Cales son os tipos de materiais cos que pode estar construída a vivenda para os efectos do seguro de fogar?
-
Cales son os tipos de materiais cos que pode estar construída a vivenda para os efectos do seguro de fogar? Segundo os materiais cos que estea construída principalmente a vivenda pódese clasificar como:
-Vivendas de ladrillo e/ou pedra na súa totalidade: as vivendas construídas con materiais totalmente incombustibles en peches, estrutura e cuberta, como ladrillo, pedra, tella ou formigón. As casas prefabricadas de formigón e/ou aceiro están cubertas e englóbanse nesta epígrafe.
-Vivendas con vigas de madeira na estrutura ou na cuberta: as vivendas que, a pesar de contar con peches incombustibles, na construción teñen vigas de madeira na estrutura da edificación ou na cuberta.
-Vivendas de madeira ou adobe (máis do 25% de materiais combustibles): as vivendas cuxo elemento principal na construción é a madeira e/ou o adobe. Neste caso, o seguro de Fogar de ABANCA exclúe a contratación de vivendas con materiais de construción que se consideran de alto risco inflamable como as vivendas de madeira ou adobe se eses materiais superan o 25% do total da construción. As vivendas prefabricadas tipo contedor e prefabricadas de madeira tamén están excluídas da contratación. No caso de que sexa unha vivenda hipotecada con ABANCA un equipo experto valorará o risco e a posibilidade de aseguramento.
Por outra banda, as casas móbiles non é posible aseguralas posto que non teñen un domicilio fixo dado que non están ancoradas ao solo.Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/cales-son-os-tipos-de-materiais-cos-que-pode-estar-construida-a-vivenda-para-os-efectos-do-seguro-de-fogar