Canto tarda en chegar un envío de diñeiro que fixen a través da miña banca electrónica?
-
Canto tarda en chegar un envío de diñeiro que fixen a través da miña banca electrónica? Se fixeches un envío de diñeiro ordinario a outro cliente de ABANCA, chegaralle sempre o mesmo día. Se o destinatario é unha conta doutra entidade, se fixeches a operación antes das 12.00 h chegaralle ese mesmo día. Se é máis tarde, ao día seguinte hábil.
Aparte, agora con ABANCA podes realizar e recibir envíos de diñeiro inmediatos na SEPA. Se escolles esta modalidade, o diñeiro que envíes chegará ao seu receptor en menos de 20 segundos se a entidade de destino está certificada.
Contámoscho no noso blog Cuentas ClarasSerás redirixido a outro sitio web e abrirase nunha nova ventá.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/canto-tarda-en-chegar-un-envio-de-dineiro-que-fixen-a-traves-da-mina-banca-electronica