-
Que é a comisión de administración e mantemento? Ter unha conta bancaria en calquera banco leva asociado o pago polos servizos que che ofrecemos. Entre estes servizos están:
- Atención multicanle gratuíta 365 días ao ano, 7 días á semana e as 24 horas do día: caixeiros, atención telefónica, banca electrónica e móbil
- Información detallada dos movementos e operacións realizados na túa conta
- Atención personalizada en nosas máis de 600 oficinas
- A custodia do teu diñeiro
- Xestionar as túas domiciliacións e devolucións de recibos
- E moito máis
En ABANCA é moi fácil que non pagues comisións. Se queres coñecer os requisitos que precisas cumprir, consulta a nosa web.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/programa-servizos-abanca/#287 -
Por que me cobrades comisións polas miñas contas? Ter unha conta bancaria en calquera banco leva asociado o pago polos servizos que che ofrecemos. Entre estes servizos están:
- Atención multicanle gratuíta 365 días ao ano, 7 días á semana e as 24 horas do día: caixeiros, atención telefónica, banca electrónica e móbil
- Información detallada dos movementos e operacións realizados na túa conta
- Atención personalizada en nosas máis de 600 oficinas
- A custodia do teu diñeiro
- Xestionar as túas domiciliacións e devolucións de recibos
- E moito máis
En ABANCA é moi fácil non pagar polos principais servizos bancarios. Se queres coñecer os requisitos que necesitas cumprir, consulta a nosa web.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/programa-servizos-abanca/#528 -
Que podo facer para non pagar comisións? En ABANCA é moi fácil non pagar polos principais servizos bancarios. Se queres coñecer os requisitos que necesitas cumprir, consulta a nosa web.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/programa-servizos-abanca/#529 -
Se un mes incumpro os requisitos do Programa Servicios ABANCA, deixo de beneficiarme? Non. Seguirás gozando das túas vantaxes e operacións gratuítas. É necesario acumular tres meses consecutivos sen cumprir os requisitos para deixar de pertencer ao Programa Servizos ABANCA.
En calquera caso, avisarémosche no momento en que deixes de cumprir os requisitos para que sempre esteas ao tanto.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/programa-servizos-abanca/#23 -
Que se entende por ingresos regulares? Son aqueles ingresos que recibes todos os meses e que se abonan na conta coas referencias seguintes: ingreso de cheques propia entidade, ingreso de cheques outras entidades, transferencias desde outras entidades, transferencias desde a propia entidade, traspasos entre contas do mesmo titular, ingresos por conta de terceiros, ingresos en efectivo e abonos varios.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/programa-servizos-abanca/#29 -
Contan as compras realizadas coa tarxeta virtual para o Programa Servicios ABANCA? Por suposto, computan na tarxeta "física" dende a que se xerou a tarxeta virtual.
En ABANCA é moi fácil que non pagar polos principais servizos bancarios. Se queres coñecer os requisitos que necesitas cumprir, consulta a nosa web.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/programa-servizos-abanca/#21 -
Desde cando empezan a computar as compras para cumprir cos requisitos do nivel Premium do Programa Servizos ABANCA? Ao final de cada mes sumaranse as compras realizadas nos 12 meses naturais anteriores. No caso de que a tarxeta teña menos dun ano de antigüidade, contarase a parte proporcional das compras realizadas desde a data de alta da tarxeta.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/programa-servizos-abanca/#22 -
A Tarxeta Tú é gratis o primeiro ano, que podo facer para que siga sendo gratis? A Tarxeta Tú é gratuíta, sen comisión de emisión nin mantemento, durante o primeiro ano.
O segundo ano poderás seguir gozando desa tarxeta crédito sen pagar nin un céntimo se fas compras anuais con esa tarxeta por valor de polo menos 3000 euros ou se cumpres os requisitos do nivel Premium do Programa Servizos ABANCA.
Ten en conta que para ter a tarxeta gratis e non pagar a comisión de mantemento o segundo ano, debes cumprir co requisito de gasto mínimo durante o primeiro ano, e así sucesivamente.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/programa-servizos-abanca/#217 -
Que se consideran produtos de aforro no Programa Servizos ABANCA? Son produtos de aforro todas as contas e depósitos, tanto á vista como a prazo, fondos de investimento, plans de pensións, contas de aforro, accións, valores… En ABANCA é moi fácil non pagar polos principais servizos bancarios. Se queres coñecer os requisitos que necesitas cumprir, consulta a nosa web.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/programa-servizos-abanca/#24 -
O Programa Servizos ABANCA aplícase de maneira automática ou teño que solicitalo? O Programa Servizos ABANCA aplícase de forma automática a todos os nosos clientes sen necesidade de solicitalo.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/programa-servizos-abanca/#4 -
Como podo volver beneficiarme do Programa Servizos ABANCA despois de incumprilo? Para volver beneficiarte do Programa Servizos ABANCA simplemente terás que cumprir os requisitos de novo, así de fácil!
Se queres coñecer os requisitos que necesitas cumprir para non pagar polos principais servizos bancarios, consulta a nosa web para comprobar o teu caso concreto.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/programa-servizos-abanca/#6 -
Como se calcula o saldo medio en produtos de aforro para cumprir coas condicións do Programa Servizos ABANCA? É o saldo medio resultante da suma de todos os teus produtos de aforro (contas de aforro, fondos de investimento, plans de pensións, accións, valores...) durante o último mes natural. Os saldos de cada produto divídense a partes iguais entre os titulares do contrato. Por exemplo, nunha conta corrente con dous titulares na que o saldo medio sexan 1000€, a cada titular correspóndenlle 500€.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/programa-servizos-abanca/#7 -
Se me fago cliente de ABANCA agora, cando poderei beneficiarme do Programa Servizos ABANCA? Poderás gozar das vantaxes de pertencer ao Programa Servizos ABANCA ao mes seguinte de cumprir os requisitos.
Podes consultar o nivel que che corresponde no programa na nosa web.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/programa-servizos-abanca/#8 -
No Programa Servicios ABANCA, a quen computa un Seguro Social domiciliado nunha conta? Compútalle ao titular do Seguro Social, que debe ser, ao mesmo tempo, interveniente na conta onde está domiciliado devandito seguro. No caso de que non coincida o titular do seguro cun interveniente da conta, este será asignado ao primeiro titular da mesma.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/programa-servizos-abanca/#545 -
Que é o Programa Servizos ABANCA? Substitúe ao Programa Cero Comisións? O 1 de marzo cambiaron as condicións do Programa Cero Comisións, que pasou a chamarse Programa Servizos ABANCA.
Se queres saber como pode afectarche ou se aínda non coñeces os requisitos e beneficios do programa, contámoscho de forma detallada.
No caso de que sexas autónomo ou se tes unha micropeme, consulta os novos requisitos aquí.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/programa-servizos-abanca/#557 -
Son autónomo, como me afecta o Programa Servizos ABANCA? Os autónomos como ti tedes unha dobre oportunidade de cumprir o programa, como particular e como empresario, e nós imos aplicar sempre a solución máis beneficiosa para ti. Sempre. E se nalgún momento cambia o teu nivel e che corresponden máis beneficios, xa sexa como particular ou como empresario, asignarémosche automaticamente o nivel máis vantaxoso.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/programa-servizos-abanca/#45 -
Como podo saber se estou no Programa Servizos de ABANCA? É moi fácil! Só tes que entrar no apartado O Meu Perfil da app da túa Banca Móbil e aí atoparás toda a información. Co Programa Servizos ABANCA podes non pagar comisións polos servizos máis habituais.
Se queres descubrir todas as vantaxes que che ofrece o programa, visita a nosa web.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/programa-servizos-abanca/#752