A tecnoloxía contactless é segura?
-
A tecnoloxía contactless é segura? Os pagamentos realizados con tarxetas sen contacto están protexidos 100% contra a fraude e son seguros porque seguen realizándose con lectura do chip, aínda que non se introducise a tarxeta. Terás que teclear o PIN nas operacións de máis de 20 €. As tarxetas sen contacto ofrecen o mesmo nivel de seguridade e protección cás tarxetas con chip e PIN.
Por seguridade, o sistema sen contacto estará desactivado ata que fagas unha primeira transacción con PIN.
Ademais esta tecnoloxía ten outra vantaxe e é que, como ao realizar o pagamento non tes que entregar a tarxeta, en ningún momento a perdes de vista.Para faceres unha operación sen PIN (inferior a 20 €) sempre é necesario que:
* O terminal sen contacto estea activo.
* A persona que te atenda teclease o importe.
* Manter a tarxeta inmóbil un instante a menos de 2cm de distancia do terminal para proceder á lectura do chip.O lector do chip só se activa no momento en que se introduce unha cantidade no terminal, e regresa ao modo de espera tan logo como remata a venda. En modo de espera o lector non pode realizar nunca cobros, así que xamais che cobrarán nada se accidentalmente achegas a tarxeta a un terminal.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/a-tecnoloxia-contactless-e-segura