinkedIn, azul oscuro resaltado - Enlace a Linkedin Beste webgune batera birbideratuko zaituzte eta leiho berri batean irekiko da Icono del blog Cuentasclaras, azul oscuro resaltado - Enlace a blog Cuentas Claras Icono del blog Cuentasclaras, azul oscuro resaltado - Enlace a blog Cuentas Claras Beste webgune batera birbideratuko zaituzte eta leiho berri batean irekiko da Icono de Instagram, azul oscuro resaltado- Enlace a Instagram Icono de Instagram, azul oscuro resaltado- Enlace a Instagram Beste webgune batera birbideratuko zaituzte eta leiho berri batean irekiko da
Logo de UNEP - Enlace a los signatarios de los Principios de Banca Responsable Beste webgune batera birbideratuko zaituzte eta leiho berri batean irekiko da Logo de PRI - Enlace al directorio de signatarios de los Principios para la Inversión Responsable Beste webgune batera birbideratuko zaituzte eta leiho berri batean irekiko da
©2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Eskubide guztiak erreserbatuta.
Icono de la red social X, azul oscuro resaltado - Enlace a X Icono de la red social X, azul oscuro resaltado - Enlace a X Beste webgune batera birbideratuko zaituzte eta leiho berri batean irekiko da Icono de la red social Facebook, azul oscuro resaltado - Enlace a Facebook Icono de la red social Facebook, azul oscuro resaltado - Enlace a Facebook Beste webgune batera birbideratuko zaituzte eta leiho berri batean irekiko da Icono de YouTube, azul oscuro resaltado - Enlace a YouTube Icono de YouTube, azul oscuro resaltado - Enlace a YouTube Beste webgune batera birbideratuko zaituzte eta leiho berri batean irekiko da Icono de LinkedIn, azul oscuro resaltado - Enlace a Linkedin Icono de LinkedIn, azul oscuro resaltado - Enlace a Linkedin Beste webgune batera birbideratuko zaituzte eta leiho berri batean irekiko da Icono del blog Cuentasclaras, azul oscuro resaltado - Enlace a blog Cuentas Claras Icono del blog Cuentasclaras, azul oscuro resaltado - Enlace a blog Cuentas Claras Beste webgune batera birbideratuko zaituzte eta leiho berri batean irekiko da Icono de Instagram, azul oscuro resaltado- Enlace a Instagram Icono de Instagram, azul oscuro resaltado- Enlace a Instagram Beste webgune batera birbideratuko zaituzte eta leiho berri batean irekiko da

Testua

Kolore iragazkiak

Iragazkiak aukeratu