Ir al contenido principal
Ir a menú accesibilidad
Abanca
Particulares Empresas Banca Persoal Atención ao cliente
GL
ES
EU
CA
Oficinas Faite cliente Área cliente Serás redirixido a outro sitio web
  • Para a túa empresa
  • Área cliente Serás redirixido a outro sitio web
  • Contas e aforro
  • Tarxetas
  • Créditos
  • Hipotecas
  • Seguros
  • Investimento e bolsa
  • Plans de pensións
  • Programa Servizos ABANCA
  • Todos os produtos
  • Banca persoal
  • Banca privada
  • Atención ao cliente
  • Preguntas frecuentes
  • Sala de comunicación Serás redirixido a outro sitio web
  • Español
  • En euskera
  • En català
Contas e aforro
Tarxetas
Créditos
Hipotecas
Seguros
Investimento e bolsa
Plans de pensións
Volver a axuda
Tarxetas

Sobre Tarxetas

  • Cal é a idade mínima para solicitar unha tarxeta de débito?

    A idade mínima para contratar unha tarxeta de débito en ABANCA é de 12 anos. A tarxeta expedirase a nome do menor, coa autorización e firma do seu pai, nai ou representante legal e sempre seguindo as súas indicacións.
    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/tarxetas/#402
    • En Twitter Serás redirixido a outro sitio web
    • En Facebook Serás redirixido a outro sitio web
  • Na miña Visa Tú, como podo traspasar diñeiro da tarxeta á conta?

    Podes traspasar diñeiro desde a tarxeta á conta en calquera momento, durante o proceso de contratación ou posteriormente a través de Banca a distancia (banca electrónica, móbil ou telefónica). Podes seleccionar o importe do traspaso que máis che conveña, ata alcanzar o total do límite de crédito da tarxeta. Se traspasas todo o límite á conta, non terás saldo dispoñible para realizar máis operacións ata que vaias pagando esa débeda, conforme aos pagamentos mensuais previstos ou mediante amortizacións anticipadas gratuítas.

    É moi cómodo, sen ningún papelame, nin trámites adicionais e podes escoller a forma de pagamento que queiras. Se seleccionas o pagamento cota fixa irás pagando todos os meses a cantidade que elixas. Esta cantidade determinará o prazo necesario para que devolvas a cantidade traspasada e os xuros. Se realizas máis compras, disposicións de efectivo ou traspasos a conta con pagamento en cota fixa, seguirás pagando o mesmo cada mes, pero necesitarás máis tempo para ir devolvendo a débeda acumulada. Tamén poderás realizar amortizacións anticipadas gratuítas, co que acurtarás ese prazo. Podes variar o importe da cota fixa as veces que queiras e sen ningún custo.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/tarxetas/#346
    • En Twitter Serás redirixido a outro sitio web
    • En Facebook Serás redirixido a outro sitio web
  • Podo solicitar unha tarxeta de débito para o meu fillo menor de 16 anos?

    Si, podes solicitar unha tarxeta para o teu fillo ou filla de entre 12 e 15 anos. Podedes elixir entre a tarxeta NX, a Visa Carné Xove ou a Visa Débito. Para poder dar de alta a tarxeta, o menor deberá ser titular da conta onde estará asociada a tarxeta. Ademais, tanto a solicitude como o contrato deberán ser asinados polo pai, nai ou representante legal do menor.
    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/tarxetas/#403
    • En Twitter Serás redirixido a outro sitio web
    • En Facebook Serás redirixido a outro sitio web
  • Como funciona o pagamento con cota fixa na miña tarxeta de crédito?

    Ti elixes a cantidade que queres pagar cada mes. Gastes o que gastes, todos os meses pagarás esa cantidade ou cota fixa. O importe desa cota fixa determina o prazo necesario para pagar a débeda da túa tarxeta, incluíndo os xuros. Se realizas novas operacións con pagamento en cota fixa, seguirás pagando a mesma cantidade, pero necesitarás máis tempo para ir devolvendo a débeda acumulada. Tamén poderás realizar amortizacións anticipadas, co que acurtarás ese prazo. Podes variar o importe da cota fixa as veces que queiras e sen ningún custo.
     
    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/tarxetas/#347
    • En Twitter Serás redirixido a outro sitio web
    • En Facebook Serás redirixido a outro sitio web
  • En que consiste o Seguro de protección integral?

    Este produto dáche a posibilidade de protexer o pagamento da débeda pendente da túa tarxeta en caso de falecemento, invalidez ou perda de ingresos. Unha preocupación menos.

    Cada mes cobraráseche na propia tarxeta unha prima que se calcula como unha porcentaxe sobre o saldo disposto total da tarxeta. Se non hai compras no mes, non hai prima.

    Ese cobramento mensual é do 0,60% do importe disposto para os primeiros 2.000 €. A partir dese importe, aplícase o 0,30%.  Nas tarxetas con varias modalidades de pagamento de forma simultánea, este cobramento realízase sempre con forma de pagamento a fin de mes.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/tarxetas/#348
    • En Twitter Serás redirixido a outro sitio web
    • En Facebook Serás redirixido a outro sitio web
  • Onde podo sacar cartos coa miña tarxeta de TARGOBANK?

    Desde que es cliente de TARGOBANK Grupo ABANCA podes sacar diñeiro coa túa tarxeta de débito sen pagar comisións en 9.000 caixeiros en España. Contámosche os detalles:

    • Se queres sacar diñeiro en efectivo a débito en caixeiros ou oficinas de ABANCA poderás facelo totalmente gratis.
    • Tamén será gratis as cinco primeiras retiradas ao mes, fora de Galicia, en calquera caixeiro da rede EURO6000 (Kutxabank, Cajasur, Ibercaja, Unicaja Banco, EVO Banco, Colonya Caixa Pollença, Caixa Ontinyent, Bankinter, Arquia Banca, Cecabank,Caixa Enxeñeiros, Cardtronics) e nos caixeiros de Euro Automatic Cash. A partir do sexto reintegro nestes caixeiros, así como en calquera disposición do resto de caixeiros nacionais, cobrarase a comisión que aplique a entidade propietaria do caixeiro (deben avisarte previamente a través da pantalla do propio caixeiro).
    • Nas disposicións a débito noutras redes de caixeiros internacionais e en retiradas a crédito en calquera rede non cambia nada, mantéñense as tarifas que tiñas en TARGOBANK.

     

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/tarxetas/#535
    • En Twitter Serás redirixido a outro sitio web
    • En Facebook Serás redirixido a outro sitio web
  • Como podo consultar os movementos realizados coa miña tarxeta?

    Se dispós do servizo de Banca a Distancia podes consultar os movementos da túa tarxeta na opción Tarxetas da túa Banca Electrónica; na túa Banca Móbil, desde a lapela Tarxetas > Movementos, ou ben contactando coa banca telefónica, chamando ao 981 910 522 ou ao 0034 981 179 600 se estás no estranxeiro.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/tarxetas/#308
    • En Twitter Serás redirixido a outro sitio web
    • En Facebook Serás redirixido a outro sitio web
  • Que é o límite de crédito dunha tarxeta?

    O límite de crédito dunha tarxeta é a cantidade máxima de diñeiro da que podes dispoñer coa túa tarxeta de crédito. Cada vez que a utilices, comprobaremos que non excedeses esa cantidade. Por exemplo, se tes un límite de 5000 euros e queres comprar algo, temos que ver o que fuches gastando, é dicir: o saldo do que xa dispuxeses antes desa compra. Así, o saldo dispoñible será o que che queda ata os 5000 euros. Despois, cada mes, cobrarémosche na túa conta segundo o que dispuxeses do límite do crédito e segundo a forma de pago que seleccionases.
    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/tarxetas/#491
    • En Twitter Serás redirixido a outro sitio web
    • En Facebook Serás redirixido a outro sitio web
  • Que é tusitiodecompras.es? Unha tenda de ABANCA?

    En ABANCA non somos especialistas en tecnoloxía, viaxes ou coches, pero si que sabemos como axudarte a alcanzar os teus obxectivos e metas. Por iso, e como temos un número moi importante de clientes que confían no noso traballo, puxemos en marcha tusitiodecompras.esSerás redirixido a outro sitio web, un espazo no que colaboradores expertos poden ofrecer os seus produtos. Por exemplo, na sección de tecnologia.tusitiodecompras.esSerás redirixido a outro sitio web podes atopar ofertas moi interesantes en electrodomésticos, informática… que podes pagar a prazos, sen xuros nin comisións (0% TAE)!, coa túa tarxeta de crédito ABANCA.
    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/tarxetas/#492
    • En Twitter Serás redirixido a outro sitio web
    • En Facebook Serás redirixido a outro sitio web
  • En que consisten as modalidades de pago da miña tarxeta de crédito?

    A modalidade de pago é a forma en que pagarás as operacións que realizases coa túa tarxeta de crédito ao longo dun período de liquidación (estes períodos non sempre son iguais: vén reflectido no teu contrato). Hai diferentes modalidades, cada unha con condicións tamén diferentes, segundo o tipo de tarxeta de crédito que teñas. Contámoscho!

    Se a túa tarxeta é unha Visa Clásica, Business, Cámara, Ouro, Platinum ou de afinidade, ou unha Mastercard Clásica ou Business, podes escoller unha destas formas de pago, en función das que teñas dispoñibles no teu contrato de tarxeta de crédito:

    • Pago total: pagarás a totalidade das operacións que realizases no período de liquidación. Non se aplicará ningún interese nin comisión de aprazamento.
    • Pago a 3 meses: cada unha das operacións que realizases no período de liquidación dividirase en 3 prazos iguais, que pagarás nas 3 seguintes datas de pago da tarxeta. Esta modalidade non ten intereses, pero si unha comisión de aprazamento mensual, conforme ás condicións do teu contrato.
    • Pago aprazado en cota fixa revolving: pagarás a cantidade mensual que estableceses. Como mínimo pagarás as comisións e intereses que se xeraron no período de liquidación. Podes personalizar o importe do pago mensual ao teu gusto, dentro dos límites establecidos no contrato da túa tarxeta. Esta forma de pago xerará intereses de aprazamento sobre o saldo medio diario da tarxeta.
    • Pago aprazado en porcentaxe: pagarás a porcentaxe da débeda da tarxeta que escolleses. Como mínimo amortizarás a cantidade que especificases. Así se evita fraccionar o pago de débedas pequenas de forma indefinida. Podes personalizar a porcentaxe e a amortización mínima ao teu gusto, dentro dos límites establecidos no contrato da túa tarxeta. Esta forma de pago xerará intereses de aprazamento sobre o saldo medio diario da tarxeta.

    Podes cambiar a modalidade de pago da túa tarxeta cantas veces queiras. Se cambias a forma de pago entre o final dun período de liquidación e a data de cargo do mesmo (se son datas distintas), volveremos calcular a liquidación aplicando a nova forma de pago antes de realizar o cargo na conta asociada á tarxeta.

    Se a túa tarxeta é unha Visa Tú, Visa ABANCA Persoal ou Mastercard ABANCA Privada terás á túa disposición as tres primeiras modalidades de pago (e non a modalidade de pago aprazado en porcentaxe), para seleccionar a forma de pago por defecto da túa tarxeta en calquera momento. A nova forma de pago aplicarase ás operacións que realices con posterioridade a ese cambio de forma de pago.

    Nestas tarxetas, ademais, poderás cambiar a forma de pago de operacións específicas, seleccionando de forma individual una das tres formas de pago anteriores. Se seleccionas o pago a prazos, poderás seleccionar outro número de meses distinto a 3, e aplicarase a comisión correspondente ao número de prazos e tipo de operación, conforme ao especificado no teu contrato de tarxeta de crédito.

    Se a túa tarxeta é unha Visa Clip, Visa ou Mastercard Proxecta ou Visa CaixaPorvenir só dispoñerás dunha forma de pago:

    • Pago aprazado en cota fixa revolving: pagarás a cantidade mensual que estableceses. Como mínimo pagarás as comisións e intereses que se xeraron no período de liquidación. Podes personalizar o importe do pago mensual ao teu gusto, dentro dos límites establecidos no contrato da túa tarxeta. Esta forma de pago xerará intereses de aprazamento sobre o saldo medio diario da tarxeta.

    Neste caso tamén podes cambiar o importe da cota fixa mensual cantas veces queiras. Se o fas entre o final dun período de liquidación e a data de cargo do mesmo, volveremos calcular a liquidación aplicando a nova cota mensual antes de realizar o cargo na conta asociada á tarxeta.
     

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/tarxetas/#552
    • En Twitter Serás redirixido a outro sitio web
    • En Facebook Serás redirixido a outro sitio web
  • Utilizaron a miña tarxeta de forma fraudulenta e non recibín ningún SMS para autorizar a compra, por que non recibo a notificación en todas as compras?

    A normativa PSD2 que regula os servizos de pagamento establece exencións, que permiten que determinadas operacións se poidan realizar sen necesidade de aplicar a autenticación reforzada, como por exemplo operacións de importe baixo. 

    Podes dar de alta o servizo de avisos para coñecer rapidamente as operacións nas túas contas e tarxetas. Desta forma poderás configurar alertas nas túas tarxetas e se tes gastos desde 5 € recibirás un correo electrónico informándote. Velaquí tes máis información.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/tarxetas/#584
    • En Twitter Serás redirixido a outro sitio web
    • En Facebook Serás redirixido a outro sitio web
  • Detectei operacións na miña tarxeta que non fixen, que debo facer?

    Apaga a tarxeta a través da Banca Móbil ou Banca Electrónica. Ponte en contacto con TuSeguridad para solicitar unha tarxeta nova e, na mesma chamada ou a través do formulario que aparece na web, podes iniciar o trámite de reclamación das operacións que non realizaches. Velaquí tes máis información.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/tarxetas/#623
    • En Twitter Serás redirixido a outro sitio web
    • En Facebook Serás redirixido a outro sitio web
  • Que información adicional debo incluír cando notifique un movemento que non recoñezo desde a aplicación móbil?

    Cando informas dun cargo non recoñecido na túa tarxeta a través da banca móbil, cómpre que nos proporciones información adicional para facilitar a xestión da solicitude. 

    A seguir, ofrecémosche algúns exemplos de documentos que poderían ser útiles:

    •  Denuncia policial: se presentaches unha denuncia ante a policía, podes achegar unha imaxe do documento.
    •  Comunicación co comercio: no caso de que contactaras co comercio responsable do cargo a través do correo electrónico ou dunha carta, podes subir a imaxe desa conversación.

     

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/tarxetas/#706
    • En Twitter Serás redirixido a outro sitio web
    • En Facebook Serás redirixido a outro sitio web
  • Podo retirar diñeiro gratis nos caixeiros ABANCA en Portugal?

    Si, podes retirar a débito gratis en todos os caixeiros de ABANCA. Ademais, tamén poderás dispor, nas mesmas condicións, de efectivo nos caixeiros que EuroBic Grupo ABANCA ten en Portugal.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/tarxetas/#730
    • En Twitter Serás redirixido a outro sitio web
    • En Facebook Serás redirixido a outro sitio web
  • Por que me piden autorización cando uso a tarxeta virtual?

    En ABANCA queremos minimizar os riscos nas túas compras en liña e por iso, a partir de agora, en certas compras che pediremos que nos confirmes que realmente es ti quen a está facendo. Poderalo facer abrindo unha notificación enviada á túa Banca Móbil ou facilitándonos uns datos e un contrasinal dun só uso que enviaremos ao teu móbil.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/tarxetas/#738
    • En Twitter Serás redirixido a outro sitio web
    • En Facebook Serás redirixido a outro sitio web
  • Que é unha tarxeta revolving?

    As tarxetas revolving permítenche aprazar todas as compras e disposicións de efectivo en cómodas cotas mensuais que podes cambiar todas as veces que necesites, adaptando os pagamentos ás túas circunstancias persoais. A medida que vaias pagando esas cotas, volverás dispor dese importe no saldo na túa tarxeta. 

    Podes consultar e xestionar a túa tarxeta revolving desde a app de banca móbil ou banca electrónica. 

    Aquí podes ver todas as nosas tarxetas.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/tarxetas/#751
    • En Twitter Serás redirixido a outro sitio web
    • En Facebook Serás redirixido a outro sitio web
  • Que debo facer se aparecen operacións na miña tarxeta ou na miña conta que eu non fixen?

    Se detectas operacións que non recoñeces nos movementos da túa tarxeta (pagos indebidos, cargos duplicados ou que non recoñeces ou fixeches...) deberás, en primeiro lugar, apagar a tarxeta desde a app móbil para bloquear futuras operacións con ela. 

    É importante ter en conta que algunhas compras poden tardar en procesarse, polo que che recomendamos revisar se se trata dunha operación lexítima que aínda non se reflectiu. 

    No caso de confirmar que a operación non é túa, segue estes pasos a través da túa aplicación móbil (asegúrate de tela actualizada) para informarnos sobre a incidencia: 

    • En primeiro lugar, asegúrate de que temos o teu correo electrónico rexistrado correctamente, xa que é o enderezo que utilizaremos para actualizarte sobre a incidencia. Podes consultalo na app > Perfil > Os teus datos persoais. 
    • No apartado de Tarxetas (non no apartado de Contas), selecciona o movemento ou os movementos que non recoñezas ou sexan incorrectos. 
    • Indica o motivo da incidencia e achega os documentos que che solicitaremos. 
    • Asina o documento de incidencia que recibirás no buzón da app (ten en conta que pode non ser inmediato). 

    Se non tes a app, chámanos o máis rápido que poidas ao 900 815 525 (ou ao +34 981 910 525 se nos chamas desde o estranxeiro) para que realicemos todas as xestións necesarias.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/tarxetas/#537
    • En Twitter Serás redirixido a outro sitio web
    • En Facebook Serás redirixido a outro sitio web
  • Por que recibín un aviso ou unha chamada indicando que debo regularizar o recibo pendente da miña tarxeta de crédito?

    É importante estar ao día nos pagos dos teus créditos, e no caso da tarxeta ocorre o mesmo. Por iso enviamos notificacións ou realizamos chamadas indicando aos clientes que non dispoñen de fondos suficientes para cubrir o pago da súa tarxeta de crédito, para que o regularicen. 

    Por favor, asegúrate de que dispós dos fondos necesarios na túa conta de cargo canto antes, para evitar posibles recargos. Se recibiches unha chamada ou un aviso indicando que tes que regularizar o pago, segue as instrucións que che demos para poder realizalo canto antes.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/tarxetas/#758
    • En Twitter Serás redirixido a outro sitio web
    • En Facebook Serás redirixido a outro sitio web
  • Que fago se a miña tarxeta de crédito ou débito se deteriorou?

    Non te preocupes, se a túa tarxeta está danada ou desgastada e non funciona correctamente, podes solicitar unha nova no teléfono 900 815 522.

    Ten en conta que daremos de baixa a túa tarxeta actual e enviarémosche unha nova ao teu domicilio nun prazo de 3 a 5 días.

    Lembra que podes reciclar a túa tarxeta ABANCA de forma rápida e segura. Introduce a túa tarxeta en calquera caixeiro ABANCA, preme en Reciclar tarxeta e nós encargámonos de todo.

    Compárteo en...
    Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. //www.abanca.com/gl/axuda/tarxetas/#783
    • En Twitter Serás redirixido a outro sitio web
    • En Facebook Serás redirixido a outro sitio web

Se non atopas o que buscas, podes...

  • twitearnos a @somosABANCA Serás redirixido a outro sitio web
  • preguntárnoslas por escrito
  • venir a las oficinas
  • Programa Servizos ABANCA
  • Promocións e ofertas
  • Banca a distancia
  • Seguros
  • Termos financeiros: Glosario
  • Seguridade
  • Oficinas, horarios, valores
  • Operacións habituais
  • Produtos e servizos
  • Tarxetas
En que podemos axudarche?

Sobre ABANCA

Sala de comunicación Serás redirixido a outro sitio web
Información corporativa Serás redirixido a outro sitio web
Presenza internacional
Banesco Internacional Serás redirixido a outro sitio web
Axentes Financeiros
Traballa en ABANCA Serás redirixido a outro sitio web
Contáctanos
Servizo de Atención ao Cliente
Seguridade

Aspectos legais

Política de privacidade
Somos accesibles
Política de cookies
Configuración de cookies
Aviso legal
Taboleiro de anuncios
Información MIFID
Outra información legal

Máis webs da rede ABANCA

Cuentas Claras: Blog de ABANCA Serás redirixido a outro sitio web
Área cliente Serás redirixido a outro sitio web
Área cliente empresas Serás redirixido a outro sitio web
Bróker online Serás redirixido a outro sitio web
ABANCA Servicios Financieros Serás redirixido a outro sitio web
ABANCA USA Serás redirixido a outro sitio web
ABANCA Portugal Serás redirixido a outro sitio web
Escogecasa Serás redirixido a outro sitio web
Tusitiodecompras.es Serás redirixido a outro sitio web
Open Banking Serás redirixido a outro sitio web

Produtos

Contas e aforro
Tarxetas
Hipotecas
Créditos
Seguros
Plans de pensións
Particulares
Empresas e Autónomos
Banca Persoal
Banca Privada
Icona da rede social X, azul escuro resaltado Icona da rede social X, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona da rede social Facebook, azul escuro resaltado Icona da rede social Facebook, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de Youtube, azul escuro resaltado Icona de Youtube, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de LinkedIn, azul escuro resaltado Icona de LinkedIn, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona do blog Cuentasclaras, azul escuro resaltado Icona do blog Cuentasclaras, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de Instagram, azul escuro resaltado Icona de Instagram, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
Logo da UNEP - Ligazón aos asinantes dos Principios de Banca Responsable Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Logo de PRI - Ligazón ao directorio de asinantes dos Principios para o Investimento Responsable Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá
©2025 ABANCA Corporación Bancaria, S.A. Todos os dereitos reservados.
Icona da rede social X, azul escuro resaltado Icona da rede social X, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona da rede social Facebook, azul escuro resaltado Icona da rede social Facebook, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de Youtube, azul escuro resaltado Icona de Youtube, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de LinkedIn, azul escuro resaltado Icona de LinkedIn, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona do blog Cuentasclaras, azul escuro resaltado Icona do blog Cuentasclaras, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá Icona de Instagram, azul escuro resaltado Icona de Instagram, azul escuro resaltado Serás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá

Texto

Filtros de cor

Seleccionar cores