Cando debo activar os envíos de diñeiro inmediatos?
-
Cando debo activar os envíos de diñeiro inmediatos? Se precisas enviar diñeiro de maneira inmediata a unha conta doutro banco adherido a este servizo no ámbito SEPA (países da UE, Islandia, Liechtenstein, Noruega, Mónaco, San Marino e Suíza) podes seleccionar o envío de diñeiro inmediato na túa app.
Podes facelo accedendo ao teu perfil na esquina superior esquerda > Seguridade > Envío de diñeiro inmediato, e validándoo coa Chave ABANCA. Porén, antes de activalo debes ter en conta que:
- Non debes realizar nunca esta petición se alguén te chamou por teléfono e te presiona para facela con urxencia. É posible que se trate dun fraude e non poderás retroceder a operación.
- Ao ser un envío inmediato, a execución será instantánea, o que dificultará a recuperación dos fondos no caso de que te equivoques nalgún dato ou dupliques a petición, etc.
- Os envíos de diñeiro non inmediatos SEPA teñen un prazo máximo de execución dun día hábil desde a emisión, son moi áxiles.
Por todo isto, recomendámosche que realices envíos de diñeiro ordinarios que, ademais, dispoñen do servizo de solicitude de devolución a través de banca telefónica e coas túas claves, chamando ao 981 179 600. Se a operación non saíu do noso banco, poderémola anular; e se xa chegou ao destinatario, iniciaremos un procedemento interbancario para solicitar a devolución ao beneficiario.
Se precisas realizar un envío inmediato de forma puntual, ten en conta que a activación desta opción afectará a todos os teus envíos futuros. Se non precisas que todas as túas operacións sexan instantáneas, aconsellámoste que, por estes motivos de seguridade, desactives de novo a opción de envíos inmediatos.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/cando-debo-activar-os-envios-de-dineiro-inmediatos