-
Que podo facer se aparecen operacións na miña tarxeta ou na miña conta que eu non fixen? Se nos movementos da túa tarxeta hai operacións que non realizaches, podes “apagala” na túa banca electrónica ou na túa app móbil para impedir que se realicen operacións con ela.
Se estás seguro de que non fuches ti, chámanos o máis rápido que poidas ao 900 815 525 ( ou ao +34 981 910 525 se nos chamas desde o estranxeiro) para que realicemos todas as xestións necesarias de bloqueo e recuperación.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguridade/#537 -
Que fago se me chega unha mensaxe para confirmar unha operación que eu non fixen? Se che chega unha mensaxe ao móbil avisándoche de que instalaches a túa banca móbil ou indicando que asines unha operación de banca electrónica pero non es ti o que está a facer a xestión, chámanos o máis rápido que poidas ao 900 815 522 (ou ao +34 981 910 522 se nos chamas desde o estranxeiro) para que realicemos todas as xestións necesarias para bloqueala. Este servizo está dispoñible as 24 horas do día.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguridade/#538 -
Creo que me roubaron a tarxeta ou pode ser que a perdera, que fago? Se non estás seguro de que pasou coa túa tarxeta, podes apagala na túa banca electrónica ou a túa app móbil para impedir que se realicen operacións con ela. Se finalmente atopas a túa tarxeta, poderás volver acendela e volver usala.
Cando esteas seguro de que perdiches ou de que cha roubaron, chámanos o máis rápido que poidas ao 900 815 524 (ou ao +34 981 910 524 se nos chamas desde o estranxeiro) para que bloqueemos a tarxeta e así ninguén poida utilizala. Este teléfono está dispoñible para bloquear tarxetas todo o tempo, día e noite, todos os días do ano. Lembra que tamén podes bloquear a túa tarxeta desde a app de ABANCA.
Se ademais da tarxeta perdes ou che rouban o DNI, deberíasllo notificar á Policía. E tambén avisarnos: envíanos un correo electrónico cos datos a tuseguridad@abanca.com ou acude a unha das nosas oficinas.
Lembra que cando pidas unha nova tarxeta a antiga deixará de funcionar inmediatamente. Recibirás a tarxeta nova na túa casa ou, se prefires, na oficina que nos indiques.
Revisa os movementos da túa tarxeta e se detectas algunha operación que non realizases, podes solicitar a devolución do importe desas compras desde esta mesma web.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguridade/#96 -
Que son os límites de gasto dunha tarxeta? Por razóns de seguridade, todas as túas tarxetas traen establecida unha cantidade máxima de diñeiro que podes gastar ou retirar nun caixeiro nunha soa operación, é o que se coñece como límite de gasto dunha tarxeta. Se realizas algunha compra ou sacas efectivo que exceda ese límite, a operación sería denegada.
Coa app de ABANCA, podes modificar os límites de gasto de cada unha das túas tarxetas para compras por internet, en establecementos físicos e para retiradas en caixeiros. Por exemplo, se realizas poucas compras online, podes reducir o límite de gasto para compras por internet e estarás máis protexido no caso de que che rouben a tarxeta.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguridade/#560 -
Esquecín o PIN da miña tarxeta, como o recupero? Se esqueciches o PIN da túa tarxeta, tes as seguintes opcións nas que che pediremos algún dato da túa tarxeta, para que a teñas a man:
- Desde a túa banca móbil podes solicitar un novo PIN desde a pestana 'Tarxetas', selecciona a tarxeta e entra nos axustes (a icona de roda dentada superior) e accede a 'Solicitar o código PIN'.
- Desde a túa banca electrónica, accede ao menú de 'Tarxetas' > 'Solicitude PIN'.
- Chámanos ao 900 815 522 (ou ao +34 981 910 522 se nos chamas desde o estranxeiro) e enviarémoscho nunha mensaxe de texto ao móbil. Se o prefires, tamén podemos enviarcho por correo postal a casa.
- Tamén podes achegarte á túa oficina ABANCA máis próxima co teu DNI e solicitalo de forma presencial.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguridade/#82 -
Vou poder recuperar o importe que me retiraron da conta de maneira fraudulenta? Desde ABANCA dedicaremos todos os nosos esforzos para que poidas recuperar o importe, mais non cho podemos garantir. Cada fraude ten as súas particularidades e analízase unha a unha.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguridade/#582 -
Tiña que recibir un ingreso por Bizum e en lugar diso aparece un cargo, como é posible? Bizum permite facer un pagamento ou solicitalo. Cando recibas a notificación desta ferramenta, fíxate na mensaxe xa que esta especifica que vas autorizar. Podes obter máis información nesta entrada do noso blog Contas Claras
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguridade/#583 -
Como sei se unha páxina é segura? Deberás fixarte en que a páxina á que vas acceder comece por "HTTPS://" e que aparece o símbolo do cadeado ao carón da URL
Ademais é recomendable escribir o enderezo da páxina á que queres acceder. Podes obter máis información nesta entrada do noso blog Contas Claras.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguridade/#596 -
Utilizaron a miña tarxeta de forma fraudulenta e non recibín ningún SMS para autorizar a compra, por que non recibo a notificación en todas as compras? A normativa PSD2 que regula os servizos de pagamento establece exencións, que permiten que determinadas operacións se poidan realizar sen necesidade de aplicar a autenticación reforzada, como por exemplo operacións de importe baixo.
Podes dar de alta o servizo de avisos para coñecer rapidamente as operacións nas túas contas e tarxetas. Desta forma poderás configurar alertas nas túas tarxetas e se tes gastos desde 5 € recibirás un correo electrónico informándote. Velaquí tes máis información.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguridade/#584 -
Estou recibindo constantemente SMS, con avisos para que acceda á miña conta por razóns de seguridade, son lexítimas estas mensaxes? Non, desde ABANCA non che enviaremos mensaxes con ligazóns para que introduzas as claves de acceso. No caso de que accederas por un erro chama ao 900 815 525 (ou ao +34 981 910 525 se nos chamas desde o estranxeiro).
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguridade/#587 -
Detectei operacións na miña tarxeta que non fixen, que debo facer? Apaga a tarxeta a través da Banca Móbil ou Banca Electrónica. Ponte en contacto con TuSeguridad para solicitar unha tarxeta nova e, na mesma chamada ou a través do formulario que aparece na web, podes iniciar o trámite de reclamación das operacións que non realizaches. Velaquí tes máis información.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguridade/#623 -
Que é o phishing? O phishing é un intento de estafa no que os ciberdelincuentes, utilizando habitualmente o correo electrónico, pretenden conseguir os teus datos persoais desde contrasinais ata números de tarxetas ou contas bancarias. Podes obter máis información nesta entrada do noso blog Contas Claras.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguridade/#589 -
Como podo manter a seguridade no móbil? Para que o teu teléfono estea protexido sigue estes consellos:
- Mantén o software actualizado.
- Instala un antivirus.
- Usa contrasinais e patróns de bloqueo.
- Evita redes wifi abertas para mercar por Internet ou acceder ao teu banco.
- Descarga aplicacións só de fontes oficiais.
Podes obter máis información nesta entrada do noso blog Contas Claras.Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguridade/#595 -
Que é o smishing? O smishing é unha variante do phishing na que os ciberdelincuentes utilizan as mensaxes de texto para intentar conseguir os teus datos persoais desde contrasinais ata números de tarxetas ou contas.
Podes obter máis información nesta entrada do noso blog Contas Claras.
Compárteo en...Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/seguridade/#590