Como activo a nova tarxeta ou a tarxeta que me acaban de renovar?
-
Como activo a nova tarxeta ou a tarxeta que me acaban de renovar? Moi fácil, se xa recibiches a nova tarxeta e a tes á man, tes catro formas de activala.
- Desde a app de ABANCA. Accede, entra en Tarxetas e selecciona Activar tarxeta. Pedirémosche algúns datos, incluído o CVV. Tamén a podes activar a través desta ligazón.Serás redirixido a outro sitio web
- Desde a banca electrónica en abanca.com. Accede á Área Cliente, vai a Tarxetas e elixe Activar tarxeta. Ten á man a tarxeta, xa que solicitaremos datos como o CVV.
- Nun caixeiro de ABANCA. Insire a tarxeta e realiza calquera operación introducindo o PIN que che entregamos con ela.
- Desta forma xa quedará activada ou chámanos ao 900 815 523 (ou ao +34 981 179 625 se nos chamas desde o estranxeiro). Para identificarte pedirémosche unha serie de datos da conta e mais a tarxeta.
Compártelo en...Si crees que es interesante para otras personas, por favor, comparte esta información con ellas. - https://www.abanca.com/gl/axuda/como-activo-a-nova-tarxeta-ou-a-tarxeta-que-me-acaban-de-renovar