Cando debo solicitar o envío de diñeiro inmediato?
-
Cando debo solicitar o envío de diñeiro inmediato? Se necesitas enviar diñeiro de maneira inmediata a unha conta doutro banco adherido para
este servizo ao ámbito SEPA (países da UE, Islandia, Liechtenstein, Noruega, Mónaco, San
Marino e Suíza), podes seleccionar envío de diñeiro inmediato na app. Con todo, antes
de solicitalo debes ter en conta que:
- Ao ser un envío inmediato, a execución será instantánea, o que dificultará a recuperación dos fondos no caso de que te equivoques nalgún dato ou ben dupliques a petición etc.
- Non debes realizar nunca esta petición se alguén te chamou por teléfono e te aperta
para que o fagas inmediatamente. É posible que se trate dunha fraude e non poderás
desfacer a operación.
- As transferencias non inmediatas SEPA teñen un prazo máximo de execución en 1
día hábil desde a emisión, son moi áxiles.
Por todo iso, recomendámosche que utilices as transferencias ordinarias que ademais
dispoñen do servizo de solicitude de anulación a través da banca telefónica e coas túas
claves, chamando ao 981 179 600. Se a operación non saíu do noso banco, poderémola
anular; e se xa chegou ao destinatario, iniciaremos un procedemento interbancario para lle
solicitar a devolución ao beneficiario.
Se precisas realizar un envío inmediato de forma puntual, ten en conta que a activación
desta opción afectará a todos os teus envíos futuros. Se non necesitas que todas as túas
operacións sexan instantáneas, aconsellámosche que, polos motivos de seguridade que
expuxemos anteriormente, desactives de novo a opción de envíos inmediatos.Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/cando-debo-solicitar-o-envio-de-dineiro-inmediato