Tarxetas ABANCA, moito máis do que cres

Sabes todo o que che dá a túa tarxeta ABANCA? Propuxémonos que os titulares das máis dun millón e medio de tarxetas ABANCA lle saiban todas as vantaxes e servizos: descontos ao repostar, ofertas e promocións, protección nas túas compras ou a posibilidade de aprazares as compras ao teu ritmo. E moito máis!

  • ico-gasoil

    Devolucións en gasolineiras

    img-gasoil

    Aforra cada vez que botes gasolina

    Obterás importantes descontos nas estacións de servizo GALP adheridas se pagas coa túa tarxeta ABANCA: un 5% de desconto se o fas coa túa Visa Ouro ou Platinum, un 4% con calquera outra das nosas tarxetas de crédito, Visa e MasterCard, e un 2% cunha de débito. O límite son 600 € de facturación por cliente e mes (nas tarxetas de crédito). Esta promoción é válida ata o 31 de maio de 2021.

    Se repostas noutras estacións de servizo, poderás beneficiarte dun 1% de desconto se pagas coa túa Visa Clásica e dun 2% coas Visa Ouro e Platinum, sempre que realices cinco operacións ao mes en calquera establecemento que non sexa gasolineira ou autoestrada (ata o 31 de decembro de 2020).

  • ico-discount

    Ofertas e descontos EURO 6000

    img-vacances

    Aforra en milleiros de establecementos ao pagares coa tarxeta

    O programa Privilexios EURO 6000 ofréceche ofertas e descontos instantáneos en máis de 6000 establecementos de toda España. Hoteis, axencias de viaxe, alugueiro de coches, cine, moda, informática, alimentación e moitas cousas máis.

    Ademais, se te subscribes ao boletín de ofertas na sección “Tarxetas” da túa banca electrónica, recibirás información de todas as ofertas que temos para ti.

  • ico-coins

    Conta Peto

    img-calderilla

    Aforra sen decatarte!

    Co servizo Conta Peto aforrarás case sen decatarte. É como ir metendo os céntimos e as voltas que levas nos petos a un bote, pero para cando pagues con tarxeta. E de forma automática, para que non esquezas aforrar.

    Ao dar de alta este servizo gratuíto (podes facelo na sección “Tarxetas” da túa banca electrónica), con cada compra que realices de máis de 15 € coas túas tarxetas ABANCA pasaremos cartos da tarxeta a unha nova conta, a Conta Peto. E canto? Pois o que falte para o redondeo a un múltiplo de 5.

    Un exemplo? Se pagas no súper 21 €, moveremos de forma automática 4 € (a diferenza ata 25 €) da túa tarxeta a esta conta. E para que aforres aínda más darémosche unha remuneración do 0,15% TAE. Doado, verdade?

    Ti decides que tarxetas asocias a este servizo, e se nalgún momento queres modificalas, podes facelo sen problema.

  • icono-premium

    Experiencias Mastercard

    priceless-cities

    Aproveita ao máximo a túa Mastercard

    O servizo Priceless Cities ofréceche ofertas e experiencias exclusivas en máis de 40 ciudades (Madrid, Londres, Nueva York…). Para acceder a elas só precisas a túa tarxeta Mastercard, e poderás gozar de menús degustación, descontos en restaurantes, hoteis de luxo, acceso VIP a concertos, festivais, exposicións. ¡E moito máis!

  • ico-shield

    Seguros e protección

    img-travel

    E abur ás preocupacións cando uses a tarxeta!

    Se tes unha tarxeta ABANCA dispós automaticamente dun seguro gratuíto que te protexe se che rouban nun caixeiro. Tamén te protexe se perdiches a tarxeta ou se cha roubaron, e alguén realiza un uso fraudulento dela.

    Con todas as tarxetas de crédito ABANCA beneficiaraste ademais dun seguro de accidentes en transporte público e dun seguro de asistencia que che cobre os retrasos da viaxe ou da equipaxe, cancelación por folga, inmobilización en hotel, repatriación, reembolso de gastos médicos, asistencia por danos nas maletas etc. Para iso só te tes que lembrar de pagar todas as túas viaxes coa tarxeta ABANCA, claro!

  • ico-mobile-secure

    Compras seguras en internet

    img-internet-shopping

    A mellor forma de comprares sen preocupacións

    Somos un banco dixital con 700 oficinas, así que nos preocupamos especialmente pola túa seguridade cando mercas en internet. Por iso creamos estes servizos para ti.

    • Tarxeta virtual. Algunha vez tiveches reparos ao dar o número da tarxeta cando mercas en internet? Para evitalo podes xerar unha tarxeta virtual e asignarlle o límite que decidas, mesmo nunha moeda distinta do euro, de xeito que controles aínda máis os pagamentos. Podes crear as tarxetas virtuais que queiras na túa banca electrónica dun xeito moi sinxelo.

    • Tarxeta prepagamento. Cunha tarxeta prepagamento limitas o risco ao saldo da tarxeta, e podes recargala de maneira rápida e cómoda, cantas veces necesites, a través da túa banca electrónica ou en calquera oficina.

    • Servizo de autenticación de compras por internet. Ao usares a tarxeta en comercios online co distintivo “Verified by Visa" ou “MasterCard SecureCode”, para finalizares a compra deberás autorizar a transacción mediante a túa banca electrónica. Se aínda non tes banca electrónica enviarémosche unha chave mediante un SMS ao móbil.

    alt_de_la_imagen alt_de_la_imagen

  • ico-airrefund

    Voa sen preocuparte

    img-airrefund

    Protéxete contra incidencias nas túas viaxes coa túa Visa e AirRefund

    Se pagaches os teus billetes de avión cunha tarxeta Visa ABANCA, tanto ten que sexa de débito como de crédito, e tes algún problema que che dea dereito a ser indemnizado (retrasos por riba das tres horas, cancelacións, overbooking… etcétera), podes contar coa axuda de AirRefund para xestionares a túa reclamación perante a compañía que operaba o voo.

    AirRefund encárgase de reclamar esta compensación por ti de xeito áxil. Para coñecer se tes dereito a indemnización na túa incidencia, simplemente inicia o proceso de rexistro na web de AirRefund e eles poranse en contacto contigo para indicarche os seguintes pasos e solicitarche a documentación necesaria en caso de que fixese falta. Logo de estudiar o caso, AirRefund ocuparase de toda a tramitación no teu nome e sen necesidade de que adiantes custo ningún.

    Só cando AirRefund gañe o teu caso e obteña unha compensación económica da aeroliña descontarache un 20% do importe por gastos de xestión se pagaches o billete cunha tarxeta Visa Ouro ou Visa Platinum de ABANCA, ou un 25% se o fixeches con calquera outra das tarxetas Visa ABANCA. Este servizo cústalles ás persoas que non sexan titulares dunha Visa ABANCA un 30%.

  • ico-alert

    Servizo de alertas

    img-avisos

    Información ao instante dos movementos da túa tarxeta

    Para axudarche a controlar os gastos e para aumentar a seguridade das túas tarxetas, dispomos dun servizo de alertas que che enviará unha notificación cada vez que retires diñeiro ou realices unha compra por riba do importe que ti decidas. Este servizo é completamente gratuíto para os avisos a través de correo electrónico. Tamén é gratuíto para os avisos por SMS ou notificación se te conectas á banca móbil con frecuencia. En caso contrario, tan só che custará 50 céntimos ao mes.

Tarxetas beneficios