A miña tarxeta vai caducar, cando recibirei a nova?
-
A miña tarxeta vai caducar, cando recibirei a nova? A túa tarxeta é válida ata o último día do mes de caducidade. Antes de que ocorra isto, enviarémosche unha nova ao domicilio ou á túa oficina ABANCA, segundo a túa preferencia.
- Se a enviaches a unha oficina ABANCA, avisarémoste cando a poidas recoller.
- Se a recibes na casa, pode chegarche en calquera momento do mes de caducidade.
Se ao final do mes no que caduca aínda non a recibiches, chámanos ao 981 910 522 para solucionalo. Se xa a recibiches, actívaa agora desde a app.Serás redirixido a outro sitio web
Recicla a túa tarxeta
Xa podes desfacerte das tarxetas caducadas de forma cómoda e segura. Introduce a tarxeta en calquera caixeiro ABANCA, preme Reciclar tarxeta e nós encargarémonos de todo.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/a-mina-tarxeta-vai-caducar-cando-recibirei-a-nova