Canto me custa unha VISA Ouro?
-
Canto me custa unha VISA Ouro? A túa VISA Ouro ten un custo anual de 75 € por tarxeta titular e 40 € por tarxeta de beneficiario.
Cando retires diñeiro coa VISA Ouro, tanto en caixeiros como en oficinas, cobraráseche unha comisión con disposición a crédito do 4% do importe retirado, cun mínimo de 4 €. Ao realizares as retiradas de efectivo noutras entidades, nacionais e internacionais, cobraranche ademais a comisión por disposición de efectivo que che aplique a entidade propietaria do caixeiro.
Nos caixeiros nacionais, a entidade propietaria do caixeiro informarache do importe da comisión que che aplique mediante unha mensaxe na pantalla do caixeiro, para que poidas confirmar a operación ou anulala.
Nas compras e retiradas en efectivo que fagas coa tarxeta nunha moeda distintas do euro aplicaráseche unha comisión de troco do 3% do importe total da operación.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/canto-me-custa-unha-visa-ouro