Dúbidas sobre os tipos de tarxetas
-
Canto me custa unha VISA Clásica?
A túa VISA Clásica
ten un custo anual de 39 € por tarxeta titular e 22 € por tarxeta da persoa beneficiaria.
Cando retires diñeiro coa VISA Clásica, tanto en caixeiros como en oficinas, cobraráseche unha comisión con disposición a crédito do 4% do importe retirado, cun mínimo de 4 €. Ao realizares as retiradas de efectivo noutras entidades, nacionais e internacionais, cobraráseche ademais a comisión por disposición de efectivo que che aplique a entidade propietaria do caixeiro.
Nos caixeiros nacionais, a entidade propietaria do caixeiro informarache do importe da comisión que che aplique mediante unha mensaxe na pantalla do caixeiro, para que poidas confirmar a operación ou anulala.
Nas compras e retiradas en efectivo que pagues coa tarxeta nunha moeda distintas do euro aplicaráseche unha comisión de troco do 3% do importe total da operación.
Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. /gl/axuda/tarxetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#156
-
Como funciona o pagamento con cota fixa na miña tarxeta de crédito?
Ti elixes a cantidade que queres pagar cada mes. Gastes o que gastes, todos os meses pagarás esa cantidade ou cota fixa. O importe desa cota fixa determina o prazo necesario para pagar a débeda da túa tarxeta, incluíndo os xuros. Se realizas novas operacións con pagamento en cota fixa, seguirás pagando a mesma cantidade, pero necesitarás máis tempo para ir devolvendo a débeda acumulada. Tamén poderás realizar amortizacións anticipadas, co que acurtarás ese prazo. Podes variar o importe da cota fixa as veces que queiras e sen ningún custo.
Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. /gl/axuda/tarxetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#524
-
En que consiste o Seguro de protección integral?
Este produto dáche a posibilidade de protexer o pagamento da débeda pendente da túa tarxeta en caso de falecemento, invalidez ou perda de ingresos. Unha preocupación menos.
Cada mes cobraráseche na propia tarxeta unha prima que se calcula como unha porcentaxe sobre o saldo disposto total da tarxeta. Se non hai compras no mes, non hai prima.
Ese cobramento mensual é do 0,60% do importe disposto para os primeiros 2.000 €. A partir dese importe, aplícase o 0,30%. Nas tarxetas con varias modalidades de pagamento de forma simultánea, este cobramento realízase sempre con forma de pagamento a fin de mes.
Nota: Informámosche de que os datos que proporciones e os demais que poidan resultar necesarios para solicitar o seguro serán facilitados á correspondente compañía aseguradora, que os tratará nos seus propios ficheiros para xestionar a devandita solicitude e, no seu caso, o contrato de seguro que conveñas con esa compañía.
Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. /gl/axuda/tarxetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#525
-
Como solicito unha VISA Proxecta?
Poñémoscho fácil: solicita a VISA Proxacta agora e chamarémoste dende a oficina que ti escollas para acordar a contratación.
Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. /gl/axuda/tarxetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#157
-
Canto me custa unha VISA Ouro?
A túa VISA Ouro ten un custo anual de 64 € por tarxeta titular e 34 € por tarxeta de beneficiario.
Cando retires diñeiro coa VISA Ouro, tanto en caixeiros como en oficinas, cobraráseche unha comisión con disposición a crédito do 4% do importe retirado, cun mínimo de 4 €. Ao realizares as retiradas de efectivo noutras entidades, nacionais e internacionais, cobraranche ademais a comisión por disposición de efectivo que che aplique a entidade propietaria do caixeiro.
Nos caixeiros nacionais, a entidade propietaria do caixeiro informarache do importe da comisión que che aplique mediante unha mensaxe na pantalla do caixeiro, para que poidas confirmar a operación ou anulala.
Nas compras e retiradas en efectivo que fagas coa tarxeta nunha moeda distintas do euro aplicaráseche unha comisión de troco do 3% do importe total da operación.
Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. /gl/axuda/tarxetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#158
-
Como funciona o VIA-T?
A Telepeaxe VIA-T é un dispositivo electrónico que se coloca no parabrisas do vehículo e que permite o paso automático en autoestradas de peaxe sen necesidade de deterse na zona de pagamentoCompárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. /gl/axuda/tarxetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#213
-
Cómo podo contratar o VIA-T en ABANCA? É certo que funciona en Portugal?
Si! O servizo VIA T de ABANCA permíteche pagar ademais de en todas as peaxes do territorio español, nas autoestradas portuguesas. Tamén poderás circular por algúns treitos do sur de Francia: A-63 (Biriatou – St. Géours de Maréenme) y A-64 (Bayonne – Lestelle). Ademais, cada vez é máis frecuente que poidas utilizalo mesmo en parkings, sen que teñas que preocuparche por tickets, buscar a cabina de cobro...
Para contratalo, é necesario dispoñer dunha conta ABANCA á que asociar os cobros do dispositivo, nada máis. Podes solicitalo desde a web e seleccionar a oficina na que queres recollelo. Normalmente, nun ou dous días poderíalo ter xa no teu poder. E lembra que podes consultar as operacións realizadas coa túa VIA T na sección cartóns da túa banca electrónica ou móbil.
Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. /gl/axuda/tarxetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#214
-
Cal é o período de facturación das tarxetas de crédito de ABANCA?
O período de liquidación das tarxetas de crédito de ABANCA é do día 20 ao 19 do mes seguinte. O cargo en conta realizarase o último día do mes.Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. /gl/axuda/tarxetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#203
-
Que pasa cando me caduca a tarxeta de ABANCA?
Antes de caduque a túa tarxeta habémosche enviar unha nova ao teu domicilio ou á túa oficina, segundo a preferencia seleccionada. No caso de envío a oficina, recibirás unha comunicación indicándoche cando podes pasar a recollela.Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. /gl/axuda/tarxetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#202
-
Que tipos de tarxetas ten ABANCA?
Os tarxetas de débito permiten realizar retiradas en caixeiros automáticos e compras en comercios, realizándose o cago directamente na túa conta.
A tarxeta de crédito permite realizar operacións en caixeiros automáticos e compras en comercios, diferindo o pago das mesmas. Segundo o tipo de tarxeta de crédito que escollas, podes elixir a forma de pago que máis se adapte ás túas necesidades.
Consulta a tarxeta que máis se adapte ás túas necesidades aquí.Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. /gl/axuda/tarxetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#201
-
Que vantaxes e descontos me ofrecen as tarxetas de ABANCA?
Ao pagar coa tua tarxeta terás descontos e promocións, facilidades para pagar cando prefiras, control total sobre as túas cotas e, por suposto, a máxima seguridade cando compres na internet con múltiples opcións de protección. Descobre todo o que che ofrecen realmente as tarxetas ABANCA!Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. /gl/axuda/tarxetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#363
-
Cales son os comercios adheridos á tarxeta comercio?
Podes utilizar a túa Tarxeta Comercio nos establecementos que dispoñan dun TPV de ABANCA. Podes consultar aquí os establecementos con TPV de ABANCA.Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. /gl/axuda/tarxetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#224
-
Como podo recargar unha tarxeta prepago?
Coa Tarxeta Prepago gastarás só o que previamente ingresases. Antes de utilizar a túa Tareta Prepago en comercios e caixeiros é necesario cargar a tarxeta con diñeiro mediante a túa Banca a Distancia ou en calquera das oficinas de ABANCA.Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. /gl/axuda/tarxetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#223
-
Como podo facer un ingreso nun caixeiro?
Podes ingresar ata 40 billetes nunha mesma operación (non se admiten moedas). Ademais, nos novos caixeiros de ABANCA o importe estará dispoñible ao instante. Nalgúns caixeiros automáticos pode non estár dispoñible o importe ao instante.Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. /gl/axuda/tarxetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#237
-
Como podo devolver ou anular un pago con tarxeta?
Se es cliente de Banca a Distancia podes xestionar a anulación chamando ao 981 910 522. Revisaremos os movementos e iniciaremos unha reclamación polas operacións que correspondan.Tamén podes xestionar a reclamación a través de calquera das oficinas ABANCA.Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. /gl/axuda/tarxetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#240
-
Como podo recargar unha tarxeta moedeiro?
Para recargar a túa tarxeta moedeiro de transporte podes acudir a calquera dos nosos caixeiros automáticos. Tamén podes recargala desde a túa Banca Electrónica na opción "Tarxetas-Tarxetas Moedeiro" ou desde a Banca Móbil. Lembra que se realizas recargas desde a Banca Electrónica ou Móbil, terás que introducir posteriormente a tarxeta nun caixeiro para que a recarga sexa efectiva.Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. /gl/axuda/tarxetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#243
-
Onde podo atopar as Gasolineiras Galp con desconto?
Comproba as gasolineiras Galp adheridas á promoción aquíCompárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. /gl/axuda/tarxetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#244
-
Como podo modificar o límite para dispoñer de efectivo nos caixeiros?
Pola túa seguridade, todas as tarxetas veñen cun límite máximo para dispoñeres de efectivos nos caixeiros. Se che cómpre mudalo, podes facelo dende a banca electrónica. Accede a Tarxetas > Límite caixeiros. Se prefires facelo dende a aplicación móbil, accede a Tarxetas > Máis > Límites caixeiros.
Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. /gl/axuda/tarxetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#288
-
Que é o programa de Privilexios Euro 6000?
Coa túa tarxeta ABANCA dispós dun gran número de descontos en milleiros de establecementos de toda España, ademais de participares en promocións e sorteos. Nos nosos perfís de redes sociais podes atopar as máis destacadas e na web da Red Euro 6000 toda a información completa. Se non queres perder nin unha das moitas novidades e promocións podes suscribirte á newsletter de Privilexios Euro 6000. É moi sinxelo: só tes que darte de alta no apartado “Tarxetas” da banca electrónica. Non agardes máis!Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. /gl/axuda/tarxetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#290
-
Canto me custa sacar diñeiro a débito en caixeiros que non sexan de ABANCA en Galicia?
Podes sacar efectivo de forma gratuíta en toda a rede de caixeiros de ABANCA. Pero se queres dispoñer de diñeiro noutros caixeiros, terás que pagar unha taxa: nos caixeiros da rede Euro 6000 terá un custo de 0,50 € por operación e nos de Bankia e Sabadell pagarás 0,65 € por retirada. Se utilizas outras entidades a taxa que se aplica varía en función do propietario do caixeiro.Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. /gl/axuda/tarxetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#273
-
Como solicito unha ampliación de límite de crédito da miña tarxeta?
Deberás dirixirte á oficina de ABANCA que prefiras, aínda que para axilizar o trámite recomendámosche que acudas á mesma que che concedeu a tarxeta.Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. /gl/axuda/tarxetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#366
-
Cando se carga a miña tarxeta de crédito na miña conta? Cal é o período de facturación?
O período de liquidación e data de cargo na túa conta da tua tarxeta está reflectido no propio contrato da mesma e nos extractos que che enviamos cada mes. Os períodos de liquidación máis habituais das tarxetas de crédito ABANCA son os seguintes:
- Tarxeta de crédito Visa e MasterCard: liquídanse do día 20 dun mes, ao día 19 do mes seguinte, cargándose o último día deste mes. Algúns cartóns teñen períodos de liquidación diferentes polo que che recomendamos que revises o contrato ou o extracto do teu cartón.
- Tarxeta Comercio: liquídase do primeiro ao último día de cada mes, cargándose o día 5 do mes seguinte.
Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. /gl/axuda/tarxetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#362
- Tarxeta de crédito Visa e MasterCard: liquídanse do día 20 dun mes, ao día 19 do mes seguinte, cargándose o último día deste mes. Algúns cartóns teñen períodos de liquidación diferentes polo que che recomendamos que revises o contrato ou o extracto do teu cartón.
-
Como fago unha operación por APRAZOS?
Para utilizar a operativa APRAZOS tes que seleccionar o centro ABANCA, elixir “Venda a prazos”, teclear o importe da operación e logo o número de prazos. A continuación, pasas, insires ou achegas a tarxeta ou dispositivo e tecleas o PIN.
Podes consultar no manual específico do teu terminal os pasos concretos a seguir para tramitar unha operación de venda a prazos.Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. /gl/axuda/tarxetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#376
-
Se son un novo cliente ou fago unha nova tarxeta, vanme cobrar a cota de emisión da nova tarxeta?
ABANCA facilítache un periodo de 3 meses para poder cumprir coa parte proporcional das 24 compras nos 12 meses anteriores ao cobro do Programa Cero Comisións (6 compras en 3 meses) e poder así bonificar a cota de emisión da tarxeta, tanto se é de débito, como se é de crédito.Compárteo en...
Se pensas que é interesante para outras persoas, por favor, comparte esta información con elas. /gl/axuda/tarxetas/dubidas-sobre-os-tipos-de-tarxetas#272